07/10/2026
🎨 XIX Certame de Arte Isaac Díaz Pardo 🖼️
Do 7 ao 25 de outubro, a Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal acolle unha nova edición do Certame de Arte Isaac Díaz Pardo, organizado pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello.
A exposición reafirma o certame como un espazo de encontro, reflexión e impulso á creación contemporánea, reunindo diferentes olladas arredor da identidade, a memoria, o territorio e as tensións do presente.
Nesta XIX edición, a obra Intervalo 2024, de Ana Isabel Gesto Beiroa, foi galardoada pola súa capacidade de síntese e pola súa mirada sobre o cotián feminino, o espazo doméstico e o etnográfico.
A mostra inclúe tamén novas incorporacións á colección da Deputación da Coruña e unha selección de obras que forman parte da exposición itinerante, achegando a creación contemporánea a distintos concellos da provincia.
📍 Casa da Cultura Raquel Fernández Soler
📅 Do 7 ao 25 de outubro