10/06/2026
MEMORIA MADRE 🌿 Unha experiencia de música e danza ritual que nos convida a conectar coa memoria do corpo, coa natureza e cos saberes ancestrais.
Da man de Francesca Pesce | .pesce08, Giovanni Bisanti | e Gabriele Vizzi | (Apulia, Italia), artistas procedentes de De Finibus Terrae (Italia) e actualmente en residencia na Casa Vella, exploraremos a profunda ritualidade da música e da danza a través dun proceso colectivo de creación e transformación.
🌿 Venres 12 de xuño | 17:00 – 20:00 h
Laboratorio en A Casa Vella.
🌿 Sábado 13 de xuño | 20:00 – 22:00 h
Cerimonia con música e danza na natureza de Amiadoso.
A proposta parte da pegada enerxética do tarantismo para desenvolver unha investigación creativa en diálogo coa Natureza. Durante o laboratorio exploraremos códigos corporais a través da respiración, do movemento e do encontro co propio animal totémico. Un percorrido polos rituais do corpo onde a danza se converte en medicina, memoria e vínculo.
Guiadas e guiados pola música, danzaremos as memorias individuais, colectivas e ancestrais, habitando ese delicado equilibrio entre o abandono total e a escoita dunha guía interior.
✨ Actividade de balde.
➡️ Dentro do V Ciclo de Artes Vivas de Mediación e Exhibición
➡️ Apoiado pola Deputación de Ourense o o Concello de Allariz
➡️ Grazas ✨ Goethe-Institut e Culture Moves Europe
➡️ Actividade subvencionada polo Ministerio de Cultura