OUFF · Ourense Film Festival

OUFF · Ourense Film Festival 31ª edición. Do 25 de setembro ao 4 de outubro de 2026.
(1)

A sección Inédito renóvase e dá un salto no  ! 🎬✨Eliminamos calquera barreira xeográfica para converter Inédito nunha gr...
03/09/2026

A sección Inédito renóvase e dá un salto no ! 🎬✨

Eliminamos calquera barreira xeográfica para converter Inédito nunha grande fiestra do mellor cinema internacional recente! As salas de Galicine no Ponte Vella Centro Comercial y Ocio acollerán cinco grandes títulos nesta edición, e hoxe desvelamos os dous primeiros:

🎬 'Napoli New York' (estrea nacional).
Dirixida polo gañador do Oscar Gabriele Salvatores, leva á pantalla unha estrea histórica: un guión inédito de Federico Fellini escrito en 1948 xunto a Tullio Pinelli e atopado nun baúl case 70 anos despois. Todo un éxito en Italia que chega en exclusiva a Ourense!

🎬 'The Man I Love'
Longametraxe de Ira Sachs, protagonizada polo gañador do Oscar Rami Malek. Tras triunfar no Festival de Cannes e pasar polo Festival Internacional de San Sebastián, chega ao festival nunha oportunidade única antes da súa estrea comercial en cines, prevista para 2027.

Preparaos para g***r do cinema máis exclusivo!

🤝 O OUFF conta coa Deputación de Ourense, Cultura de Galicia, Turismo de Galicia, Galicia Calidade, .



[ES]
¡La sección Inédito se reinventa en el ! 🎬✨ Eliminamos fronteras geográficas para traer a Galicine en el CC Ponte Vella el mejor cine internacional inédito en salas comerciales.
Desvelamos los 2 primeros títulos:
🎬 'Napoli New York': estreno nacional del guion inédito de Federico Fellini dirigido por Gabriele Salvatores.

🎬 'The Man I Love': con el ganador del Oscar Rami Malek, tras su paso por Cannes y San Sebastián (¡no llegará a cines hasta 2027!).

[ENG]
The Inédito section reinvents itself at ! 🎬✨ Unreleased international cinema arrives at Galicine (CC Ponte Vella).
First 2 titles revealed:
🎬 'Napoli New York': national premiere of a forgotten Federico Fellini script directed by Oscar-winner Gabriele Salvatores.

🎬 'The Man I Love': starring Oscar-winner Rami Malek, fresh from Cannes and San Sebastián.

Xa coñecemos os títulos da Sección Oficial de Curtametraxes do  ! 🎬✨Unha coidadosa selección de 18 traballos que amosan ...
02/09/2026

Xa coñecemos os títulos da Sección Oficial de Curtametraxes do ! 🎬✨

Unha coidadosa selección de 18 traballos que amosan a enorme vitalidade, diversidade e forza narrativa do formato curto. Desde propostas intimistas e arriscadas ata historias de ficción e documental que compitirán polos galardóns desta edición:

🔹 Prayer, de Sofía Geweiler.
🔹 Cremada, de Arianna Giménez.
🔹 Orosi, de Mohammad Hormozi.
🔹 Chronique printanière de la famille d'un mort-vivant, de Lili Hiriart.
🔹 Química, de Senin Porto.
🔹 The mine, de Shijun Liu.
🔹 El relevo, de Bárbara Fernández y David Mendizábal.
🔹 La culpa de Caín, de Arturo López.
🔹 Vital, de Amir Zargara.
🔹 Dreieck, de Saladin Dellers y Kim Culetto.
🔹 Baja la marea, de Óscar Villarroya.
🔹 Minuto 91, de Adam Yadlovskyi.
🔹 Polígono X, de Néstor López.
🔹 Trophae, de Benjamin Hujawa.
🔹 Norheimasund, de Ana Alpizar.
🔹 Samba infinito, de Leonardo Martinelli.
🔹 No son tus ojos, de Varo López y Alejandro Guisando.
🔹 Consolatio, de Pedro M. Afonso.

