Bóveda Slam Poetry - Kulturnavila

Bóveda Slam Poetry - Kulturnavila Poesía escénica Este xeito de financiarnos pode cambiarse por outros dependendo da necesidade do momento. QUEN PODE PARTICIPAR? A temática é libre.

4.

O NOSO SLAM

BÓVEDA SLAM POETRY - KulturNavila

BÓVEDA SLAM POETRY é unha competición poética que se celebrou, por primeira vez, no centro sociocultural de Bóveda, o 25 de marzo de 2023, coa intención de converterse en SEDE OFICIAL SLAM e inscribirse na asociación POETRY SLAM ESPAÑA, á que nese momento pertencían máis de 30 sedes, a de Santiago de Compostela, a única na comunidade de Galiza. É un

proxecto sen ánimo de lucro que supón un traballo altruísta por parte da organización (Asociación cultural Kulturnavila, antes colectivo KulturN’aldea) dos poetas participantes e de algún xeito, tamén do público asistente, xa que ten que facer de xurado. Bóveda Slam Poetry ten que asumir cada temporada os gastos de inscrición e os gastos de viaxe do poeta Campión ao Campionato Nacional, que se celebra nunha cidade distinta cada ano, ademais de outros gastos para o bo desenvolvemento dos eventos e o progreso da actividade. Para garantir a solvencia e o financiamento do proxecto, en cada evento farase unha "taquilla inversa" na que se recollerán as achegas de tódolos asistentes que queiran colaborar, e así entre todos alcanzar os obxectivos marcados e garantir a continuidade do noso Slam e a súa presenza nun evento cultural tan importante dentro da poesía escénica e oral. Dende a organización, confiamos na xenerosidade e a implicación de tódolos que imos formar parte de Bóveda Slam Poetry para acadalo, tamén na do Concello de Bóveda, ou doutras administracións sensibles ao interese cultural, na medida do que sexa posíbel. Bóveda Slam Poetry finalizou a 1ª tempada (tempada de preinscrición) en decembro 2023 e inscribiuse na asociación Poetry Slam España. Rematou a primeira tempada oficial en xullo de 2024 e participou por primeira vez no campionato estatal (XIII campionato Poetry Slam España), que se celebrou en Santander no mes de outubro de 2024. Pode participar calquera persoa, maior de idade, ou dende os dezaseis anos coa necesaria autorización, de calquera lugar, e pódese facer en calquera idioma. Bóveda Slam Poetry segue as normas establecidas para este tipo de competición, algo indispensable para pertencer á asociación Poetry Slam España. O noso propósito é achegar ao rural esta interesante disciplina de poesía escénica, hoxe limitada ás cidades de máis poboación. Pensamos que este entorno, cheíño de arte e de poesía, cheíño de artistas e de poetas, ten inmensas posibilidades para o seu desenvolvemento. Faranse 5 slams e unha Gran Final no transcurso da tempada. NORMAS INAMOVIBLES DO POETRY SLAM

POEMAS PROPIOS
MÁXIMO 3 MINUTOS
SEN ATREZZO
O PÚBLICO DECIDE

NORMAS BÁSICAS

1. Os poemas teñen que ser de autoría propia. Aínda que pódese encetar o recitado, a modo de introdución, dicindo unhas palabras doutro, sempre que se cite ao autor. O poema pode ter frases ou versos doutros autores sempre e cando non constitúan o corpo principal da peza e sempre citando ao autor.

2. A peza pódese dicir en calquera idioma: galego, castelán, catalán, batúa, etc.

3. Non se permite utilizar 'atrezzo', e dicir, obxectos, nin nada que poida axudar á interpretación, só o corpo e máis a voz. O poeta pode facer servir un soporte físico coma un papel, un caderno, un móbil, unha tableta ou similar para ler a peza se non a ten memorizada, pero só para iso, non poderá facelo servir doutro xeito porque sería considerado 'atrezzo'. O poeta pode usar o micrófono para producir efectos de son coa súa voz ou doutro xeito, pero non poderá facelo servir para outro fin escénico. Tamén pode facer servir o chan do escenario para fines de expresión escénica (sentarse, deitarse, golpealo cos pes, coa man, etc.).

5. Non se pode cantar, mais se o poema o precisa pódese facer só nunha pequena parte ou pequenas partes ao longo da declamación, pero de pouca duración. A peza ten que ser declamada, non cantada.

