Galo Negro

Galo Negro Asociación Cultural Galo Negro
📍 Vila de Cruces
Apoiando a cultura e a música local 🤘🏼

12/02/2026

🐓⚫🐓⚫🐓⚫

CONCERTO DE CESTILLO CON CHORIMA 🎶

Seguimos coa música en directo e coas ganas de xuntarnos!
Este venres toca concerto de Cestillo, unha noite para g***r do directo e do bo ambiente!

📆 Venres 13 de febreiro
🕰️ A partir das 20:00h
📍 Café Pub Galicia

Que haberá?
🎸 Concerto de Chorima
🧺 Entrada de balde (aportación voluntaria no cesto)
🎁 Sorteo dun vale de compra de 50€ para o Merca Más
🎉 Bo ambiente, música e ganas de pasalo ben

Un plan perfecto para comezar a fin de semana como se merece.
Achégate, participa e desfruta dunha noite diferente no Galicia 🤘🏻

🐓⚫🐓⚫🐓⚫VENRES DE CONCERTOS 🎶Pasou un tempiño pero aquí estamos! Volvemos á carga cunha pequena festiña para o vindeiro ve...
29/11/2025

🐓⚫🐓⚫🐓⚫

VENRES DE CONCERTOS 🎶

Pasou un tempiño pero aquí estamos! Volvemos á carga cunha pequena festiña para o vindeiro venres: 2 concertos con caldo galego de balde e ben quentiño, que o frío non sexa impedimento.

📆 Venres 5 de decembro.
🕰️ De 20:00h a 1:00h aproximadamente.
📍 Praza Juan Carlos I, a praza dabaixo para que nos entendamos.

Que haberá?
◼️ Actuación de Lacón sin jrelos
◼️ Sesión Dj con Meureich
🍲 Caldiño galego de balde ata que quede a pota limpa
🍺 Poderanse adquirir consumicións
▫️ Algunha sorpresiña máis que nos gardamos polo de agora no peto

Que o frío non te deteña, vén quentar o bandullo cun bo caldiño e desfrutar destes dous artistazos 🤘🏻

Señoras, señores, parece que a sorte non acompaña! 🌧🌦Logo de pospoñelo unha vez, vémonos na obriga de mover a Andaina de...
07/05/2025

Señoras, señores, parece que a sorte non acompaña! 🌧🌦

Logo de pospoñelo unha vez, vémonos na obriga de mover a Andaina de novo, esta vez para unha data na que vaiamos a tiro fixo, pois parece que volve chover durante o sábado e a propia mañá do domingo.

Xa o sentimos, pero agardamos que sexa xa a última vez que toca aprazar a Andaina ata a Madanela!

🚶‍♀️🚶‍♂️ Andaina ao alto da Madanela! 🐓⚫Si, xa temos nova data para a andaina: domingo 11 de maio.❗IMPORTANTE: hai un ca...
30/04/2025

🚶‍♀️🚶‍♂️ Andaina ao alto da Madanela! 🐓⚫

Si, xa temos nova data para a andaina: domingo 11 de maio.

❗IMPORTANTE: hai un cambio respecto á anterior ocasión. Agora tes opción de facer só a Andaina ou, se che apetece, participar na Andaina e desfrutar tamén dos pinchos de despois.

Recordámosche que desfrutaremos dos paisaxes e da natureza nunha ruta ata un dos puntos máis altos do Concello, pasaremos por varios lugares que merecen ser destacados pola súa historia. Ademais, á volta poderemos desfrutar duns pinchos no Café Pub Galicia.

🔹 Ruta circular de 14km aproximadamente.
🔹 Saída ás 10:00h desde a Praza da Igrexa.
🔹 Pasaremos polos castros de Cumeiro e Pastoriza e polo Pazo de Altamira, con charla e curiosidades de cada un.
🔹 Avituallamento no alto da Madanela.
🔹 Opción de pinchos no Café Pub Galicia á volta.
🔸 Poderase aprazar a andaina se o tempo non acompaña.

➡️ Onde te podes apuntar? Fálanos polas nosas redes (Instagram ou Facebook), no noso correo ([email protected]), no propio Café Pub Galicia ou whatsapp ao 681 13 27 93.

Neste caso, os prezos son:
- SOCIOS: 5€ a Andaina e 12€ Andaina+Pinchos.

- NON SOCIOS: 7€ a Andaina e 15€ Andaina+Pinchos.

