29/09/2026
AVISO IMPORTANTE
Este convite está dirixido exclusivamente ás persoas colaboradoras da Sardiñada das Festas de Verán de Artes e das Alfombras do Corpus de Artes, en agradecemento polo seu traballo, esforzo e implicación.
Grazas a vós foi posible sacar adiante dúas das actividades máis representativas da nosa parroquia. Este picadillo é unha pequena mostra do noso recoñecemento por todo o tempo e dedicación que lle adicastes.
📅 Lembrade anotarvos antes do 7 de outubro.
🥂 Agardámosvos para compartir unha agradable xornada de convivencia e agradecemento. 🎉