22/06/2026
A semana pasada tiven o privilexio de dinamizar parte do cumple de M. unha peque filla dunha profesional que admiro mooooito. 🥰
Pedíronme un "scapegarden" de Stitch (inventámolo concepto 😂), con numerosas probas de lóxica, acertixos, cooperación... Así que mans á obra para crear algo totalmente desde cero! 🥳
Confeso que AMO cando alguén me pide deseñar algo perdonalizado, algo distinto, que se saia do habitual. Para min é todo un RETO que logo teño que testear ca familia, e o paso xenial pensando en como conectar cada proba, cada pista, cada candado e que todo teña sentido.
A verdade que o grupo de peques non puido ser máis riquiño, e tras hora e media de "scapegarden", rematamos cunha xornada de cachibote, un dos meus xogos favoritos e cos que fago ben de cardio! 😂
Grazas D. e M. por contar comigo nun día tan especial. Vos prometo que para min tamén o foi. 💚🤗🌿
Ah, e vivan os mangueirazos de auga no verán! 😁💧