CMUS Manuel Quiroga

CMUS Manuel Quiroga Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de CMUS Manuel Quiroga, Arte, Avenida Virxinia Pereira Renda, 4, Pontevedra.

🇪🇺🎶 Mobilidade Erasmus+ | Job Shadowing en AlemañaO profesorado do CMUS Profesional Manuel Quiroga Sergio Heredia e Mica...
06/07/2026

🇪🇺🎶 Mobilidade Erasmus+ | Job Shadowing en Alemaña
O profesorado do CMUS Profesional Manuel Quiroga Sergio Heredia e Micaela González realizou unha estancia de job shadowing na Kreismusikschule Potsdam-Mittelmark “Engelbert Humperdinck”, onde tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento do centro, asistir ás súas aulas e compartir experiencias co seu profesorado.

Durante esta mobilidade contaron co apoio da súa antiga compañeira Laura Domínguez, quen facilitou o contacto e a súa integración na vida da escola. Así mesmo, foron acollidos polo profesor Martin Aust, que lles abriu as portas das súas clases e lles permitiu coñecer de preto o seu traballo coas agrupacións instrumentais. A estancia culminou coa participación activa de ambos docentes no concerto conmemorativo do aniversario da institución, compartindo escenario co profesorado e o alumnado do centro alemán. Esta experiencia supón unha valiosa oportunidade de aprendizaxe, intercambio de boas prácticas e crecemento profesional, e foi posible grazas ao intenso labor de coordinación e á implicación da coordinadora Erasmus+ do centro, Leticia Folgar, cuxo traballo foi fundamental para facer realidade esta primeira mobilidade.

Con esta experiencia comeza a andaina Erasmus+ do CMUS Profesional Manuel Quiroga, unha aposta pola internacionalización, a cooperación e o enriquecemento da nosa comunidade educativa. Que sexa a primeira de moitas! 🇪🇺

21/06/2026

🎸🐸🐌 ANIMAIS, de Saúl Chapela, é unha colección que busca achegar a composición contemporánea aos estudantes, explorando recursos sonoros e posibilidades expresivas dunha forma accesible e creativa. Neste vídeo, Sara Garrido Clemente e Gabriel Ferreiro Méndez, alumnos de 1º de Grao Profesional da aula de guitarra da profesora María Villanueva, interpretan “Cágado” e “Sapo”, dúas pezas estreadas ao longo deste curso e presentadas na audición trimestral do pasado mes de marzo.

“Cágado” xoga coa aparición dun mesmo motivo melódico en diferentes cordas, mentres que “Sapo” constrúe a súa sonoridade a partir de disonancias arredor das cordas ó aire, achegando aos intérpretes e ao público á linguaxe da música contemporánea.

🎶 As partituras da colección ANIMAIS poden descargarse gratuitamente en:
https://payhip.com/ANIMAIS

🎹 IV Concurso de Piano CMUS Manuel Quiroga 2026 🎹Compartimos algúns dos momentos máis destacados da xornada final da cua...
06/06/2026

🎹 IV Concurso de Piano CMUS Manuel Quiroga 2026 🎹

Compartimos algúns dos momentos máis destacados da xornada final da cuarta edición do noso concurso, celebrada o pasado xoves. Durante dous días tivemos a fortuna de recibir a máis de 30 participantes procedentes de diferentes centros e localidades, convertendo o noso conservatorio nun auténtico punto de encontro para os novos talentos do piano.

É unha enorme satisfacción comprobar como este proxecto segue medrando ano tras ano, consolidándose como unha cita de referencia que promove a convivencia, a aprendizaxe e o amor pola música.

🏆 Categoría B
🥇 Sandra Martín Moldes e Miguel Prieto Muras (1º premio compartido)
🥈 Elizabeth A. López Roa
🥉 Alba Mumary Rodríguez

🏆 Categoría D
🥇 Nicolás Jiménez Jiménez
🥈 Yago Casalderrey Canosa
🥉 Alejandra Sanjuán Salgueiro

Parabéns a todos os participantes polo seu esforzo e dedicación, e moi especialmente aos premiados polo magnífico nivel artístico demostrado. Grazas tamén ás familias, profesorado, aos diferentes centros, ao departamento de Tecla, ao xurado e por suposto ao profesor Mario Grau, por facer posible unha nova edición deste concurso que continúa crecendo e ilusionándonos cada ano.

05/06/2026

🎹 IV Concurso de Piano CMUS Manuel Quiroga 2026 🎹

Compartimos algúns dos momentos máis destacados da primeira xornada do noso concurso, unha cita que continúa medrando ano tras ano e que reúne alumnado de diferentes centros e procedencias arredor da música e do piano.

Queremos felicitar a todos os participantes polo seu traballo, esforzo e ilusión, así como aos premiados polo excelente nivel artístico demostrado nesta edición.

🏆 Categoría A
🥇 Coco Nakamoto
🥈 Dasha Fernández Santana
🥉 Selene Marinello Cabaleiro

🏆 Categoría C
🥇 Pablo Coya García
🥈 Alexia Jelihozchi Panas
🥉 Marta Martín Molde

É unha grande satisfacción comprobar como este concurso segue consolidándose edición tras edición, converténdose nun espazo de encontro, aprendizaxe e crecemento musical para mozos intérpretes de diferentes lugares.

