Sociedade Liceo de Noia Oficial

Sociedade Liceo de Noia Oficial Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Sociedade Liceo de Noia Oficial, Centro cultural, Alameda s/n, Noya.

✨ Liceo de Noia
💯 Dende 1928 facendo de Noia un punto de encontro cultural
🎭 Teatro | 🎶 Música | 🎤 Humor | 🎨 Arte e exposicións
📅 Actividades para todas as idades durante todo o ano
📍 Noia, A Coruña
🔗 www.liceodenoia.com

🎶 DÚO BLANCA DOBLE – Música para bailar 💃🕺O sábado 26 de setembro temos unha nova cita coa música e o baile no Liceo de ...
04/09/2026

🎶 DÚO BLANCA DOBLE – Música para bailar 💃🕺

O sábado 26 de setembro temos unha nova cita coa música e o baile no Liceo de Noia.

🎤 Dúo Blanca Doble
📅 Sábado 26 de setembro
🕚 23:00 h
📍 Salón de Actos

Unha noite para bailar, compartir e pasalo ben. Vén a bailar connosco! 🎶

🎶 ENCONTRO CORAL · MUSICAL ROCK & TWIST 🎶A música dos anos 60 chega ao Liceo cun encontro moi especial cheo de ritmo, vo...
04/09/2026

🎶 ENCONTRO CORAL · MUSICAL ROCK & TWIST 🎶

A música dos anos 60 chega ao Liceo cun encontro moi especial cheo de ritmo, voces e moito Rock & Twist. 🎙️🎸

🇵🇹 Contaremos coa participación de tres coros chegados de Portugal:
🎵 Coro TAB (Trabalhadores da Autarquia do Barreiro)
🎵 Coro Juvenil BVoice
🎵 Coro de cantares tradicionais étnicos Cant*Alburrica

Baixo a dirección do Mtro. Manuel Gonçalvez.

Como coro anfitrión, participará a Coral Feminina Barbanza de Noia, dirixida polo Mtro. Alejandro Guillermo.

📅 Sábado 19 de setembro
🕘 21:00 h
📍 Salón de Actos da Sociedade Liceo de Noia

Unha noite para desfrutar da música coral dun xeito diferente. 🎶✨

🎱 VOLVE O SÁBADETE AO LICEO! 🎉O sábado 12 de setembro, volven as noites de Liña e Bingo ao Liceo.🕥 Ás 22:30 h🎁 Os premio...
04/09/2026

🎱 VOLVE O SÁBADETE AO LICEO! 🎉

O sábado 12 de setembro, volven as noites de Liña e Bingo ao Liceo.

🕥 Ás 22:30 h
🎁 Os premios de sempre para Liña e Bingo, entregados en vales de compra canxeables nos establecementos de Noia Histórica.

🍀 Anímate a participar e probar sorte!

🔞 Actividade para maiores de 18 anos.

📍 Sociedade Liceo de Noia

📢 AVISO – CAMBIO DE HORARIO EN PILATESInformamos dun cambio no horario dunha das quendas de Pilates para o curso 2026/20...
28/08/2026

📢 AVISO – CAMBIO DE HORARIO EN PILATES

Informamos dun cambio no horario dunha das quendas de Pilates para o curso 2026/2027.

🔄 Horario anterior:
Martes e xoves, de 10:10 a 11:00 h

✅ Novo horario:
Luns e mércores, de 11:15 a 12:05 h

Pregamos que teñades en conta esta modificación á hora de realizar a inscrición.

Sociedade Liceo de Noia

🃏 Rematado o segundo verán de Solpor de Mus na terraza da cafetería do Liceo!Foron 5 fins de semana de xullo e agosto qu...
24/08/2026

🃏 Rematado o segundo verán de Solpor de Mus na terraza da cafetería do Liceo!