🌐 Consulta toda a información, sinopses e horarios de proxección na nosa web 👉 https://ouffestival.gal/gl/films/seccion-oficial-curtametraxes/

🤝 O OUFF conta co apoio de Deputación de Ourense, Cultura de Galicia, Turismo de Galicia, Galicia Calidade,



[ESP]
¡Ya están aquí los 18 títulos de la Sección Oficial de Cortometrajes del ! 🎬✨ Una selección que reúne el talento emergente y consolidado del formato corto en competición.

🌐 Consulta las fichas completas y sinopsis en ouffestival.gal

[ENG]
Official Short Film Competition lineup announced for ! 🎬✨ 18 short films competing for the main awards, showcasing diverse styles and powerful storytelling.

🌐 Full lineup at ouffestival.gal

31/08/2026

Unha noite diferente, orixinal e chea de boa enerxía no noso autocine! 🚗✨

A resposta do público non puido ser mellor. Coches cheos, sintonías a punto e unha experiencia que encantou a quen se achegou ao aparcadoiro do Complexo Deportivo de Monterrei. É unha satisfacción enorme ver como esta iniciativa se converteu nunha velada tan especial e chea de bo ambiente para g***r do cinema dende outra perspectiva.

Moitísimas grazas a todas e todos pola acollida, polo entusiasmo e por facer desta cita todo un éxito! 🙌

🤝 O OUFF conta coa Deputación de Ourense, Cultura de Galicia, Turismo de Galicia, Galicia Calidade, .



[ES]
¡Una noche diferente y todo un éxito de público en nuestro autocine! 🚗✨ Nos encantó ver la gran acogida de esta iniciativa y las buenas sensaciones de todos los que os acercasteis a Monterrei a disfrutar del cine de una forma distinta. ¡Gracias por hacerlo posible!

[ENG]
A different kind of night and a huge success at our drive-in cinema! 🚗✨ We loved seeing such great feedback and energy from everyone who joined us in Monterrei to enjoy movies in a whole new way. Thank you for making it so special!

O cinema con carácter ourensán volverá ser protagonista do noso festival coa sección   🐙, 10 proxeccións que propoñen un...
31/08/2026

O cinema con carácter ourensán volverá ser protagonista do noso festival coa sección 🐙, 10 proxeccións que propoñen un percorrido por diferentes xeracións, xéneros e formas de entender o audiovisual. Valas perder? 😀

🔹 Todo pode esperar, de Borja Casal.
🔹 Ferrín Arraiano, de Aser Álvarez.
🔹 Mulleres en Parada de Sil, de Sabela Rodríguez.
🔹 Cando o vento arde, de Alfonso Arturo Álvarez.
🔹 O Felo, de Suso Costa.
🔹 As maos da pulpeira, de Silvia Cachafeiro.
🔹 El silencio de Allen Robert Angelo, de Marzo Lozano.
🔹 Dopamina Zero, de Rodrigo Marini.
🔹 Dos Gardenias, de Juan Hervella-Rego.
🔹 Robó y ganó, de Aldán Michinel.

📍 No Cineclube Padre Feijoo.
🎟️ Con entrada de balde.
🌐 Visita a nosa web para ler as sinopses e anotar as túas favoritas! Hai documentais, thrillers, comedias criminais...

🤝 O OUFF conta coa Deputación de Ourense, Cultura de Galicia, Turismo de Galicia, Galicia Calidade, .



[ESP]
El cine con carácter ourensano vuelve a ser protagonista del OUFF con , 10 proyecciones que ofrecen un recorrido por diferentes generaciones, géneros y formas de entender el audiovisual. ¿Te lo vas a perder?

📍 Pases en el Cineclube Padre Feijóo.
🎟️ Entrada gratuita.
🌐 Visita nuestra web para leer las sinopsis y elegir tus favoritas.

