Centro Cultural Marcos Valcárcel

Centro Cultural Marcos Valcárcel O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense adícase a actividades culturais e artísticas.

O Centro Cultural Deputación Ourense atópase nun noble edificio construido a finais do século XIX e que foi recuperado pola institución provincial, en colaboración coa Xunta de Galicia para adicalo integramente a actividades culturais e artísticas. Con preto de 4.000 metros cadrados de superficie, o que no seu día fora un almacén textil- propiedade da familia Simeón García- e vivendas, é hoxe un m

oderno centro con salas de exposicións, salón de conferencias, aulas para formación, un museo de trens en miniatura, etc. A sobriedade da súa arquitectura, cunha magnífica canteiría de pedra e unha carpinteiría en madeira emblemática, encaixan perfectamente cunha recuperación que respetou escrupulosamente o seu carácter señorial para convertelo nun referente dentro da provincia de Ourense.

📚✨ Unha viaxe fascinante ás raíces da nosa historia.O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a presentación de Chronic...
24/06/2026

📚✨ Unha viaxe fascinante ás raíces da nosa historia.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a presentación de Chronicon Auriensis. Unha viaxe dende a Prehistoria ata a Idade Media, a nova obra de Alberto Cacharrón, ilustrada por Miguel Mosquera.

Un percorrido apaixonante polos acontecementos, personaxes e culturas que foron construíndo a identidade de Ourense ao longo dos séculos, desde os primeiros asentamentos humanos ata o final da Idade Media.

O presidente da Deputación, Luis Menor, destacou o valor desta publicación como unha ferramenta para coñecer, preservar e divulgar o noso patrimonio histórico, reforzando o vínculo coa nosa memoria colectiva e coa identidade da provincia.

📍 Centro Cultural Marcos Valcárcel
📖 Chronicon Auriensis
🎨 Ilustracións de Miguel Mosquera

Mañá, 23 de xuño, ás 19:30 h. presentamos o libro "Chronicon Auriensis. Unha viaxe dende a Prehistoria ata a Idade Media...
22/06/2026

Mañá, 23 de xuño, ás 19:30 h. presentamos o libro "Chronicon Auriensis. Unha viaxe dende a Prehistoria ata a Idade Media" de Alberto Cacharrón e Miguel Mosquera e a exposición vinculada a este proxecto.

Este venres, ás 19.30 h. inauguramos a última mostra da tempada."ROMIÑA" da artista Reme Remedios e comisariada por Mari...
22/06/2026

Este venres, ás 19.30 h. inauguramos a última mostra da tempada.
"ROMIÑA" da artista Reme Remedios e comisariada por Marita Carmona

A Deputación inaugura a exposición A diferenza repetida, do artista Uxío López.O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Dep...
21/06/2026

A Deputación inaugura a exposición A diferenza repetida, do artista Uxío López.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense a exposición A diferenza repetida, do artista Uxío López, unha proposta artística que afonda na relación entre repetición e diferenza, convidando ao espectador a cuestionar a aparente uniformidade das imaxes e dos obxectos cotiáns.

A mostra constitúe unha variación da serie Agasallo consumista, iniciada polo autor no ano 2017, e nace da súa reflexión arredor da necesidade contemporánea de consumir e agasallar, mesmo cando non existe unha necesidade real que o xustifique. Segundo explica o propio artista, a orixe do proxecto atópase nos sobres de mensaxería empregados para recibir discos de música, elementos que foi acumulando ata convertelos no punto de partida dunha investigación plástica sobre o consumo e a memoria.

En A diferenza repetida, Uxío López constrúe obras nas que elementos aparentemente iguais revelan pequenas variacións que os converten en pezas únicas. A través deste xogo visual, o artista procura “facer o diferente moi parecido, e viceversa”, explorando a fraxilidade da mirada e da memoria, así como a capacidade do espectador para percibir matices dentro da repetición.

A exposición reúne un conxunto de obras que funcionan como variacións dun mesmo motivo, establecendo un diálogo continuo entre permanencia e transformación. Cada peza presenta diferenzas sutís que convidan a unha observación demorada e a unha experiencia activa por parte do público.

Con esta nova exposición, o Centro Cultural Marcos Valcárcel continúa a súa aposta por achegar á cidadanía propostas artísticas contemporáneas que favorezan a reflexión e o diálogo arredor das linguaxes visuais actuais.

Este venres,19 de xuño,ás 19:30 h. inauguramos a exposición "A diferenza repetida" do artista Uxío López.O vindeiro mart...
18/06/2026

Este venres,19 de xuño,ás 19:30 h. inauguramos a exposición "A diferenza repetida" do artista Uxío López.

O vindeiro martes, 23 de xuño, ás 19:30 h. presentamos o libro "Chronicon Auriensis. Unha viaxe dende a Prehistoria ata a Idade Media" de Alberto Cacharrón e Miguel Mosquera e a exposición vinculada a este proxecto.

Este martes, 23 de xuño, ás 19.30 h. preséntase o libro "Chronicon Auriensis" de Alberto Cacharrón e Miguel Mosquera, e ...
17/06/2026

Este martes, 23 de xuño, ás 19.30 h. preséntase o libro "Chronicon Auriensis" de Alberto Cacharrón e Miguel Mosquera, e a exposición vinculada a este proxecto.
Agardámosvos!

16/06/2026

Video da exposición "De pupila a pupila" de Gonzalo Eiriz

Inauguramos exposición!!!Uxío López preséntanos a súa obra "A diferenza repetida".Este venres, 19 de xuño, ás 19.30 h.Ag...
15/06/2026

Inauguramos exposición!!!
Uxío López preséntanos a súa obra "A diferenza repetida".
Este venres, 19 de xuño, ás 19.30 h.
Agardámosvos!

Último día para visitar a exposición adicada ao fotógrafo alaricano José Suárez
14/06/2026

Último día para visitar a exposición adicada ao fotógrafo alaricano José Suárez

Programa sobre a Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense na Cadena Ser, onde foron entrevistados alumnos, pro...
04/06/2026

Programa sobre a Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense na Cadena Ser, onde foron entrevistados alumnos, profesores e o traballador encargado da Escola.

Dirección

Calle Progreso Nº30
Orense
32003

Horario de Apertura

Lunes 11:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Martes 11:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Miércoles 11:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Jueves 11:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Viernes 11:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Sábado 11:00 - 14:00
Domingo 11:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro Cultural Marcos Valcárcel publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Centro Cultural Marcos Valcárcel:

Compartir

Categoría