10/03/2026
🔥 VIII Foliada do Río Grande 🔥
O vindeiro 28 de marzo ás 19:30 h celebrarase no Auditorio Municipal da Casa da Cultura de Vimianzo a VIII Foliada do Río Grande, un festival folclórico cheo de música, baile e tradición.
Nesta edición presentarase o espectáculo “Irmandiñas”, unha proposta que nos achega á historia e á forza do pobo galego a través do noso folclore.
No escenario participarán: ✨ Airiños do Río Grande
✨ Foliada de Salto
E como grupo convidado contaremos coa actuación da Asociación Folclórica Vila de Baiona.
Unha cita imprescindible para desfrutar da nosa cultura e tradición.
📍 Auditorio Municipal – Casa da Cultura de Vimianzo
🗓 28 de marzo
🕢 19:30 h
Evento organizado por Airiños do Río Grande e Foliada de Salto, coa colaboración do Concello de Vimianzo.
TradiciónGalega