[ENG]
Cinema with a touch of Ourense returns as one of the main highlights of the OUFF with , ten screenings that offer a journey through different generations, genres, and ways of understanding audiovisual creation. Are you going to miss it?

📍 Screenings at Cineclube Padre Feijóo.
🎟️ Free admission.
🌐 Visit our website to read the synopses and choose your favorites.

Éxito absoluto e un ambiente inmellorábel no noso autocine! 🌙🚗🎬Moitísimas grazas a todas as persoas que vos achegastes o...
28/08/2026

Éxito absoluto e un ambiente inmellorábel no noso autocine! 🌙🚗🎬

Moitísimas grazas a todas as persoas que vos achegastes onte á noite ao aparcadoiro do Complexo Deportivo de Monterrei para vivir esta experiencia cinematográfica tan especial. A gran afluencia de público e a maxia de desfrutar de 'Mientras duermes' desde o coche fixeron desta sesión ao aire libre un dos momentos máis orixinais e emotivos da programación previa do , que ademais contou coa presenza de Márcos Vázquez, director técnico do OUFF e director da Área de Cultura da Deputación de Ourense e Óscar Doviso, o seu director artístico.

Grazas por acompañarnos e por facer tremer a pantalla con tanto suspense! Repetiremos seguro! 🙌✨

🤝 O OUFF conta coa Deputación de Ourense, Cultura de Galicia, Turismo de Galicia, Galicia Calidade, .



[ES]
¡Éxito total en la noche de autocine del ! 🌙🚗🎬 Muchísimas gracias a todos los que os acercasteis ayer al Complejo Deportivo de Monterrei para disfrutar de "Mientras duermes". ¡Gran afluencia de público, fantástico ambiente y una experiencia de cine inolvidable bajo las estrellas!

[ENG]
A huge success at the drive-in cinema night! 🌙🚗🎬 Thank you so much to everyone who joined us yesterday at the Monterrei Sports Complex to watch "Sleep Tight". Great turnout, amazing atmosphere, and a movie night under the stars to remember!

'Las hijas de la criada' chega á sección Fóra de Serie do  ! 🎬📺O vindeiro mércores 30 de setembro, Ourense acollerá a pr...
28/08/2026

'Las hijas de la criada' chega á sección Fóra de Serie do ! 🎬📺

O vindeiro mércores 30 de setembro, Ourense acollerá a presentación da superprodución de Atresmedia que adapta a aclamada novela de Sonsoles Ónega (Premio Planeta 2023). Unha fascinante saga familiar ambientada na Galicia de 1890 repleta de poder, vinganza e paixón. Contaremos coa visita das actrices Carlota Baró e Martina Cariddi, dous dos rostros protagonistas do elenco, que nos acompañarán nesta xornada tan especial.

Información clave:
📍 13:00 h » Presentación no CC Marcos Valcárcel (coa proxección dunha peza en vídeo enviada por Sonsoles Ónega).
📍 19:30 h » Proxección especial no Teatro Principal, co adianto dun dos capítulos da serie aínda non emitido e o encontro coas protagonistas.
🎟️ Entrada libre ata completar capacidade.

🤝 O OUFF conta co apoio de Deputación de Ourense, Cultura de Galicia, Turismo de Galicia, Galicia Calidade,



[ESP]
¡'Las hijas de la criada llega a la sección Fóra de Serie del ! 🎬📺 El miércoles 30 de septiembre presentamos la superproducción de Atresmedia basada en la novela de Sonsoles Ónega (Premio Planeta 2023), con la presencia de sus protagonistas Carlota Baró y Martina Cariddi.

📍 13:00 h: Presentación en el CC Marcos Valcárcel (con vídeo de Sonsoles Ónega.
📍 19:30 h: Proyección especial en el Teatro Principal, con el adelanto de uno de los capítulos de la serie aún no emitidos y el encuentro con las protagonistas.
🎟️ Entrada libre hasta completar aforo.