6. Non se pode repetir poema nas diferentes partes que se farán no encontro, é dicir un poema distinto para cada rolda.

7. En cada intervención os participantes disporán de 3 minutos para recitar o seu texto. O tempo comeza a contar dende que o Slamer empeza a comunicarse co público. A interpretación non pode exceder dos 3 minutos, pero pode ser de menos duración. Se pasase dos 3 minutos penalizaríase do xeito que se di máis adiante. PENALIZACIÓNS

1. Descualificarase ao slamer que participe cun poema que non sexa da súa autoría. Deixarase que o poeta complete a súa intervención pero, ao acabar, comunicarase a súa descualificación. Se ese caso se descubrise con posterioridade ao día de celebración do evento, comunicaráselle a súa descualificación por correo electrónico ou do xeito que mellor conveña á organización. Esta descualificación implicará a eliminación do slamer, do encontro no que se produza.

2. Descualificarase ao slamer que se axude con escenografía (punto 4 das normas básicas). Comunicarase a descualificación ao finaliza-la súa intervención. Esta descualificación será só para a rolda na que se produza.

3. Cando se exceda dos tres minutos penalizarase restando 1 punto do total dos obtidos, por cada fracción de 10 segundos de exceso. Aínda así, deixaranse os 10 primeiros segundos de exceso sen penalizar, dez segundos de cortesía. Penalizacións por exceso de tempo:

• Máis de 3´10´´ quitarase 1 punto.
• Máis de 3´20´´ quitaranse 2 puntos.
• Máis de 3´30´´ quitaranse 3 puntos.
• Máis de 3´40´´ quedará descualificado. Lembrade que se precisa un poema distinto para cada rolda do encontro. GRAN FINAL

Na GRAN FINAL, participarán poetas gañadores/as dos diferentes encontros e máis as dúas segundas mellores posicións da tempada. Se fose preciso, por mor de estar ocupadas as segundas posicións por un poeta xa clasificado, pasaría a clasificarse para a Gran Final a ou as mellores terceiras posicións. Así, clasificaranse para a Gran Final 7 poetas. NOTA

Os poetas poden participar en cantos encontros queiran, aínda que resultasen gañadores nalgún deles. Consideramos que o poeta pode intentar mellorar ou cambiar o xeito de recitar o mesmo poema, polo que Bóveda Slam Poetry permite que poida traer aos distintos encontros poemas que xa recitara noutros. Recomendamos que non se faga presentación das pezas. Se se fai, que sexa de xeito moi breve, por respecto aos demais poetas. Pode haber presentacións que leven a confusión parecendo parte do poema. A mesa de control pode pór o cronómetro en marcha dende o inicio da presentación. DESENVOLVEMENTO

Antes de encetar o slam, para que se poida puntuar e votar aos poetas, repartiranse entre o público 5 taboleiros. Explicarase ao público a maneira de puntuar e votar.

• Faranse dúas roldas. A quenda de participación dos poetas farase por sorteo e manterase para cada unha das roldas.

• O público puntuará aos poetas, inmediatamente despois da súa intervención, facendo servir os taboleiros, dando unha nota entre 1 e 10, que pode conter un decimal. A organización eliminará a nota máis elevada e tamén a máis pequena, sumará as que queden e anotará o resultado.

• Na segunda rolda participarán de novo tódolos poetas e puntuarase do mesmo xeito (os slammers non poderán repetir o poema que fixesen na primeira rolda).

• Sumarase o resultado de cada poeta en cada rolda para obter as clasificacións. Se houbese algún empate entre os poetas clasificados, para desfacelo volveranse tomar as puntuacións que se eliminaron, dos poetas implicados no empate, e sumaranse todas.

• Os premios serán tres: Cunca de ouro, cunca de prata e cunca de bronce. Corresponderán ás tres maiores puntuacións.

• O poeta gañador do encontro quedará clasificado para participar na GRAN FINAL do Bóveda Slam Poetry.

• Se o poeta gañador xa estivera clasificado pola súa participación en encontros anteriores, recibirá igualmente o premio que lle corresponde, pero a clasificación para a GRAN FINAL pasará ao que acadase a segunda posición. Se tamén estivese clasificado o que acadase a segunda posición, a clasificación pasará ao terceiro e así sucesivamente. Este xeito de encetar o slam, repartir taboleiros e o sorteo da quenda de participación, pode variar dependendo das necesidades da organización. En todo caso, todo isto seralle explicado aos poetas antes de empezar o slam. O resultado outorgado pola mesa de control é inapelábel. A participación no Bóveda Slam Poetry supón a aceptación das normas anteriores.


Última actualización deste documento, a 21 de outubro 2025.

Encontro V - Tempada IV (25-26)Poetas participantes: José Antonio, Iván, José Manuel Rodríguez, Manuel Formoso, Ste, San...
23/06/2026

Encontro V - Tempada IV (25-26)

Poetas participantes: José Antonio, Iván, José Manuel Rodríguez, Manuel Formoso, Ste, Sandra, Ana Belén Gómez e Cristina Pérez.

Neste emocionante encontro decidíronse as derradeiras clasificadas da tempada.

GAÑADORAS DO ENCONTRO
Caderno de ouro: José Antonio G.
Caderno de prata: Sandra
Cadernos de bronce: Ste e máis Cristina P.

Sandra ficou clasificada para a Gran Final, que se celebrará o sábado, 27 de xuño, na Casa da cultura de Bóveda.

Ste acadou o caderno de bronce despois de resolver o seu empate con Sandra.
Sen precedente doutros encontros e de xeito excepcional, Cristina Pérez, a tan só unha décima das puntuacións de Ste e Sandra, levou outro caderno de bronce.

Parabéns aos poetas que participaron, pola calidade das súas intervencións e o noso agradecemento por facernos desfrutar na poesía.

Poetry Slam España Concello de Bóveda

23/06/2026

Preparaos porque esto está a la vuelta de la esquina 🔥✒️

Del 17 al 19 de septiembre, el Centro Cultural Ramón Alonso Luzzy será el epicentro del XV Campeonato Nacional de Poetry Slam España 🇪🇸

Cerca de 40 poetas de todo el país (representantes de cada sede de Poetry Slam en sus ciudades) se citan en Cartagena este año con un único objetivo: alzarse con el título nacional 🏆 y conseguir el billete directo para representar a España en el Campeonato Europeo de Poetry Slam 🌍

📅 ¡Guardad las fechas y estad pendientes de nuestras redes! El cartel es solo el principio. Muy pronto iremos desvelando:

✨ Las confirmaciones oficiales de qué poetas que competirán este año.
🎸 Los artistas que pondrán la banda sonora al campeonato entre los que se encuentran Álamo 51 y Adiós Noviembre
🎨 Todas las actividades complementarias y talleres que hemos preparado en torno al campeonato.

Este campeonato es posible gracias al apoyo y la apuesta por la cultura de:

🏛️ Las concejalías de Juventud y Cultura del Ayuntamiento de Cartagena

🏛️ El Gobierno de la Región de Murcia a través de la Dirección General de Juventud y el Programa EstrenArte

Id calentando, que en septiembre nos vemos frente al micro. 🎙️👇

10/06/2026
18/05/2026

ENCONTRO V

Último encontro clasificatorio para a GRAN FINAL 25-26

Agardámosvos o sábado, 6 de xuño ás 19:30 na Parrillada-Pensión Nosa Terra. Coa vosa axuda atoparemos @ derradeir@ poeta que irá á Gran Final.

O poetry slam, tamén no rural.

Saúde é(e) poesía!

Poetry Slam España Concello de Bóveda

Último encontro da tempada, clasificatorio para a Gran Final.Procúrase poeta.Anótate e recita:Poema propioMáximo tres mi...
08/05/2026

Último encontro da tempada, clasificatorio para a Gran Final.

Procúrase poeta.

Anótate e recita:
Poema propio
Máximo tres minutos
Sen atrezzo

Ti recitas, o público vota.

Poetry Slam España A Casa da Memoria Concello de Bóveda
04/05/2026

Poetry Slam España A Casa da Memoria Concello de Bóveda

ENCONTRO IV25 de abril 2026Roberto do Pacio ficou clasificado para a Gran Final.Elena acadou a segunda posición e levou ...
02/05/2026

ENCONTRO IV
25 de abril 2026

Roberto do Pacio ficou clasificado para a Gran Final.
Elena acadou a segunda posición e levou o caderno de prata.
José Antonio García acadou o caderno de bronce.

Parabéns, poetas!

01/05/2026

ENCONTRO IV
25 de abril 2026

Manuel Formoso, na segunda rolda.

Poetry Slam España A Casa da Memoria Concello de Bóveda

Dirección

Rubián
27350

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bóveda Slam Poetry - Kulturnavila publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Bóveda Slam Poetry - Kulturnavila:

Compartir