Contamos contigo! 🐓⚫

Moi boas! (ou non tan boas) 🌧️O mal tempo que se agarda para a mañá do sábado 19 de abril, día da Andaina ao Alto da Mad...
16/04/2025

Moi boas! (ou non tan boas) 🌧️

O mal tempo que se agarda para a mañá do sábado 19 de abril, día da Andaina ao Alto da Madanela, obríganos a pospoñer a ruta.

Esperamos poder comunicarvos unha data o máis pronto posible e, desta vez si, cun tempo que acompañe! 🐓⚫

👀    🐓⚫🐓❗Lembra: o xoves 17 é o último día para apuntarse á andaina.
07/04/2025

👀 🐓⚫🐓

❗Lembra: o xoves 17 é o último día para apuntarse á andaina.

🚶‍♀️🚶‍♂️ Andaina ao alto da Madanela! 🐓⚫Tes algo que facer o sábado 19 de abril? Apunta a data, pois imos de andaina ata...
03/04/2025

🚶‍♀️🚶‍♂️ Andaina ao alto da Madanela! 🐓⚫

Tes algo que facer o sábado 19 de abril? Apunta a data, pois imos de andaina ata o alto da Madanela: desfrutaremos dos paisaxes e da natureza nunha ruta ata un dos puntos máis altos do Concello, pasaremos por varios lugares que merecen ser destacados pola súa historia e, á volta, g***remos duns pinchos no Café Pub Galicia.

🔹 Ruta circular de 14km aproximadamente.
🔹 Saída ás 10:00h desde a Praza da Igrexa.
🔹 Pasaremos polos castros de Cumeiro e Pastoriza e polo Pazo de Altamira, con charla e curiosidades de cada un.
🔹 Avituallamento no alto da Madanela.
🔹 Pinchos no Café Pub Galicia á volta.
🔸 Poderase aprazar a andaina se o tempo non acompaña.

➡️ ¿Onde te podes apuntar? Fálanos polas nosas redes (Instagram ou Facebook), no noso correo ([email protected]), no propio Café Pub Galicia ou whatsapp ao 681 13 27 93.

O prezo da inscrición son 15€ e 12€ para non socios e socios respectivamente. Anda á Madanela e non andes nas verzas, que tes ata o xoves 17 para apuntarte 🗓️

Contamos contigo! 🐓⚫

Xuntas, fortes e loitadoras! 🟣✊🏼
08/03/2025

Xuntas, fortes e loitadoras! 🟣✊🏼

Noraboa aos premiados e gracias a tod@s! 🎉🐓⚫
03/03/2025

Noraboa aos premiados e gracias a tod@s! 🎉🐓⚫

Os gañadores do premio de Casa Don Din da festa de disfraces do sábado foron, Toy story.
Moitas gracias a todos por asistir, a Galo Negro por contar con nós para esta presentación, a Chorima pola súa actuación e o Dj Juan Reich por dalo todo.

Moitas gracias a tod@s pola festa de presentación de onte! 🎉🐓🎉🐓🎉🐓Quedamos encantados pola resposta e o apoio que tivemos...
02/03/2025

Moitas gracias a tod@s pola festa de presentación de onte! 🎉🐓🎉🐓🎉🐓

Quedamos encantados pola resposta e o apoio que tivemos no noso acto inaugural, sen dúbida foi un éxito e agardamos que o desfrutarades tanto coma nós.Tamén queremos agradecerlle o magnífico trato aos anfitrións, a Casa Don Din, así como a Chorima e a Juan Reich, que amenizaron a tarde e a noite. Noraboa tamén aos gañadores dos premios e do sorteo 👻🎉🦸🏼

E, como dixemos, tamén a vós, á xente de Cruces que apoiou a idea e deu un voto de confianza. Queda claro que hai ganas de facer cousas (e de botar outra partida de bingo) e isto non acaba máis de comezar!

Vémonos máis pronto que tarde! 🐓⚫

(Abre a foto para vela completa, Facebook ten algún que outro problemilla coas stories e o tamaño das imaxes 🙄)🔽🔽🔽Como d...
24/02/2025

(Abre a foto para vela completa, Facebook ten algún que outro problemilla coas stories e o tamaño das imaxes 🙄)

🔽🔽🔽

Como dixemos, montamos festa de disfraces pero o anfitrión, a Casa Don Din, dará premio ao mellor disfraz 🏅🦸🏼

Así que xa sabedes! 🧟👻🤡

Dirección

Vila De Cruces
Pontevedra
36590

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Galo Negro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría