El Pueblo Café Cultural

El Pueblo Café Cultural Cultura para todas!
(257)

Despois de tres encontros cheos de poesía, historias, emocións e voces que se animaron a compartir algo diante dun micro...
07/09/2026

Despois de tres encontros cheos de poesía, historias, emocións e voces que se animaron a compartir algo diante dun micro, volvemos abrir este pequeno espazo para a palabra libre en Ourense.

Seguimos construíndo entre todas un lugar onde escoitar e ser escoitadas. Inspirado nos Speakers’ Corner, aquí teñen cabida poemas, monólogos, relatos, reflexións, cancións, historias ou simplemente algo que che apeteza contar.

Non fai falta experiencia.
Non hai que ser poeta, escritora nin artista.
Só ter algo que contar.

📅 Venres 11 de setembro
🕣 Desde as 20:30
📍 El Pueblo Café Cultural

Podes vir participar ou simplemente achegarte a escoitar.

Trae as túas palabras.
Nós poñemos o micro. 🎤

Organiza Antía Balvís
Mil gracias!

SUCIO· ANDRÉS SUÁREZExposición · SetembroEste mes as paredes do Pueblo cambian de pel.Andrés Suárez, .ilustracion, compa...
01/09/2026

SUCIO· ANDRÉS SUÁREZ
Exposición · Setembro

Este mes as paredes do Pueblo cambian de pel.

Andrés Suárez, .ilustracion, compañeiro de barra e formado en Ilustración na EASD Antonio Faílde, ocupa o espazo cunha selección de traballos atravesados polo graffiti, o debuxo e a cultura de rúa.

Trazos, personaxes, manchas e referencias urbanas que constrúen un imaxinario persoal entre a ilustración e a linguaxe do graffiti.

Gústanos especialmente que desta volta quen está detrás das obras sexa tamén alguén que forma parte do día a día do Pueblo.

Durante todo setembro.
Nas paredes do Pueblo.

Vide velo.
ilustracion

SUCIO· ANDRÉS SUÁREZ LOMBARDERO

Exposición · Septiembre

Este mes las paredes de El Pueblo cambian de piel.

Andrés Suárez, .ilustracion, compañero de barra y formado en Ilustración en la EASD Antonio Faílde, ocupa el espacio con una selección de trabajos atravesados por el graffiti, el dibujo y la cultura de calle.

Trazos, personajes, manchas y referencias urbanas que construyen un imaginario personal entre la ilustración y el lenguaje del graffiti.

Nos gusta especialmente que esta vez quien está detrás de las obras sea también alguien que forma parte de la familia de El Pueblo.

Durante todo septiembre.
En las paredes del Pueblo.

Venid a verlo.
ilustracion

🌱✨ BOTAR RAÍCES ✨🌱O proxecto segue medrando.Este xoves celebramos o terceiro encontro de Botar Raíces no Pueblo 🪴Un espa...
21/07/2026

🌱✨ BOTAR RAÍCES ✨🌱

O proxecto segue medrando.

Este xoves celebramos o terceiro encontro de Botar Raíces no Pueblo 🪴

Un espazo mensual para compartir plantas, esqueixes, sementes, coñecementos e, sobre todo, para crear comunidade arredor do mundo vexetal. 🌿

Pouco a pouco imos facendo medrar esta pequena rede verde. Ademais do intercambio de plantas, queremos que Botar Raíces sexa un punto de encontro onde teñan cabida futuras charlas, obradoiros e actividades relacionadas coa natureza, o cultivo e os coidados.

Trae algún esqueixe, unha planta, sementes… ou simplemente ganas de pasar un bo rato e coñecer xente con intereses similares. Non fai falta traer nada para participar. 🌼

🍺 Cañas, música e “ambiente tranquilo”
🌱 Intercambio de plantas, esqueixes e sementes
🪴 Un espazo para aprender, compartir e crear comunidade en Ourense

Grazas 🫶

📍 El Pueblo Café Cultural
📅 Xoves 23 de xullo
🕗 Dende as 20:00
📌 Rúa Hernán Cortés 26, Ourense

Despois de seis anos, Juke Joint volve ás pistas cunha noite dedicada ao mellor Rhythm & Blues e Rare Soul.Macky, Andrea...
10/07/2026

Despois de seis anos, Juke Joint volve ás pistas cunha noite dedicada ao mellor Rhythm & Blues e Rare Soul.

Macky, Andrea, David e Vaiche serán os encargados de poñer a música, cunha selección de Northern Soul, Modern Soul, Latin, Crossover, Lowrider, Funky Edge e todo o que faga falta para manter a pista en movemento.

🗓️ Sábado 11 de xullo
🕚 De 23:00 a peche
📍 El Pueblo Café Cultural · Rúa Hernán Cortés, 26 · Ourense

Se che gusta a música negra, o soul e bailar sen parar, esta é a túa noite.

Agardámosvos para celebrar xuntos o regreso de Juke Joint Party! 💛🎶

A terceira edición do noso Micro Aberto xa está aquí. 🎙️Despois de dúas noites cheas de poesía, historias, risas, emoció...
29/06/2026

A terceira edición do noso Micro Aberto xa está aquí. 🎙️

Despois de dúas noites cheas de poesía, historias, risas, emocións e persoas que se atreveron a compartir as súas palabras, volvemos abrir o micro.

Seguimos construíndo un pequeno recuncho da palabra libre en Ourense. Un espazo inspirado nos Speakers’ Corner, onde teñen cabida poemas, monólogos, relatos, reflexións ou calquera cousa que che apeteza contar diante dun micro.

Non fai falta experiencia.
Só algo que contar.

🗓️ Sábado 4 de xullo
🕣 Desde as 20:30
📍 El Pueblo Café Cultural

Trae as túas palabras.
Nós poñemos o micro. 🎤

Esta finde no Pueblo temos tres eventazos!O primeiro este Xoves ás 22 coa colaboracion de   e  chegan . Máis de 20 anos ...
24/06/2026

Esta finde no Pueblo temos tres eventazos!

O primeiro este Xoves ás 22 coa colaboracion de e chegan . Máis de 20 anos de estrada, centos de concertos e unha reputación construída a base de directos demoledores.

Entradas 12/15 DM ou directamente no Pueblo.

O venres continuamos coa programación de postpunk de Jose. Duas bandas que nos farán transitar atmosferas oscuras e elegantes de sintes e guitarras magneticas. e .band

🎟️ 10€ en taquilla

E o sábado rematamos bailando na presentación de con e dende a tardiña co aire acondicionado e e unhas birras e combinadoa fresquiños. De balde.

Fai calor, moitos festis, pero aquí sobrevivimos con boa música e acollendo conexións bonitas entre xentes da resitencia musical.

Vente!

🎙️ MICRO ABERTO VOLVE AO POBOA primeira edición foi todo un éxito grazas ao traballo de  . Houbo poesía, historias, risa...
21/05/2026

🎙️ MICRO ABERTO VOLVE AO POBO

A primeira edición foi todo un éxito grazas ao traballo de . Houbo poesía, historias, risas, nervios e moitas ganas de volver coller o micro.

Este mércores seguimos construíndo un pequeno recuncho da palabra libre en Ourense. Un lugar inspirado nos Speakers’ Corner, onde compartir poemas, monólogos, reflexións ou calquera cousa que mereza ser escoitada.

Non fai falta experiencia.
Só algo que contar.

🗓️ Mércores 27 de maio
🕣 Desde as 20:30
📍 El Pueblo Café Cultural

Trae as túas palabras.
Nós poñemos o micro

🌱✨ BOTAR RAÍCES ✨🌱Voltamos co segundo encontro de “Botar Raíces” no Pueblo 🪴Un espazo mensual pensado para xente á que l...
18/05/2026

🌱✨ BOTAR RAÍCES ✨🌱

Voltamos co segundo encontro de “Botar Raíces” no Pueblo 🪴
Un espazo mensual pensado para xente á que lle gustan as plantas, os esqueixes, as sementes… e todo o que medra cando se comparte 🌿

Nesta edición seguiremos facendo intercambio de esqueixes e plantas, pero a idea é ir facendo crecer o proxecto pouco a pouco con novas actividades, charlas, obradoiros e encontros arredor do mundo vexetal 🌼

Trae algún esqueixe, unha planta, sementes… ou simplemente ganas de coñecer xente con intereses similares 🍃

🍺 Cañas, música e ambiente tranquilo
🌱 Intercambio de plantas e esqueixes
🪴 Comunidade verde en Ourense

📍 El Pueblo Café Cultural
🗓 Mércores 20/05
🕗 Dende as 20:00
📌 Rúa Hernán Cortés 26, Ourense

Porque ás veces tamén hai que botar raíces 🌾💚

Grazas a Edgar pola súa iniciativa!🫂🥰


IntercambioDePlantas UrbanJungle CafeCultural Galicia Comunidade VidaLenta

🌲 HOXE PRESENTAMOS O FOREST 🌲Esta noite tomamos El Pueblo Café Cultural cunha sesión especial para ir quentando motores ...
16/05/2026

🌲 HOXE PRESENTAMOS O FOREST 🌲
Esta noite tomamos El Pueblo Café Cultural cunha sesión especial para ir quentando motores de Dial Forest

Dende as 19:00 ata peche 🔊
tio

@982.wav


Dub • reggae • minimal • house • electrónica • sons lentos e bailes longos 🌙

🎟 Entrada libre
🌲 Sorteamos abonos para o Dial Forest
🍹 Mojitos + baile + comunidade

Se aínda non coñeces o Forest, hoxe é boa noite para entendelo.

Trae á túa xente 🌿

Dirección

Rúa Hernán Cortés, 26
Orense
32005

Horario de Apertura

Miércoles 19:30 - 00:30
Jueves 19:30 - 01:00
Viernes 19:30 - 01:00
Sábado 19:30 - 01:00
Domingo 19:30 - 01:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando El Pueblo Café Cultural publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a El Pueblo Café Cultural:

Atajos

Compartir