Gratia Plena

Gratia Plena O festival ten lugar no mes de marzo, nos domingos previo e posterior ao día 8, Día Internacional da Muller.

A Fundación Santa Marina de Temes organiza GRATIA PLENA - un festival en feminino - evento que pretende dar a coñecer o traballo das mulleres artistas nun espazo de gran valor patrimonial, a capela do Santo Anxo do barrio do Couto (Ourense). A Fundación Santa Marina de Temes organiza GRATIA PLENA - un festival en feminino - evento que pretende dar a coñecer o traballo das mulleres artistas nun esp

azo de gran valor patrimonial que pertence á Fundación, a capela do Santo Anxo no barrio ourensán do Couto. Esta capela do ano 1925 é obra do arquitecto Daniel Vázquez-Gulías, polo que este pequeno festival permite ademáis contemplala en todo o seu esplendor ás 12h da mañá, hora do Ánxelus. GRATIA PLENA lévanos pola música e os textos das artistas e das creadoras, por un camiño sen dúbida marabilloso, por un camiño cheo de gracia.

A poucas semanas da quinta edición de Santa Cristina in musica “un diálogo musical na Ribeira Sacra”, que este ano apost...
26/08/2026

A poucas semanas da quinta edición de Santa Cristina in musica “un diálogo musical na Ribeira Sacra”, que este ano aposta por reforzar a candidatura a Patrimonio Mundial da Humanidade programando músicas de raiz ibérica xa recoñecidas como tal pola UNESCO.
O sábado 26 de setembro ás 18.30h teremos a oportunidade excepcional e única de recibir ao guitarrista Álvaro Martinete, unha estrela do flamenco que presenta novo CD “Sonidos de mi guitarra”.

Álvaro ten numerosos premios e galardóns, entre os que destacan o Premio “Bordón Minero” no Festival Internacional Cante de las Minas de La Unión 2021 e o Premio Paco de Lucía da SGAE 2024.

Todo un luxo!! Non volo perdades!!

Entradas dispoñibles en Musical González (R/ Diaz de la Banda 12B, Ourense, tel. 988 237209). Tamén online en http://santacristinainmusica.eventbrite.com

Santa Cristina in musica está organizado polo Concello Parada de Sil (Ourense) e conta co apoio do Ribeira Sacra Consorcio de Turismo, do Inorde, da Asociación Pórtico Musical e da adega Ponte da Boga.

Comeza a conta atrás para a quinta edición de Santa Cristina in musica, que este ano quere apoiar a candidatura da Ribei...
19/08/2026

Comeza a conta atrás para a quinta edición de Santa Cristina in musica, que este ano quere apoiar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade con músicas de raiz ibérica xa recoñecidas como tal pola UNESCO.

O sábado 19 de setembro ás 18.30h o guitarrista portugués Ricardo J.Martins presentará o programa “A voz da guitarra portuguesa”, un percorrido por temas tradicionais, arranxos e temas propios, nunha proposta que amosa a versatilidade do instrumento, alma da cultura do pais veciño.

Habitual dos escenarios portugueses e de medio mundo, Ricardo trae ao mosteiro de Santa Cristina ese son inconfundible e único.

Non faltedes!

Santa Cristina in musica está organizado polo Concello Parada de Sil e conta co apoio do Ribeira Sacra Consorcio de Turismo, do Inorde, da Asociación Pórtico Musical e da Adega Ponte da Boga.

Entradas online dispoñibles en http://santacristinainmusica.eventbrite.com e tamén en Musical Gonzalez (R/ Diaz de la Banda 12B, Ourense, tel. 988 237209).

A pouco máis dun mes do concerto de guitarra portuguesa de Ricardo J. Martins na V edición de Santa Cristina in musica, ...
09/08/2026

A pouco máis dun mes do concerto de guitarra portuguesa de Ricardo J. Martins na V edición de Santa Cristina in musica, un diálogo musical na Ribeira Sacra!! Entradas dispoñibles en Musical Gonzalez (Rúa Diaz de la Banda 12B, Ourense, tel. 988 237209). Tamén online en http://santacristinainmusica.eventbrite.com
Capacidade limitada. Asegúrate xa a túa!!

