O cabalo fosforito

O cabalo fosforito Espacio de creación artística. Cursos, talleres e exposicións orientadas ó fomento das artes pl?

O cabalo fosforito comeza a galopar en Santiago de Compostela pero trasládase a Ourense no 2015. Neste espazo mestúranse tradición e contemporaneidade a partes iguais. Aberto a todo tipo de creación, pero facendo fincapé nas artes plásticas, nas artes gráficas e na fotografía. Descubrindo, difundindo, intercambiando e expresando a creatividade que habita en todos e cada un de nós. O cabalo fosfori

to empieza su galope en Santiago de Compostela pero se traslada a Ourense en el 2015. En este espacio se mezclan tradición y contemporaneidad a partes iguales. Abierto a todo tipo de creación, pero haciendo hincapié en las artes plásticas, las artes gráficas y la fotografía. Descubriendo, difundiendo, intercambiando y expresando la creatividad que habita en todos y cada uno de nosotros.

Comezamos o 5 de outubro!Coma outros anos, xs alumnxs do curso pasado teñen preferencia á hora de reservar praza.A parti...
31/08/2026

Comezamos o 5 de outubro!

Coma outros anos, xs alumnxs do curso pasado teñen preferencia á hora de reservar praza.

A partir do 14 de setembro publicarei as prazas libres e comezará o período para as novas matrículas.

De momento, vou deixando información e horarios:

Debuxo & Pintura

Aulas de 1 hora e media/semana para alumnxs de 12 a 18 anos
45€/mes + matrícula inicial de 40€
Grupos de máximo 6 añumnxs
Todo o material incluido

Comezamos o 5 de outubro!Coma outros anos, xs alumnxs do curso pasado teñen preferencia á hora de reservar praza.A parti...
31/08/2026

Comezamos o 5 de outubro!

Coma outros anos, xs alumnxs do curso pasado teñen preferencia á hora de reservar praza.

A partir do 14 de setembro publicarei as prazas libres e comezará o período para as novas matrículas.

De momento, vou deixando información e horarios:

Debuxo & Pintura

Aulas de 1 hora e media/semana para crianzas de 7 a 11 anos
45€/mes + matrícula inicial de 40€
Grupos de máximo 6 añumnxs
Todo o material incluido

Comezamos o 5 de outubro!Coma outros anos, xs alumnxs do curso pasado teñen preferencia á hora de reservar praza.A parti...
31/08/2026

Comezamos o 5 de outubro!

Coma outros anos, xs alumnxs do curso pasado teñen preferencia á hora de reservar praza.

A partir do 14 de setembro publicarei as prazas libres e comezará o período para as novas matrículas.

De momento, vou deixando información e horarios:

Peque-Arte

Aulas de 1 hora/semana para crianzas de 5-6 anos
40€/mes + matrícula inicial de 40€
Grupos de máximo 6 añumnxs
Todo o material incluido

Onte rematamos o obradoiro intensivo de debuxo e pintura. Catro días nos que exploramos a teoría da cor, o autorretrato,...
24/07/2026

Onte rematamos o obradoiro intensivo de debuxo e pintura.

Catro días nos que exploramos a teoría da cor, o autorretrato, a Mondrian e a Haring... e nos que tamén tivemos tempo a xogar co lápis e os rotus.

Antes de tomarme un tempiño de vacacións, quería deixar esta humilde reflexión por aquí:

non hai debuxos universalmente bonitos,
nin universalmente feos,

cada persoa temos un gusto diferente e por iso as obras de arte nos transmiten cousas diferentes, inclusive poden non chamar a nosa atención para nada, ou fascinarnos

cando dicimos que alguén debuxa ben, ou que alguén pinta mal, reflexionemos: sobre que estándares o facemos?

para min, toda forma de expresión plástica é válida
dame moita mágoa cando noto esa presión nas crianzas por facelo "ben"
para min, facelo ben e facelo con ganas, con curiosidade e con paixón

Algúns dos traballos de fin de curso realizados con   nos grupos de 12 a 18 anos.Cada alumnx escolle a temática que quer...
21/07/2026

Algúns dos traballos de fin de curso realizados con nos grupos de 12 a 18 anos.

Cada alumnx escolle a temática que quere, quedando así unha galería de cadros de fermosa diversidade 🖌️

O vindeiro curso comeza o 5 de outubro.

O traballo de fin de curso é un cadro de temática libre realizado con  Aquí algúns dos que fixeron xs artistas dos grupo...
20/07/2026

O traballo de fin de curso é un cadro de temática libre realizado con

Aquí algúns dos que fixeron xs artistas dos grupos de 7 a 12 anos neste pasado curso.

O vindeiro curso comeza o 5 de outubro.

Unha mostra dos últimos traballos dos grupos de Peque-Arte do curso 2025/2026
17/07/2026

Unha mostra dos últimos traballos dos grupos de Peque-Arte do curso 2025/2026

Hoxe O cabalo fosforito está de aniversario...🐎 Hai 12 anos que arrancou este proxecto con toda a ilusión e as ganas do ...
29/06/2026

Hoxe O cabalo fosforito está de aniversario...

🐎

Hai 12 anos que arrancou este proxecto con toda a ilusión e as ganas do mundo 🌟

A ilusión vai e ven, as ganas seguen aí.

Moi agradecida por toda a xente que me permite adicarme ao que quero, por traballar en mil cousas creativas e porque todas esas cousas me nutren e me fan medrar.

Non me da o tempo nin o espazo desta rede social para facer un resumo de todo o que aconteceu, de todas as persoas que coñecín...

Cústame imaxinar... como será dentro de doce anos?
Xa se verá!

Xa o veremos 👀

07/05/2026

-
Reposición de camis e suadoiros para 🤘
ide mercalos todos! Apoiade o local

Grazallas pola confianza!

Grazallas tamén a
que me axudou na serigrafía ✳️
e a .artunduaga polo vídeo 📹
Estas semanas están a facer as súas prácticas comigo 🙃



A finais deste mes tedes unha cita dobre:Pola mañá, obradoiro da man do artista .metztli:"O baúl de Frida"exploramemos a...
05/05/2026

A finais deste mes tedes unha cita dobre:

Pola mañá, obradoiro da man do artista .metztli:
"O baúl de Frida"
exploramemos a través do "xogo da mariquita" e de Frida Kahlo ideas coma o respecto, a lealdade, a transgresión de esteteotipos de xénero e a vestimenta como acto político, entre outras...

Pola tarde, presentación do dobre poemario:
Tequio e Zomalli
dúas antoloxías poéticas ilustradas por diferentes autorxs sobre estas dúas temáticas, dúas palabras que veñen do náhuatl: Tequio significa tributo ou traballo e Zomalli, coraxe.



Dirección

Avenida De Marín 37
Orense
32001

Horario de Apertura

Lunes 16:00 - 20:00
Martes 16:00 - 20:00
Miércoles 16:00 - 20:00
Jueves 16:30 - 20:00
Viernes 16:00 - 19:00

Teléfono

+34988782686

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando O cabalo fosforito publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a O cabalo fosforito:

Atajos

Compartir

Categoría