Moura Teatro

Moura Teatro Para calquer consulta ou información poden dirixirse a nós mediante un mensaxe nesta páxina ou no enderezo electrónico: [email protected]

Somos un grupo de teatro aficionado nacido en Combarro, na sede da Acdem Armadiña (actualmente desvinculados da mesma) como grupo independiente pretendemos nesta páxina dar a coñecer o noso traballo e publicitar os nosos futuros eventos.

¡Imos de vacacións! 🎭Facemos unha pequena pausa para recargar enerxías. Volvemos en setembro con moitas novidades, ilusi...
04/08/2026

¡Imos de vacacións! 🎭

Facemos unha pequena pausa para recargar enerxías. Volvemos en setembro con moitas novidades, ilusión e ganas de seguir compartindo grandes momentos convosco ☺️

E canto nos gusta subir ao escenario? Pois bastante… a verdade 😅Este domingo volvemos á escea en Mos, con ganas de mostr...
04/06/2026

E canto nos gusta subir ao escenario? Pois bastante… a verdade 😅

Este domingo volvemos á escea en Mos, con ganas de mostrarvos o que mais nos gusta 🎭

Así que xa sabedes:
📍 Local Social A Cividade, Mos
📅 Domingo 7 de Xuño ás 19:30h

Xa non queda nada! 🤩
06/05/2026

Xa non queda nada! 🤩

Moura Teatro e Batucada Os Queimatasas organizan a II Gala “POIO Colabora”, unha cita solidaria chea de arte e emoción.

📅O domingo 10 de maio, ás 18.00 horas, no local da Comunidade de Montes de San Xoán.

🍚A entrada será solidaria e consistirá na doazón de alimentos non perecedoiros, que serán destinados aos Servizos Sociais de Poio.

🎵🎭A gala ofrecerá ao público unha tarde única, con actuacións cheas de ritmo, humor e emoción, pensadas para todos os públicos.

Parabéns pola iniciativa!👏

✨🎭 II Gala POIO Colabora 🎶🥁En menos de dúas semanas volvemos cunha cita moi especial chea de emoción, arte e solidarieda...
28/04/2026

✨🎭 II Gala POIO Colabora 🎶🥁

En menos de dúas semanas volvemos cunha cita moi especial chea de emoción, arte e solidariedade 💛

Moura Teatro e Batucada Os Queimatasas unímonos de novo para… ¡axudar! 🙌
Preparamos actuacións únicas para que desfrutedes dunha tarde inesquecible, chea de ritmo, risas e moita boa enerxía.

📅 Domingo 10 de maio
🕕 Ás 18:00 h
📍 Local da Comunidade de Montes de San Xoán

🎟 Entrada solidaria: alimentos non perecedoiros destinados aos Servizos Sociais de Poio, para apoiar ás familias que máis o precisan.

Cada pequeno xesto conta, e xuntos podemos facer algo moi grande 💫

Agradecemento especial a tódol@s artistas participantes, sen vós non sería posible ✨🫂

Anímate, trae a túa aportación e ven compartir esta tarde tan especial con nós. ¡Agardámoste cos brazos abertos! 🤗

CO CORAZÓN CHEIÑO, GRACIAS MOURENTE! 🥰👏🏻
19/04/2026

CO CORAZÓN CHEIÑO, GRACIAS MOURENTE! 🥰👏🏻

🎭 Moura Teatro volvemos á escea, e nesta ocasión será en Mourente!Este ano participamos no Festival Escena Abril co noso...
14/04/2026

🎭 Moura Teatro volvemos á escea, e nesta ocasión será en Mourente!

Este ano participamos no Festival Escena Abril co noso espectáculo "Pronóstico Reservado" 🏥
Vemonos alí? 👀 Non o podedes perder!

📆 Data: domingo 19 de Abril
⏰ Hora: 20h
👉🏻 Organiza: SCd Mourente
📍 Local da asociación, na Av. Lugo, 109 (PO)

Dirección

Pontevedra
36993

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Moura Teatro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Moura Teatro:

Atajos

Compartir