12/06/2026
A 13ª edición do Noia Harp Fest acollerá unha das propostas máis singulares da súa programación da man da arpista Beatriz Martínez e da artista sonora Acacia Ojea.
Concebido especificamente para esta edición do festival, o proxecto nace do encontro entre os universos creativos de ambas artistas, explorando o diálogo entre a arpa, a electrónica en directo, a improvisación e as músicas de raíz.
A partir das composicións de Beatriz Martínez e da intervención sonora de Acacia Ojea, o concerto construirá unha experiencia inmersiva en constante transformación, na que tradición e contemporaneidade convivirán nun mesmo espazo de creación.
A proposta contará ademais coa colaboración de Diego Langarika e coa participación de artistas convidadas.
📍 Noia
📅 30 de xullo
Organiza: Nalgures
🪄 Dirección artística: Noia Harp Fest
🫱🏼🫲🏽 Co patrocinio de Concello de Noia
Turismo de Galicia egalicia Concertos do Xacobeo Camino Xacobeo
🫱🏼🫲🏽 Coa colaboración de Deputación da Coruña
Acción Cultural Española, AC/E
AEDA Asociación Española de Arpistas
Sociedade Liceo de Noia
noiaharpfest.gal