Foron 5 fins de semana de xullo e agosto que tiveron o seu punto final o venres pasado, cunha participación récord de 11 parellas, envidando na terraza do Liceo mentres Treixadura poñía a música na Alameda. 🎶

Os organizadores queremos expresar o noso enorme agradecemento a Isa e a todo o equipo da cafetería polo seu aguante, apoio e colaboración. Todo foron facilidades e amabilidade. Sen eles, estas noites de encontro arredor das cartas serían imposibles. ❤️

Tamén queremos agradecer á directiva do Liceo de Noia o seu apoio e permitirnos formar parte das actividades de verán da institución.

E, por suposto, nada disto sería posible sen os museiros e as museiras, que reparten órdagos e bo rollo a partes iguais. 🃏💪

🎄 Próxima cita: o xa tradicional Torneo de Nadal, que chega á súa terceira edición.

Vémonos en decembro! 👋🃏

📢 INSCRICIÓN ACTIVIDADES 2026/2027Xa temos todo preparado para a apertura das inscricións das actividades da Sociedade L...
22/08/2026

📢 INSCRICIÓN ACTIVIDADES 2026/2027

Xa temos todo preparado para a apertura das inscricións das actividades da Sociedade Liceo de Noia.

📅 Apertura das inscricións:
Domingo 30 de agosto ás 10:00 h

💻 A inscrición realizarase de xeito telemático a través do seguinte formulario:

🔗 https://forms.gle/1EHQBDwn5qH8xWT68

🧶 IMPORTANTE: As actividades de Labores e Punto e Crochet realizarán a inscrición presencialmente, tamén a partir do domingo 30 de agosto.

📌 Prazos de inscrición:
• Ioga, Pilates pola tarde, Ioga-Pilates e Hipopresivos: ata o domingo 13 de setembro.
• Resto de actividades: ata o domingo 20 de setembro.

⚠️ O formulario estará dispoñible para enviar inscricións a partir das 10:00 h do domingo 30 de agosto.

Agardámosvos! 💙

🎶 98 ANIVERSARIO DO LICEO DE NOIA 🎶Seguimos celebrando os 98 anos de historia do Liceo de Noia cunha noite de música en ...
20/08/2026

🎶 98 ANIVERSARIO DO LICEO DE NOIA 🎶

Seguimos celebrando os 98 anos de historia do Liceo de Noia cunha noite de música en directo da man de Nostalxias. 🎤🎸

📅 Venres, 28 de agosto
🕚 23:00 h

Unha noite para desfrutar, bailar e compartir xuntos unha celebración moi especial. ✨

🥂 Agardámosvos para celebrar o noso 98 aniversario!

📢 APRAZAMENTO DA PRESENTACIÓNInformamos de que a presentación da novela Urraca. Mujer y Reina, de José Antonio González ...
19/08/2026

📢 APRAZAMENTO DA PRESENTACIÓN

Informamos de que a presentación da novela Urraca. Mujer y Reina, de José Antonio González Queiro, prevista para o 21 de agosto no Liceo de Noia, queda aprazada.

A nova data será comunicada proximamente.

Lamentamos as molestias e agradecemos a vosa comprensión.

Sociedade Liceo de Noia

13/08/2026

🩸 ESTE VERÁN, DOA SANGUE. DOA VIDA ❤️

No verán tamén é fundamental manter as reservas de sangue. Un pequeno xesto, uns minutos do noso tempo, poden significar moito para quen o necesita.

📍 NOIA – Unidade móbil diante do Concello
📅 Xoves, 13 de agosto
📅 Venres, 14 de agosto
🕙 De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h

Desde o Liceo de Noia queremos axudar a difundir esta chamada á solidariedade e animar aos nosos socios e socias, e a toda a veciñanza, a participar.

Porque doar sangue é doar vida. ❤️

👉 Se podes doar, achégate. E se non podes, comparte esta publicación para que chegue a máis xente.

Dirección

Alameda S/n
Noya
15200

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 23:00
Martes 09:00 - 23:00
Miércoles 09:00 - 23:00
Jueves 09:00 - 23:00
Viernes 09:00 - 23:00
Sábado 10:00 - 00:00
Domingo 10:00 - 00:00

Teléfono

+34981820535

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sociedade Liceo de Noia Oficial publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Sociedade Liceo de Noia Oficial:

Atajos

Compartir

Categoría