22/06/2026
🟠ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA
DATA DE ENVÍO: 22/06/2026
TIPOLOXÍA: TEMPERATURAS MÁXIMAS
ESTE AVISO CONSIDÉRASE VÁLIDO ATA A MODIFICACIÓN DO NIVEL DE ALERTA
NIVEL DE ALERTA: LARANXA🟠
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa nos boletíns número 73/71GAL e 223/71GAL emitidos o día 22-06-2026 ás 10:39 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA (Risco Importante) por TEMPERATURAS MÁXIMAS para o MARTES 23/06/2026, a partir do mediodía e ata a noite nas seguintes zonas:
NIVEL LARANXA
OURENSE (NOROESTE E MIÑO) onde se poden acadar os 39ºC.
Tamén teremos nivel amarelo por temperatuas máximas, o martes 23 de xuño, a partir do mediodía e ata a noite en:
LUGO (Sur), OURENSE (Valdeorras) onde se poden acadar os
38 ºC
LUGO (Centro), OURENSE (Montaña e Sur) e PONTEVEDRA (Interior) onde se poden acadar os 36ºC A CORUÑA (Interior) e LUGO (Montaña) onde se poden acadar os 34ºC.
https://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/municipios/ribadavia-id32069
✅ Consellos de prevención:
• 👒 Usa roupa lixeira, sombreiro, lentes de sol e protección solar.
• 🪟 Na casa, pecha as fiestras e baixa as persianas durante o día.
• ☀ Evita saír nas horas centrais do día e exporche ao sol de forma directa.
• 🏃♂️ Reduce a actividade física intensa.
• 💧 Hidrátate con frecuencia, mesmo sen ter sede.
• 👶👵 Presta atención especial a menores, persoas maiores e con enfermidades crónicas: necesitan máis hidratación.
• 🥤 Bebe auga e bebidas con electrólitos. Evita a cafeína.
• 🍽 Opta por comidas lixeiras e asegúrate de que os alimentos estean en bo estado.
• 🚗 No coche, estaciona á sombra e non deixes nunca menores, maiores nin mascotas no interior con fiestras pechadas.
👉 Coidarte ti é coidar tamén dos demais. Comparte estas recomendacións!
https://airesaude.sergas.gal/Contidos/CC_Recomend_calor?fbclid=IwY2xjawMFRzxleHRuA2FlbQIxMABicmlkETF5MFZ1ZUxiR0JVSjRYbXB4AR7gepSKraEHcPxUEqrZcnXb-l3t4fC7jh6mEqIFc5YsPffrdhzorWWyDJNc9A_aem_l2-6HcWMdaYA7gdlvuGpuQ
https://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/municipios/ribadavia-id32069