Festival de Ortigueira

Festival de Ortigueira 🌍 Ortigueira, Galicia
🐲
🗓️ Do 8 ao 12 de xullo de 2026

Puedes enviar fotos, CDs, información de grupos o cualquier información que consideres relevante para el Festival de Ortigueira por correo ordinario a la siguiente dirección: Plaza de Isabel II s/n, 15330, Ortigueira (A Coruña).

Nada mellor que lembrar xuntos algúns dos momentos vividos. Grazas de novo a todxs, vémonos o ano que ven!
10/08/2026

Nada mellor que lembrar xuntos algúns dos momentos vividos. Grazas de novo a todxs, vémonos o ano que ven!

Así vivimos o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2...

✨ Un festival como o de Ortigueira só é posible grazas ás persoas que o fan seu.Desde o Concello de Ortigueira e o Comit...
13/07/2026

✨ Un festival como o de Ortigueira só é posible grazas ás persoas que o fan seu.
Desde o Concello de Ortigueira e o Comité Organizador queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as veciñas e veciños, pola súa implicación, hospitalidade e paciencia; a todas as persoas que nos visitaron desde tantos lugares, por elixir Ortigueira para vivir estes días de música e encontro; e a todas as persoas asistentes que, co seu respecto e entusiasmo, contribuíron a facer desta unha edición inesquecible.
O éxito deste festival é un logro compartido. É o resultado do esforzo colectivo, da colaboración e do compromiso de quen traballa durante meses para facelo posible, e de quen o goza con responsabilidade.
Grazas por formar parte desta gran celebración. Levamos connosco a lembranza duns días únicos e a ilusión de volver atoparnos o vindeiro ano.
Grazas por escribir, unha vez máis, unha nova páxina na historia do Festival de Ortigueira. Vémonos na próxima edición!

13/07/2026

✨ Gran peche da xornada na Vila Celta!
Vai Rañala Meu abriu a tarde enchendo o recinto de enerxía, Eilbhe emocionou co seu folk de raíz irlandesa, Berbert Band puxo a emoción con temas cargados de mensaxe e Anxo Lorenzo asinou un peche brillante cunha actuación inesquecible.
Catro concertos, catro formas de vivir a música de raíz e unha Vila Celta que volveu demostrar por que é un dos corazóns do festival. 🍀💚

13/07/2026

E para ti, cal foi o teu momento preferido deste Ortigueira? 🤔✨

Ese concerto que che puxo a pel de galiña, a foliada na rúa que non querías que rematase, os amigos de sempre (e os novos)... Que volverías a repetir sen pensalo dúas veces? ⛺🎻

13/07/2026

Aínda non pasou nin un día e xa temos unha morriña incrible de Ortigueira! 🥺✨ Así de especial foi o último día dun festival que nos deixa o corazón cheo de música.

13/07/2026

Quen tamén repetiu onte á noite sobre o escenario foi Anxo Lorenzo! Desta volta cun proxecto profundamente arraigado na alma do noso festival. Así de ben soaba! 🎶❤️

13/07/2026

Onte repetiu Yves Lambert sobre o escenario, pero esta vez á fronte da Bébert Band! Así de ben soaba a festa e a enerxía que trouxeron directamente desde Quebec. 🇨🇦🎻

13/07/2026

Vaia xeito de tocar! Así de ben defenderon onte as de Eilbhe a esencia do folk irlandés sobre o noso escenario.🎻

12/07/2026

Unha palabra. Un sentimento. Un Festival.
Durante estes días preguntámoslle ao público que definise o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira nunha soa palabra.
As respostas falan por si soas: música, amizade, tradición, liberdade, xúbilo, reencontro… pero sobre todo falan dunha experiencia compartida por milleiros de persoas que cada ano fan de Ortigueira un lugar único.
✨ Grazas a todas e todos por poñerlle voz ao que significa o Festival.
Agora tócache a ti:
Como definirías Ortigueira nunha palabra? 👇

Dirección

Ortigueira
15330

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festival de Ortigueira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Festival de Ortigueira:

Atajos

Compartir

Categoría