Queremos felicitar a Spanish Brass, el fantástico quinteto de metales que clausuró el Festival Pórtico do Paraíso el pas...
19/07/2026

Queremos felicitar a Spanish Brass, el fantástico quinteto de metales que clausuró el Festival Pórtico do Paraíso el pasado año en el Monasterio de Oseira, ya que hoy estará en Nueva York interpretando el himno nacional en la final del mundial de fútbol!!! Enhorabuena!!!

Entradas dispoñibles para a V edición de Santa Cristina in musica, un diálogo musical na Ribeira Sacra, en Musical Gonza...
02/07/2026

Entradas dispoñibles para a V edición de Santa Cristina in musica, un diálogo musical na Ribeira Sacra, en Musical Gonzalez (Rúa Diaz de la Banda 12B, Ourense, tel. 988 237209). Tamén online en http://santacristinainmusica.eventbrite.com
Asegúrate xa a túa!

Así recolle o diario O Sil a presentación de onte desta nova edición de Santa Cristina in musica...
26/06/2026

Así recolle o diario O Sil a presentación de onte desta nova edición de Santa Cristina in musica...

  O Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil) acollía esta mañá a presentación da quinta edición do “Festival Santa Cristina in Musica”, nun acto que contaba co alcalde deste municipio Aquilino Domínguez, e con Conchi da Silva de Shelly Art Management . Este ciclo, organi...

Esta mañá presentamos a quinta edición de Santa Crsitina in musica - un diálogo musical na Ribeira Sacra!!Este ciclo ten...
25/06/2026

Esta mañá presentamos a quinta edición de Santa Crsitina in musica - un diálogo musical na Ribeira Sacra!!

Este ciclo ten lugar no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, unha auténtica xoia do Románico, e está organizado polo Concello de Parada de Sil (Ourense).

Os concertos son o sábado 19 e o sábado 26 de setembro ás 18:30h e os convidados nesta ocasión son Ricardo J.Martins “A voz da guitarra portuguesa” e o aclamado guitarrista flamenco Álvaro Martinete, Premio SGAE Paco de Lucía 2024.

Estes exponentes da tradición cultural e musical ibérica recoñecidas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, conectan a quinta edición do festival coa candidatura da Ribeira Sacra a dito recoñecemento, que se resolverá a finais de xullo.

Santa Cristina in musica conta coa colaboración do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, da Deputación de Ourense a través do Inorde, da Asociación Pórtico Musical e da Adega Ponte da Boga.
Grazas por facelo posible un ano máis! Grazas tamén ao Concello de Parada de Sil e especialmente ao seu alcalde Aquilino Domínguez por apoiar á cultura!

A nosa clausura vai a ser espectacular unha vez máis!! O último concerto desta 19ª edición celebrarase mañá domingo 17 á...
16/05/2026

A nosa clausura vai a ser espectacular unha vez máis!! O último concerto desta 19ª edición celebrarase mañá domingo 17 ás 19h no Mosteiro de Oseira. Este grandioso lugar, recibirá no seu refectorio ao pretixioso cuarteto de corda SEIKILOS para pechar cun programa de luxo o Pórtico 2026. Os músicos interpretarán para nós tres "monumentos musicais" para esta formación: La oración del torero de Turina, o Cuarteto en Fa M de Ravel e La muerte y la Doncella de Schubert...marabilla pura!!
Máis información e entradas online en: https://www.porticodoparaiso.com/cuarteto-seikilos/
Tamén entradas dispoñibles desde as 18h no propio Mosteiro.
Un Festival patrocinado pola Deputación de Ourense, e pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia. Colabora a Clinica dental Parracia.

Hoxe xoves, terceiro concerto do Festival, no Liceo de Ourense ás 20h. O prestixioso pianista Alex Alguacil interpretará...
14/05/2026

Hoxe xoves, terceiro concerto do Festival, no Liceo de Ourense ás 20h. O prestixioso pianista Alex Alguacil interpretará un programa con obras de Liszt e Granados.
Máis información e entradas online en https://www.porticodoparaiso.com/alex-alguacil/. Tamén entradas físicas dispoñibles na cidade de Ourense, en Musical González (tel. 988 23 72 09) ou no Liceo.
Un Festival patrocinado pola Deputación de Ourense, e pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia. Colabora a Clinica dental Parracia.

Dirección

Orense

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Gratia Plena publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Gratia Plena:

Compartir

Categoría