02/07/2020
Fin de curso da escola de teatro
Con Sabela, Telma, Laura, Ruth, Lidia, Eva, Julieta, Tita, Nia, Raúl e Otero, ademais da presentadora: Xoana
Venres || 22h || DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO -IMPRESCINDIBLE A RESERVA ANTICIPADA-
Dous grupos e unha presentadora van afrontar este final de curso tan atípico.
A presentadora Xoana, unha alumna de Picolo que xa apunta maneiras de artista e que pouco lle falta a ela para comezar a artellar os seus propios proxectos, xa só por ver a Xoana paga a pena vir o venres. Pero hai máis. O primeiro en representar o traballo feito nestas catro sesións que nos permitíu o COVID-19 será o grupo de Premium, o grupo xuvenil formado por Sabela, Telma, Laura, Ruth e Lidia, que poñerá a público unhas escenas soltas da Ópera Pánica de Alejandro Jodorowski, un texto absurdo, divertido e entrañable que non pasa desapercibido. Este texto non é o típico texto de teatro xuvenil pois esixe de interpretación moi delicada e medida, pero estas rapazas tampouco son as típicas actrices xuvenís e saben defender un papel difícil.
O seguinte grupo é o grupo de Interpretación II, que afrontan un proxecto completo de Commedia dell'Arte. Unha obra enteiriña que fala de saúde, amor, cartos e unha enfermidade nova chamada CHOPED-17. Nesta obra, Eva, Julieta, Tita, Nia, Raúl e Otero, enfróntanse por primeira vez á creación dunha commedia, a primeira vez que se expoñen en escena con algo que elas tiveron que crear co único obxectivo de facer rir.
Non perdades esta última festa da escola en Ingrávida!
cid:Y29tbWVkaWEuanBlZw$8294582$429888@salaingravida
Último Capítulo de "Que quede entre nós" e entrega do Coiro de Pita 2020
A Comuna da Ingrávida
Sábado || 22h || 15€ -IMPRESCINDIBLE A RESERVA ANTICIPADA-
Último episodio! Todos os segredos desvelados!
Este ano, como sabedes, non podemos facer maratón porque non chegou a haber final da serie de teatro que a Comuna da Ingrávida crea todos os anos. Pero podemos garantir que o último episodio vai rubricar un antes e un despois nas series de teatro comunitario.
Un evento con cea incluída encargada a "El alambre del abuelo".
E ADEMAIS!
Entrega do Coiro de Pita, o premio das Artes Escénicas da Sala Ingrávida do Porriño entregarase o mesmo sábado. Irene e Álex entregarán o premio deste ano.
cid:UXVlLXF1ZWRlLWVudHJlLW5vc0xPVy5qcGc$7521865$61662@salaingravida
E con isto rematamos. Agardamos que gozárades tanto da experiencia coma nós e que non esquezades desafiar a lei de gravitación universal de cando en vez.
Ata a seguinte aventura:
Irene Moreira e Álex Sobrino.