DameCuerda QueTeatro

DameCuerda QueTeatro Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de DameCuerda QueTeatro, Artes escénicas, Puentedeume.

Buenas 🎭 Baixa o pano… pero Pontedeume en Obras segue medrandoRemata unha nova edición de Pontedeume en Obras, e facémol...
11/04/2026

Buenas 🎭 Baixa o pano… pero Pontedeume en Obras segue medrando
Remata unha nova edición de Pontedeume en Obras, e facémolo coa sensación de que o certame segue a dar pasos adiante, consolidándose e medrando ano tras ano.

Durante estas semanas, Pontedeume converteuse nun punto de encontro para o teatro, acollendo propostas moi diversas e de gran nivel:
✨ Compañía Maru-Jasp con El manual de la buena esposa
✨ 7 grados con la risa
✨ Desfeita Teatro con Desfacendo Hamlet
✨ Opaí Teatro con A mala estrela
✨ Deimos Teatro con Criaturas

Compañías que trouxeron ao noso escenario talento, risco, emoción, comedia e reflexión, facendo de cada sábado unha experiencia diferente.

Pero se algo define este certame é o seu público.
Un público que responde, que enche a sala, que respecta, que sente e que entende que o teatro é moito máis que un espectáculo.
👏 Grazas a todas as compañías por confiar en Pontedeume.
👏 Grazas a todas as persoas que facedes posible este certame, dentro e fóra do escenario.
👏 E grazas, unha vez máis, ao público.

Seguimos facendo teatro
E, sobre todo… seguimos medrando.
🎭 Vémonos na próxima edición.

🎭 Recta final en Pontedeume en ObrasEste sábado pechamos o certame coa compañía coruñesa  que chega con Criaturas, unha ...
02/04/2026

🎭 Recta final en Pontedeume en Obras
Este sábado pechamos o certame coa compañía coruñesa que chega con Criaturas, unha proposta que mestura emoción, humor e reflexión a través de pequenas historias cheas de humanidade.

Un espectáculo próximo, dinámico e moi conectado co público, que nos invita a recoñecernos nas situacións que vemos sobre o escenario.

Deimos Teatro, fundada en 2017, segue a abrir camiño cun teatro moderno e comprometido, construído desde o traballo colectivo e a paixón pola escena.

⏱️ Duración: 70 minutos
📍 CPR San José – A Grande Obra de Atocha
🗓 Este sábado
🕗 20:00 h
🎭 Última función do certame. O teatro despídese… ata o ano que vén.

🎭 Outra noite de teatro en Pontedeume en Obras!Este sábado tivemos o pracer de recibir á compañía Opaí Teatro, que nos t...
30/03/2026

🎭 Outra noite de teatro en Pontedeume en Obras!

Este sábado tivemos o pracer de recibir á compañía Opaí Teatro, que nos trouxo a súa proposta A mala estrela.

Unha función intensa, cunha estética marcada e unha mirada crítica que nos mergullou no universo do esperpento, conectando co público e deixando momentos de gran forza sobre o escenario.

regresaba ao noso certame tras a súa participación en 2023, confirmando o seu compromiso cun teatro amador de calidade e en constante evolución.

📸 Deixámosvos por aquí algunhas imaxes do espectáculo.

👏 Grazas á compañía polo seu traballo, pola súa entrega e por compartir con nós esta proposta.
👏 Grazas tamén ao público por acompañarnos unha vez máis e por seguir facendo do teatro un espazo vivo en Pontedeume.

⚠️ E isto chega ao seu final…
🎭 Queda a última representación este sábado.

Hoxe é un día especial para as que nos emocionamos con cada representación, para as que subimos ao escenario para transm...
27/03/2026

Hoxe é un día especial para as que nos emocionamos con cada representación, para as que subimos ao escenario para transmitir risas, choros, arrepíos..., para as que poñemos un anaco de nós para que isto siga vivo.

Para todas as compañeiras teatreiras, FELIZ DÍA DO TEATRO ♥️🎭

🎭 Este sábado, “A mala estrela” en Pontedeume!Seguimos con Pontedeume en Obras recibindo a  , unha compañía nada en Ferr...
26/03/2026

🎭 Este sábado, “A mala estrela” en Pontedeume!

Seguimos con Pontedeume en Obras recibindo a , unha compañía nada en Ferrol en 2020, formada por intérpretes con ampla traxectoria e en constante formación, apostando por un teatro amador de calidade.

Moitos xa os coñeceredes… porque xa pasaron polo noso certame en 2023, deixando moi bo sabor de boca.

Nesta ocasión chegan con A mala estrela, unha adaptación libre de Luces de Bohemia de Ramón María del Valle-Inclán, que mergulla no universo do esperpento cunha mirada crítica, crúa e moi actual.

⏱️ Duración: 85 minutos
📍 CPR San José – A Grande Obra de Atocha
🗓 Este sábado 28 de abril
🕗 20:00 h

🎟 O teatro segue vivo en Pontedeume.

🎭 Outra noite de teatro en Pontedeume en Obras!Este sábado tivemos o pracer de recibir á compañía Desfeita Teatro, que n...
23/03/2026

🎭 Outra noite de teatro en Pontedeume en Obras!
Este sábado tivemos o pracer de recibir á compañía Desfeita Teatro, que nos trouxo a súa proposta Desfacendo Hamlet.