Parabéns a todos os participantes e grazas por formar parte desta cuarta edición.

Mañá, mércores 3, e o xoves 4 de xuño, celebramos a IV edición do noso Concurso de Piano. Un encontro que reúne a máis d...
03/06/2026

Mañá, mércores 3, e o xoves 4 de xuño, celebramos a IV edición do noso Concurso de Piano. Un encontro que reúne a máis de 30 participantes, de entre 6 e 18 anos, procedentes de 6 centros formativos de toda Galicia.
Este evento supón unha oportunidade de crecemento e unha experiencia enriquecedora para o alumnado, que afronta estas xornadas con gran ilusión.
Desexámoslles a todos moita sorte e, sobre todo, que desfruten da súa participación.

18/05/2026

✨✨❤️❤️ No acto de graduación do Conservatorio deste ano no Pazo da Cultura de Pontevedra, vivimos un deses momentos que quedan gravados para sempre. ❤️❤️✨✨
A interpretación de Circle of Life, da banda sonora de O Rei León, 🦁 deixou ao público absolutamente embargado pola emoción, pola calidade vocal, polo son e pola inmensa beleza da peza. Unha actuación desas que poñen a pel de galiña 🐔 desde a primeira nota ata o último aplauso. 🦁🎶🥹
Só queda felicitar a todo o coro polo traballo realizado, pola entrega e pola sensibilidade enriba do escenario, pero especialmente a alumna Lucía Castro- solista desta volta- e, por suposto, á súa profesora e directora, Nanet Sánchez, 🫶quen conseguiu levar o coro a unhas cotas de calidade realmente IMPRESIONANTES. Isto fala do enorme traballo que hai detrás, da súa profesionalidade, da súa paixón pola música e tamén do marabillosa profesora e cantante que é.

Parabéns, grazas pola emoción compartida… e oxalá poder volver escoitarvos moi pronto. 👏❤️🎼🎶

03/05/2026

🌼🌼 “Auga de maio, pan para todo o ano” 💧 di o refraneiro galego. E é que coa chegada do tempo dos Maios, Galicia celebra o renacer da natureza, a abundancia que sempre brindou a chegada da primavera. Entre flores, música e tradición popular, esta festa convértese nun símbolo vivo da nosa identidade cultural. 🌼🌼🌼
No marco desta tradición e ao abeiro do refraneiro galego, a chuvia convértese tamén en memoria, símbolo e música na nosa terra galega. Por iso decidimos compartir hoxe un pequeno fragmento de “Nunca choveu que non escampara”, primeiro movemento da obra REFRANEIRO de Saúl Chapela, escrita para o Seminario de Música de Cámara tras unha proposta de Lorena Cabaleiro; trátase dunha composición sofisticada na súa arquitectura pero a súa vez, próxima e suxestiva na súa escoita, capaz de transformar o refraneiro galego nun discurso contemporáneo cheo de cor e intención.

Parabéns, Saúl, por unha obra tan inspiradora e coidada, e grazas a todas as persoas que formaron parte deste fermoso grupo:

Fran Seoane (frauta)
David Garrido (óboe)
Lorena Rodríguez (clarinete)
Daniel Garrido (f***t)
Saúl Chapela (piano)
Sergio Aparicio (violín)
Micaela González (violín)
Ângela Neto (viola)
Laura Juncal (violonchelo)
Miguel Dopazo (dirección)

🎶 Música no Eixo AtlánticoA pasada semana celebramos no noso centro o XV Concerto de Intercambio, unha cita moi especial...
20/04/2026

🎶 Música no Eixo Atlántico

A pasada semana celebramos no noso centro o XV Concerto de Intercambio, unha cita moi especial coa música que reuniu alumnado de diferentes lugares e países, compartindo escenario, experiencias e talento. Este tipo de encontros son unha oportunidade única para medrar artística e persoalmente, reforzando os lazos culturais a través da música.

O intercambio continúa: o mércores 22 será a quenda do encontro no Conservatorio de Braga, onde o noso alumnado viaxará para seguir compartindo esta experiencia. 🎼

🎻 Cordas no Museo 🤍🤍 - Onte vivimos unha tarde moi especial no Museo de Pontevedra, onde a música de corda encheu o espa...
16/04/2026

🎻 Cordas no Museo 🤍🤍 - Onte vivimos unha tarde moi especial no Museo de Pontevedra, onde a música de corda encheu o espazo de emoción, matices e proximidade. Un encontro entre alumnado, profesorado e público nun escenario único, no que a música foi a verdadeira protagonista.
Grazas a todas as persoas que o fixeron posible e a quen nos acompañou nesta experiencia! ✨🎼🎶🎵

Dirección

Avenida Virxinia Pereira Renda, 4
Pontevedra
36003

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CMUS Manuel Quiroga publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a CMUS Manuel Quiroga:

Atajos

Compartir

Categoría