Noite Meiga Ribadavia

Noite Meiga Ribadavia Noite Meiga, unha noite, só una Noite
A Noite Meiga...
Demos, bruxas, almas en pena...nunha soa Noite Unha noite, só nunha noite....

A NOITE MEIGA

Unha noite onde a néboa e a oscuridade cubren a paisaxe de Ribadavia,
onde o misterio resurde de entre os rincóns máis ocultos. Unha noite de meigallos, onde a sombra das ánimas camiña polas rúas,
onde os desamparados invocan ás coruxas. Unha noite onde a música que soa é a dos pasos da morte, onde se
escoita o xemir do aire, onde acouga o ruixir máis salvaxe. Unha noite de lume, de vento, de choiva, de fume, de esmorga, de orballo e de folra.

🔐 RECORDADE!O Escape Room da Noite Meiga 2026, "O Roubo da Coroa", xa ten a venda de entradas online activa.🗓️ 30 e 31 d...
31/08/2026

🔐 RECORDADE!
O Escape Room da Noite Meiga 2026, "O Roubo da Coroa", xa ten a venda de entradas online activa.

🗓️ 30 e 31 de outubro
📍 Igrexa da Madalena · Ribadavia
📌 Unha experiencia para grupos de 4 ou 5 persoas.

Cada día haberá:
⏰ 5 pases
👥 6 grupos por pase
⏳60 minutos por pase

As prazas son limitadas e, unha vez esgotadas, non haberá novas sesións.

Reúne o teu equipo, resolve os enigmas e tenta descubrir quen roubou a Coroa antes de que sexa demasiado tarde...

🎟️ Entradas aquí: https://vivetix.com/es/entradas-escape-hall-o-roubo-da-coroa-n0hj

🏰 COMEZA A FESTA DA ISTORIA! ⚔️Hoxe é o turno dos nosos compañeiros da Festa da Istoria donde Ribadavia volve viaxar no ...
28/08/2026

🏰 COMEZA A FESTA DA ISTORIA! ⚔️

Hoxe é o turno dos nosos compañeiros da Festa da Istoria donde Ribadavia volve viaxar no tempo.

Durante os días 28, 29 e 30 de agosto, as rúas, prazas e recunchos da nosa vila volverán encherse de historia, personaxes, música, tradición e moitas actividades para g***r de Ribadavia dunha maneira diferente.

Unha das grandes citas do calendario festivo da nosa vila que, ano tras ano, consegue transformar Ribadavia e facer que milleiros de persoas se acheguen para vivila.

📜 Aquí vos deixamos o programa completo, para que non vos perdades nada do que acontece estes días.

👀 Botádelle unha ollada, escollede as vosas actividades e preparádevos para viaxar no tempo.

🏰 Vémonos na Festa da Istoria!

🧙‍♀️ DETRÁS DE CADA NOITE MEIGA HAI MOITO TRABALLO...Cando chega o 31 de outubro, Ribadavia énchese de meigas, música, p...
27/08/2026

🧙‍♀️ DETRÁS DE CADA NOITE MEIGA HAI MOITO TRABALLO...

Cando chega o 31 de outubro, Ribadavia énchese de meigas, música, personaxes, luces, actividades e xente.

Pero para que todo iso aconteza, hai moitas horas de traballo detrás.

Preparar.
Organizar.
Montar.
Pensar novas ideas.
Buscar solucións cando algo non sae como estaba previsto.
E, sobre todo, poñerlle moitas ganas. ❤️

A Noite Meiga non a fai unha soa persoa.

Fácemola entre todos/as.

E mentres vós esperades a que chegue o 31 de outubro...

🧙‍♀️ as meigas xa estamos traballando para que esta edición sexa, se cabe, aínda máis especial.

Porque a Noite Meiga non se prepara nunha noite.

Prepárase durante meses para poder vivila nunha soa noite.

🧙‍♀️ HAI COUSAS QUE NON SE PODEN EXPLICAR...A Noite Meiga é diferente para cada persoa.Para uns é a música.Para outros, ...
26/08/2026

🧙‍♀️ HAI COUSAS QUE NON SE PODEN EXPLICAR...

A Noite Meiga é diferente para cada persoa.

Para uns é a música.
Para outros, o medo.
Para outros, o desfile.
Para outros, os personaxes, os nenos, a festa, atoparse cos amigos...

E para ti?

👀 Se só puideses escoller UN momento ou unha cousa da Noite Meiga...

¿Con cal te quedarías?

👇 Queremos saber cal é ese momento que para ti fai que a Noite Meiga sexa especial.

Hai cousas que só pasan unha vez ao ano.  E hai números que quizais este ano teñan algo que dicir. 👀🎟️ O número da Loter...
21/08/2026

Hai cousas que só pasan unha vez ao ano. E hai números que quizais este ano teñan algo que dicir. 👀

🎟️ O número da Lotería de Nadal da Noite Meiga 2026 é: 61539

Un número que xa forma parte da historia desta edición e que pode acabar dando moitas alegrías. 🍀

Se aínda non tes o teu décimo, aínda estás a tempo.

🎄 Lotería de Nadal 2026
🎟️ Décimo: 23 €

E lembra: ao mercalo estás colaborando tamén para facer posible a Noite Meiga.

🧙‍♀️ Porque este ano queremos volver facer historia en Ribadavia.

📩 Se queres o teu décimo, escríbenos por privado ou contacta con nós.

#61539

🧙‍♀️ HAI UN MOMENTO NO QUE SABEMOS QUE A NOITE MEIGA XA COMEZA...Aínda quedan horas para que chegue a noite.Pero hai un ...
20/08/2026

🧙‍♀️ HAI UN MOMENTO NO QUE SABEMOS QUE A NOITE MEIGA XA COMEZA...

Aínda quedan horas para que chegue a noite.

Pero hai un momento no que Ribadavia cambia completamente.

Comeza a Escola de Feiticeiros/as. 🪄

Os máis pequenos toman as rúas, comezan os xogos, as probas, a maxia... e pouco a pouco a vila énchese de xente.

É o verdadeiro pistoletazo de saída dunha gran noite que aínda ten moito por diante.

E cando remata a Escola...

ninguén quere marchar. 😉

Porque quedan moitas horas para vivir a Noite Meiga.

🧙‍♀️ ¿Quen xa está desexando volver á Escola de Feiticeiros/as este ano?

👇 E se xa viñeches algunha vez, queremos saber:

¿Cal foi a proba ou xogo que máis lle gustou aos peques?

👑 UNHA COROA.🃏 VARIOS SOSPEITOSOS.⏳ 60 MINUTOS.No País das Marabillas todos teñen algo que ocultar.A Raíña de Corazóns e...
18/08/2026

👑 UNHA COROA.
🃏 VARIOS SOSPEITOSOS.
⏳ 60 MINUTOS.

No País das Marabillas todos teñen algo que ocultar.

A Raíña de Corazóns está convencida de que alguén da súa corte roubou a súa coroa.

Pero...

🃏 ¿Quen está mentindo?

🐇 ¿Quen sabe máis do que di?

🎩 ¿E quen está intentando pasar desapercibido?

Durante 60 minutos teredes que seguir as pistas, resolver os enigmas e descubrir a verdade.

Porque no País das Marabillas...

non todo é o que parece. 👀

🎟️ O ROUBO DA COROA
📍 Igrexa da Madalena · Ribadavia
📅 Venres e sábado 30 e 31 de outubro, varios pases

¿Serías capaz de descubrir ao culpable?

Entradas: https://vivetix.com/es/entradas-escape-hall-o-roubo-da-coroa-n0hj

🎨 XA QUEDA MENOS...Cada ano a Noite Meiga cambia de cara.Ao longo destes 25 anos tivemos carteis moi diferentes, cada un...
14/08/2026

🎨 XA QUEDA MENOS...

Cada ano a Noite Meiga cambia de cara.

Ao longo destes 25 anos tivemos carteis moi diferentes, cada un cunha forma distinta de representar a nosa festa.

E agora estamos buscando a imaxe que representará a edición de 2026. 👀

O Concurso de Carteis da Noite Meiga segue aberto, pero xa queda menos dun mes para que remate o prazo.

⏳ Dentro de moi pouco saberemos cal será o cartel que acompañará a Noite Meiga deste ano.

¿Será o teu?

🎨 Se aínda non participaches, este é o momento.

🏆 Premio de 200 €
📅 Prazo aberto ata o 10 de setembro
📐 Consulta as bases e participa en: noitemeiga.es

Queremos descubrir unha imaxe que estea á altura dunha noite que leva 25 anos facendo historia en Ribadavia.

🧙‍♀️ ¿Cal será a cara da Noite Meiga 2026?

🍻 DE UNHA MESA... A TODA UNHA BARRA!Nas primeiras Noites Meigas tamén tiñamos un pequeno posto de bebidas e doces meigos...
12/08/2026

🍻 DE UNHA MESA... A TODA UNHA BARRA!

Nas primeiras Noites Meigas tamén tiñamos un pequeno posto de bebidas e doces meigos.

Unha mesa, uns poucos doces, licor café... e moitas ganas de que non faltase de nada. 😜

Co paso dos anos, aquel pequeno posto foi medrando coa propia festa.

Hoxe contamos cunha barra moito máis grande e moito máis onde escoller: bebidas, comida e os nosos famosos cadeliños quentes. 🌭🍻

Porque a Noite Meiga foi medrando pouco a pouco.

💡 Se puideses engadir unha cousa ao posto da Noite Meiga este ano...

¿Que che gustaría poder mercar ou probar? Algo doce? Unha bebida especial?

👇 Déixanos as túas ideas nos comentarios. Quizais algunha delas acabe este ano na nosa barra! 🧙‍♀️

11/08/2026

A Noite Meiga sempre se celebra en sábado.

Por iso, dependendo do calendario, pode coincidir co último sábado de outubro ou co primeiro sábado de novembro, sempre arredor da festividade de Todos os Santos.

E este ano... temos unha data moi especial:

🎃 SÁBADO 31 DE OUTUBRO DE 2026

Así que xa non hai escusa para non apuntala no calendario. 😉

🧙‍♀️ Ribadavia volverá vivir a Noite Meiga.

Dirección

Ribadavia
32400

Teléfono

+34620230803

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Noite Meiga Ribadavia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Noite Meiga Ribadavia:

Atajos

Compartir