Unha función chea de xogo escénico, creatividade e unha mirada diferente sobre un clásico universal, que conseguiu atrapar ao público de principio a fin.

📸 Deixámosvos por aquí algunhas imaxes do espectáculo.

👏 Grazas á polo seu traballo, pola súa entrega e por seguir apostando polo teatro.
👏 Grazas tamén ao público por acompañarnos unha vez máis e por encher a sala.
Isto continúa…

🎭 Pontedeume en Obras segue vivo.

🎭 Este sábado chega “Desfacendo Hamlet” a Pontedeume!Continuamos con Pontedeume en Obras recibindo á compañía viguesa De...
20/03/2026

🎭 Este sábado chega “Desfacendo Hamlet” a Pontedeume!

Continuamos con Pontedeume en Obras recibindo á compañía viguesa Desfeita Teatro, un grupo novo pero cunha traxectoria xa sólida dentro do teatro afeccionado galego.

Moitos e moitas xa os coñeceredes… porque hai pouco estiveron en Pontedeume dentro do circuíto de FEGATEA coa súa obra A avoa, deixando un gran sabor de boca entre o público.
Nesta ocasión chegan con Desfacendo Hamlet, unha proposta que revisita o clásico desde unha mirada diferente, fresca e moi persoal. Un xogo teatral que desmonta e reconstrúe unha das grandes historias do teatro universal.

Desde a súa creación en 2017, Desfeita Teatro non deixou de medrar, con múltiples montaxes, participación en festivais como o Agustín Magán e presenza activa no circuíto galego, combinando formación, compromiso e moitas ganas de escenario.

📍 CPR San José – A Grande Obra de Atocha
🗓 Sábado
🕗 20:00 h
🎟 O teatro continúa en Pontedeume.

✨ Este pasado sábado, Pontedeume en Obras volveu demostrar que Pontedeume é, unha vez máis, referencia no teatro afeccio...
17/03/2026

✨ Este pasado sábado, Pontedeume en Obras volveu demostrar que Pontedeume é, unha vez máis, referencia no teatro afeccionado.
Unha noite na que escenario e público conectaron de verdade, deixando momentos de emoción, ritmo e moitas risas compartidas.

E isto non para…

🎭 O certame continúa este vindeiro sábado. Unha nova oportunidade para seguir gozando do mellor teatro.

Grazas á compañía, ao equipo e, como sempre, ao público, que volveu estar á altura.

Vémonos na próxima 😉

🎭 ¡A RISA CHEGA A PONTEDEUME! 🎭Estás preparado para descubrir o que se agocha detrás dunha gargallada? Este sábado 14 de...
12/03/2026

🎭 ¡A RISA CHEGA A PONTEDEUME! 🎭

Estás preparado para descubrir o que se agocha detrás dunha gargallada? Este sábado 14 de marzo, dentro do ciclo Pontedeume en Obras, temos o pracer de recibir á compañía 7Grados co seu espectáculo:
✨ "A Risa: Instrucións de Uso" ✨

Cunha traxectoria de máis de vinte anos no teatro de creación, esta formación bilbaína chega para presentarnos un traballo que desmonta os xéneros e reinventa as etiquetas teatrais. Un grupo estable que aposta por obras inestables nun proceso continuo de investigación.

Nesta ocasión, mergúllannos nunha viaxe sobre, desde e para a risa, cun texto de Felipe Loza e baixo a dirección de Itziar Lazkano. Unha proposta que fuxe das formas máis comerciais para centrarse na forza da palabra e no traballo actoral.

📅 CANDO: Sábado, 14 de marzo
🕗 HORA: 20:00 h
📍 ONDE: CPR San José (A Grande Obra de Atocha), Pontedeume
⏳ DURACIÓN: 1h 15 min

Despois de acadar o cheo total en escenarios como o Pabellón 6 de Bilbao, a compañía chega a Pontedeume para facernos g***r dunha posta en escena que inclúe composición musical orixinal interpretada en directo.
Non perdas esta oportunidade única de ver un espectáculo que xa foi recoñecido en numerosos certames pola súa calidade e dirección.

🎭 Así comezou Pontedeume en Obras!Este sábado demos comezo ao certame cunha función que dificilmente esqueceremos. A com...
10/03/2026

🎭 Así comezou Pontedeume en Obras!
Este sábado demos comezo ao certame cunha función que dificilmente esqueceremos. A compañía Compañía Maru-Jasp trouxo a Pontedeume El manual de la buena esposa, unha proposta brillante que fixo rir, reflexionar e emocionarse ao público.

Foi unha noite especial na CPR San José, cun público entregado que acabou erguéndose das butacas para aplaudir ao final da función. Un deses momentos que lembran por que o teatro segue sendo un lugar de encontro, emoción e pensamento.

Queremos agradecer á compañía ,o seu talento, a súa profesionalidade e o cariño co que defenderon o espectáculo sobre o escenario.

👏 Grazas tamén ao público de Pontedeume por encher a sala e por demostrar, unha vez máis, que a cultura está moi viva na nosa vila.
Isto acaba de comezar…

🎭 Pontedeume en Obras continúa.

Dirección

Puentedeume
15600

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando DameCuerda QueTeatro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a DameCuerda QueTeatro:

Compartir

Categoría