04/03/2024
O 8 de marzo visibilizaremos os saberes das mulleres cunha lectura de textos daquelas que nos impactaron e deixaron pegada. Porque foron somos, e porque somos serán.
🔶SADA PROGRAMA OS ACTOS DO 8M 2024🔶
A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada organiza e presenta a programación das distintas actividades que se van a levar a cabo para a conmemoración do "8M Día Internacional da Muller".
PROGRAMA ACTOS E ACTIVIDADES DO 8M 2024
🔹DURANTE ESTA SEMANA NO CENTRO DE SERVIZOS SOCIAIS- TALLER DE EMPODERAMENTO FEMININO
Taller que pretende facilitar a conexión coas fortalezas, capacidades, virtudes e logros personais das mulleres de Sada tomando conciencia do seu gran potencial para conseguir os seus propósitos.
🔹5 MARZO - CURSOS GRATUITOS PARA MULLERES DE FERRAMENTAS DIXITAIS
En colaboración coa Fundacion Cibervoluntarios organiza o Obradoiro MullerTIC na aula CeMIT.
A formación é presencial repartida en 2 obradoiros de 1,5 h. de duración cada un:
Ferramentas dixitais para a procura de emprego. 05/03/2024 de 10:00 a 11:30 h.
Ferramentas dixitais para o emprendemento. 05/03/2024 de 11:30 a 13:00 h.
Máis información na AEDL ou no 620.765.150 - Inscripción - https://bit.ly/48pq8e2
🔹6 E 7 MARZO - PROGRAMA EXTRAORDINARIAS
Tamén en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios organízase o Programa Extraordinarias na aula CeMIT, un proxecto destinado a formar en márketing dixital a mulleres emprendedoras de zonas rurais de toda España para potenciar ideas e negocios activos que están a xerar valor e economía local para impulsalos a nivel global.
A formación é presencial repartida en 2 obradoiros de 4 h de duración cada un:
Nivel Intermedio: 06/03/2024 de 9:30 a 13:30 h.
Nivel Avanzado: 07/03/2024 de 9:30 a 13:30 h.
Lugar: Aula CeMIT do Concello de Sada, Praza da Pescadería, 5
Máis información na AEDL ou no 620.765.150 - Inscripción - https://bit.ly/3T7YzkK
🔹8 MARZO - ACTO INSTITUCIONAL
19:00h.: A primeira parte do acto consistirá na lectura de poemas e fragmentos de obras de autoras en colaboración ca Rede Feminista Sadense. Anímase a todas as mulleres a participar!!! Poden inscribirse no teléfono 618.62.84.14.
A continuación actuará a cantante sadense Sofía Pérez Riesco.
20:00h: Concentración feminista na Praza de San Roque.