[ENG]
'Las hijas de la criada' comes to the Fóra de Serie section at ! 🎬📺 On Wednesday, September 30, we present the exclusive launch of Atresmedia’s flagship series based on Sonsoles Ónega's novel (Premio Planeta 2023), with lead actresses Carlota Baró and Martina Cariddi attending.

📍 13:00: Press conference at CC Marcos Valcárcel (featuring a video message from Ónega).
📍 19:30: Special screening at Teatro Principal.
🎟️ Free entry until full capacity.

Aínda falta case un mes para un novo OUFF... pero o Festival RIR · International Comedy Shortfilm Festival de Allariz, e...
27/08/2026

Aínda falta case un mes para un novo OUFF... pero o Festival RIR · International Comedy Shortfilm Festival de Allariz, está á volta da esquina! 😆 Animádesvos a ir?

🗓️ Do 30 de agosto ao 5 de setembro, pasarán polo RiR máis de 30 curtas dispostar a sorprender, a emocionar e, o máis importante, a provocar as gargalladas do público. 🤣🤣

O festival conta, coma o OUFF, co apoio da Deputación de Ourense, e é unha boa oportunidade para relaxar o corpo e desfrutar dos últimos días do verán. 👌

🔁 Comparte esta publicación cos teus amigxs para un plan de cine!



[ESP]
Falta casi un mes para un nuevo OUFF... pero el RiR, que también cuenta con el apoyo de la Deputación de Ourense, ¡está a la vuelta de la esquina!

🗓️ Del 30 de agosto al 5 de septiembre, con más de 30 cortos dispuestos a sorprender y hacerte reír a carcajadas. 🤣🤣

🔁 Comparte esta publicación con tus amigos para un plan de cine ¡y risas!

[ENG]
Almost one month to go until a new OUFF… but the RiR, which also has the support of the Ourense Provincial Council, is just around the corner!

🗓️ From August 30 to September 5, with more than 30 short films ready to surprise you and make you laugh out loud. 🤣🤣

🔁 Share this post with your friends for a perfect plan of cinema and laughs!

O autocine chega ao  ! 🌙🚗Este xoves 27 de agosto ás 23:00 h, o aparcadoiro do Complexo Deportivo de Monterrei (Pereiro d...
26/08/2026

O autocine chega ao ! 🌙🚗

Este xoves 27 de agosto ás 23:00 h, o aparcadoiro do Complexo Deportivo de Monterrei (Pereiro de Aguiar) converterase nunha pantalla xigante sobre rodas. Proxectaremos o thriller psicolóxico "Mientras duermes", de Jaume Balagueró, protagonizado por un inquietante Luis Tosar (+16). Unha experiencia inmersiva e chea de suspense para desfrutar do cine ao aire libre desde o teu propio coche!

Información clave:
🎟️ Entrada: gratuíta e libre ata completar capacidade (máximo 70 vehículos).

📻 Podes escoitar a peli a través da radio FM do teu coche.

📍 Lugar: aparcadoiro do Complexo Deportivo de Monterrei (xusto despois das canchas e a pista de atletismo).

💡 Recorda apagar as luces dianteiras e o motor unha vez estacionado.

🤝 O OUFF conta coa Deputación de Ourense, Cultura de Galicia, Turismo de Galicia, Galicia Calidade, .



[ES]
¡Llega el Autocine del OUFF! 🌙🚗 Este jueves 27 de agosto a las 23:00 h proyectamos “Mientras duermes” (Jaume Balagueró, protagonizada por Luis Tosar, +16) en el aparcamiento del Complejo Deportivo de Monterrei (Pereiro de Aguiar).

🎟️ Gratuito (hasta completar aforo, máx. 70 coches) | 📻 Audio por FM

[ENG]
Drive-in cinema is here! 🌙🚗 On Thursday, Aug 27 at 23:00, enjoy “Sleep Tight” (“Mientras duermes”) by Jaume Balagueró at the Monterrei Sports Complex parking lot.

