03/06/2026
Chama a atención no extenso traballo ao redor de Héroes de refugallo (esculturas, pinturas e a revista que fixo para a expo) a ausencia de solemnidade de Figueiras. El fala das súas obras coma quen conta unha teima persoal, unha acumulación de materiais, unha necesidade de darlles unha última oportunidade ás cousas.
E nos cadros que acompañan as suas esculturas hai algo moi relacionado con iso: aparecen guerreiros, ollos, casas, ruínas, arquitecturas imposibles e figuras que parecen saídas dun lugar entre a memoria e o soño. Pertencen claramente ao mesmo universo. Viven en lugares inconcretos, mentais, entre ruínas, casas que arden, ollos que observan neses paisaxes que semellan recordos deformados polo tempo.
Nas esculturas de Héroes de Refugallo, os materiais atopados atopan unha segunda vida. Nestes cadros, esa mesma mirada constrúe un territorio propio habitado por personaxes, símbolos e pequenas historias que non chegan a explicarse de todo.
Están alí, agardando a quen queira deterse un intre diante delas, nesa espera casi trágica, casi cómica tan coñecida polos artistas.
Ate o 11 de xullo