O Castriño de Rebordechán

O Castriño de Rebordechán Rogelio Groba.

O CASTRIÑO

O día do ano 1962 no que se fixo público que a nosa Banda de Música se desfacía, xa houbo xente que se negou a aceptar esa realidade, refuxiándose na esperanza de que, algún día, Rebordechán espertaría de novo do letargo musical e recuperaría o seu ritmo. Durante moitos anos, era frecuente escoitar, con orellas de rapaz, conversas dos vellos xunto a pota de augardente, nunha esfollada, nas mallas ou ao pé da lareira, nas que se dicía: “a Banda non volve, pero que lindo sería escoitar a música de novo na aldea, aínda que fose un gaiteiro”. Os anos pasaron, pasaron tantos como 44 e, aqueles rapaces, xa homes feitos, e outros rapaces, no ano 2005, no Xantar do Castriño, decidiron, decidimos, pórlle cara e nome a ese longo soño colectivo. E así, puxémonos de acordo en contratar un mestre de música e botar a andar o grupo de gaitas “O Castriño”, nome que fai referencia ao lugar onde se tomou a decisión así como ao noso pasado castrexo. Comezamos os ensaios en xaneiro de 2006 e o 18 de agosto de 2007, nun acto homenaxe ao Centenario da fundación da Banda, 22 “músicos novos” fixemos a presentación pública, da man de 14 músicos da Banda aínda vivos e do Gran Mestre Compositor ponteareán D. Dende aquela, esforzámonos cada día en facelo un pouquiño mellor; tocamos en todas as festas da parroquia, en seráns e noutras festas que nos convidan ou contratan; e, en todas, tratamos de cumprir co noso lema, a “máxima” pola que nos creamos: “dárlle saída á inquedanza de troula que levamos dentro e pasalo, se cabe, aínda mellor cando nos xuntamos”.

Eu non o perdo
29/06/2024

Eu non o perdo

18/06/2024
Este ano a NOITE DA MOURA, será nos arredores da casa do pobo, a carón da Igrexa parroquial
05/06/2024

Este ano a NOITE DA MOURA, será nos arredores da casa do pobo, a carón da Igrexa parroquial

13/06/2023
07/06/2023
Rebordechán en Corme
22/05/2023

Rebordechán en Corme

Dirección

Rebordechán
36491

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando O Castriño de Rebordechán publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a O Castriño de Rebordechán:

Atajos

Compartir