🎟️ Free entry (max 70 cars) | 📻 Audio via FM radio

Hoxe estrénase nos cines "Tadeo Jones y la lámpara maravillosa"! 🎬🍿 E no   temos a escusa perfecta para celebralo por to...
26/08/2026

Hoxe estrénase nos cines "Tadeo Jones y la lámpara maravillosa"! 🎬🍿 E no temos a escusa perfecta para celebralo por todo o alto!

Enrique Gato, o creador e director do arqueólogo máis famoso do noso cinema, estará en Ourense o vindeiro 2 de outubro! Acompañado pola aclamada produtora e directora galega Chelo Loureiro, protagonizará o Foro La Región coa mesa "A evolución da animación". Unha oportunidade única para coñecer os segredos de produción, a tecnoloxía e o futuro deste xénero dende dentro.

🗓️ Mércores, 2 de outubro
⏰ 20:30 h
📍 Centro Cultural Marcos Valcárcel
🎟️ Entrada libre!

Corre ao cine a ver a nova película e garda a data no calendario!

🤝 O OUFF conta co apoio de Deputación de Ourense, Cultura de Galicia, Turismo de Galicia, Galicia Calidade,



[ES]
¡Hoy se estrena en cines "Tadeo Jones y la lámpara maravillosa"! 🎬🍿 Y en el lo celebramos anunciando que su creador, Enrique Gato, estará en Ourense el 2 de octubre junto a la productora Chelo Loureiro en el Foro La Región sobre "La evolución de la animación".

🗓️ 2 de octubre | ⏰ 20:30 h | 📍 C.C. Marcos Valcárcel
🎟️ Entrada libre hasta completar aforo

[ENG]
"Tadeo Jones y la lámpara maravillosa" hits theaters today! 🎬🍿 To celebrate, announces that its creator Enrique Gato and producer Chelo Loureiro will be in Ourense on Oct 2 for a panel discussion on "The Evolution of Animation".

🗓️ Oct 2 | ⏰ 20:30 | 📍 C.C. Marcos Valcárcel
🎟️ Free entry

Xornalistas, fotógrafos, críticos e creadores de contido xa podedes solicitar o voso pase de prensa para a 31ª edición d...
25/08/2026

Xornalistas, fotógrafos, críticos e creadores de contido xa podedes solicitar o voso pase de prensa para a 31ª edición do Ourense Film Festival. Coa acreditación poderedes acceder ás rodas de prensa, galas, photocalls, alfombra vermella e pases de película.

Información clave:

📝 Inscrición: exclusivamente online a través do formulario da nosa web (ouffestival.gal).

⏰ Data límite: 22 de setembro de 2026.

🎟️ Recollida: a partir do venres 25 de setembro, de xeito persoal e intransferible presentando a confirmación.

🔗 Tes toda a información sobre os requisitos, vantaxes e o formulario de solicitude na web! 👉https://ouffestival.gal/gl/acreditacions/

🤝 O OUFF conta coa Deputación de Ourense, Cultura de Galicia, Turismo de Galicia, Galicia Calidade, .



[ES]
¡Abierto el plazo de acreditaciones de prensa para el ! 🎥📰 Periodistas y medios de comunicación ya podéis solicitar vuestra acreditación para cubrir la 31ª edición del festival.

🗓️ Fecha límite: 22 de septiembre de 2026.

🎟️ Recogida: a partir del viernes 25 de septiembre (personal e intransferible).

🔗 Consulta las condiciones completas y accede al formulario de solicitud en la web 👉https://ouffestival.gal/es/acreditaciones/

[ENG]
Press accreditation for is now open! 🎥📰 Journalists, photographers, and media professionals can now apply for press credentials for the 31st Ourense Film Festival.

🗓️ Deadline: September 22, 2026.
🔗 Full guidelines, requirements, and application forms are available at ouffestival.gal

Dirección

C/ Cardenal Quevedo, 36 Bajo
Orense
32004

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando OUFF · Ourense Film Festival publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría