26/07/2026
Boas familia! 🫶🏻
Fai dúas semanas que remataba o Festival de Ortigueira e para nós esos 5 días son o culme do noso traballo antes, durante e despois ❤️
Aquí resumimos (moito) todo o traballo, esforzo, ganas e motivación que lle poñemos ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira cada ano! ✨
Son horas, días, semanas e meses de ensaios, traballo e esforzo para que todo saia ben e para que cada peza encaixe. O máis bonito é facelo dende a ilusión e, sobre todo, dende a compañía e apoio da familia EG que formamos durante todo o ano, pero máis que nunca, durante estas semanas ❤️🩹
Todos e todas vibramos na mesma sintonía para traballar cara un mesmo obxectivo: que todo saia da mellor forma posible, desfrutar de cada cousa que facemos, que todo encaixe e, sobre todo, que todas as bandas e grupos que veñen a Ortigueira se sintan coma na casa 🫂
Grazas, grazas e grazas de novo pola vosa axuda, polo voso apoio e polo voso cariño e amor que sentimos moi preto cada Festival de Ortigueira (e durante todo o ano!) 🫶🏻
Grazas de novo a todos e todas os e as que formástedes parte dalgunha forma de esta edición, xa sexa axudándonos, colaborando musicalmente, traballando, facendo música, bailando, desfrutando ou emocionándovos. Cada persoa é unha peza fundamental e por iso… GRAZAS! 🫂
Agora toca esperar e… de aquí nun ano! Un día máis é un día menos para a seguinte edición! 🤩❤️🔥
Viva o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e viva Ortigueira! ❤️✨
-