14/09/2017
👉ANIVERSARIO E SORTEO! 👈
Fai hoxe un ano comezabamos Norte Cultural. Un proxecto que nacía a cegas, pero que creamos con esforzo, cariño e emoción, facéndonos vibrar a miúdo e brindándonos posibilidades e vivencias xeniais.
Traballamos sempre ca idea de transmitir a nosa perspectiva sobre a cultura, sen límites temáticos nin ningún tipo de marco ao que cinguirnos. Fixémolo escollendo a nosa lingua como vía de transmisión, considerando que en Galiza son necesarios proxectos coma este, polo cal, calquera organización semellante a nós terá sempre a Norte como aliadx e non como rival.
O noso traballo é autoxestionado, polo que paulatinamente fomos (e iremos) apuntando erros e cambiando detalles ata acadar aquelo que desexamos que un día sexa Norte Cultural.
Todo isto non funcionaría sen vos, polo que hoxe queremos agradecervos o feito de estaren sempre aí. Vos sodes sempre o obxectivo ao que nos diriximos, sexades máis ou menos os que esteades detrás da pantalla e, quen sabe, pode que algún día detrás do papel.
Por iso hoxe queremos ter un detalliño convosco.
👇👇
Compartindo esta publicación e nomeándonos na mesma entrarás no sorteo:
-Dunha lámina A3 de Pruden Tatuaxes
- E de 3 entradas para os eventos ou concertos que escollas celebrados no El Pueblo Café Cultural
X premiadx anunciarémolx o próximo xoves!
MOITA SORTE E MOITAS GRAZAS POR ESTAR AÍ!