Cinema a Pedal

Cinema a Pedal Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Cinema a Pedal, Festival, Esteiro da Foz (P. º Torrente Ballester, 56), Nigrán.

Dentro dun mes, Cinema a Pedal volve poñerse en marcha. E esta vez, con algo moi especial: por vez primeira, teremos sec...
16/08/2026

Dentro dun mes, Cinema a Pedal volve poñerse en marcha. E esta vez, con algo moi especial: por vez primeira, teremos sección competitiva 📽️✨🚲

Grazas ao Concello de Nigrán, unha selección de curtametraxes e longametraxes chegará á pantalla para ser valorada por un xurado e, tamén, polo público. Porque nesta edición haberá Premios do Público, tamén na sección de curtas infantís 💛

Na sala, as bicicletas xa non xerarán a enerxía das proxeccións, pero seguirán sendo o fío condutor dun festival que as reivindica como o mellor medio de transporte para desprazamentos curtos, como símbolo de gozo e liberdade, e como forma de entender o mundo 🚲

📅 Do 16 ao 20 de setembro
📍 Cines Municipais da Ramallosa · Centro Comercial Siglo XXI
🎟️ Entrada libre até completar capacidade

📷 Paula Cermeño

✨ Concello de Nigrán ✨ Cine ICAA ✨ Deputación Pontevedra ✨ ✨

Sen pedaleo non hai película… e agora tampouco sen competición internacional 🎥✨🚲Ciclosfera faise eco do salto que dará C...
12/08/2026

Sen pedaleo non hai película… e agora tampouco sen competición internacional 🎥✨🚲

Ciclosfera faise eco do salto que dará Cinema a Pedal nesta quinta edición: do cinema impulsado por bicicletas á estrea da nosa primeira sección competitiva internacional, que terá lugar do 16 ao 20 de setembro nos Cines Municipais da Ramallosa do Concello De Nigrán.

Un paso importante para seguir medrando sen perder a nosa esencia: cinema, mobilidade sostible e participación cidadá.

As fotos do artigo son de Paula Cermeño 💛

👉 https://ciclosfera.com/a/cinema-a-pedal-cine-a-pedales-competicion-internacional](https://ciclosfera.com/a/cinema-a-pedal-cine-a-pedales-competicion-internacional

Para proxectos pequenos coma o noso (e para a vida, en xeral) tecer redes é básico e fundamental 💛 Por iso estamos espec...
11/08/2026

Para proxectos pequenos coma o noso (e para a vida, en xeral) tecer redes é básico e fundamental 💛

Por iso estamos especialmente felices de que a nosa rede de colaboracións vaia medrando cada ano. Nesta quinta edición de Festival Cinema a Pedal, varios proxectos do Concello de Nigrán e a súa contorna sumáronse achegando agasallos para os sorteos que fixemos ao remate das sesións, e non podemos estar máis agradecidas por telo feito posible.

Aquí van unhas fotos da recrack Paula Cermeño, coa selección de agasallos que repartimos este ano.

✨ Frutas Nieves ✨ paraísos de papel ✨ Vanetta® | Productos plant-based ✨ La Pedalería ✨ Decathlon España ✨ Calabizo® ✨ Asante Sana ✨

Moitísimas grazas a todas elas por sumarse a esta quinta edición, por apoiar a cultura feita desde aquí e por axudarnos a seguir demostrando que outro xeito de ver (e de vivir) o cinema é posible 📽️✨🚲

Coas proxeccións de "Beauty" e "Estrany riu" despedimos a etapa ao aire libre de Cinema a Pedal 2026: dúas noites inesqu...
09/08/2026

Coas proxeccións de "Beauty" e "Estrany riu" despedimos a etapa ao aire libre de Cinema a Pedal 2026: dúas noites inesquecibles de cinema baixo as estrelas alimentado coa enerxía das vosas pedaladas 📽️✨🚲

A proxección de "Beauty" converteuse nun dos momentos máis emocionantes desta edición. Contamos coa presenza do rider colombiano de BMX Julián Molina (Julián Molina BMX), de Dan Butler (Dan Butler) e do produtor e guionista Fran López de Café Films. Tamén nos acompañaron outros protagonistas da curta, facendo da sesión un encontro moi especial, divertido e cheo de emoción ✨

Pero atentas, porque isto non remata aquí‼️

📅 Do 16 ao 20 de setembro volvemos aos Cines Municipais da Ramallosa, coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, para celebrar a fase competitiva de Cinema a Pedal.

🎞️ Máis de 20 curtas e longametraxes competirán por 3.000 € en premios, cos galardóns oficiais outorgados por un xurado internacional e tamén cos premios do público. Así que seguimos precisando a vosa enerxía. Agora xa non para pedalear, senón para encher as salas, descubrir novo cinema e decidir co voso voto quen levará os premios do público.

Grazas por acompañarnos nesta primeira etapa. Vémonos en setembro!! 🙌🏻

📷 Paula Cermeño (marabilla, Paula, grazas!)

✨ Concello de Nigrán ✨ Cine ICAA ✨ Deputación Pontevedra ✨ ✨

Unha pequena mostra do que foi Festival Cinema a Pedal este sábado 8 de agosto antes de comezaren as proxeccións 🚲🌙✨ Obr...
09/08/2026

Unha pequena mostra do que foi Festival Cinema a Pedal este sábado 8 de agosto antes de comezaren as proxeccións 🚲🌙

✨ Obradoiro de pequenas reparacións de bicicleta con Olivier Dekeghel
✨ Espazo de reparación e intercambio de roupa con Amigas da Terra
✨ Xogos tradicionais de .gal
✨ Recuncho gastronómico con CAPITÁN FILLOA, cervezasbanda, TRENGA 🌱 Pastelaria Plant Based e Los girasoles
✨ Mercado de artesás con Angela / Fitoterapia y hábitos🌿, Martiu/ Riñoneras/Bolsos/ Mochilas/ African wax, Loli Méndez, KAKUUNA Artesanal e

E, sobre todo, moita enerxía humana para pedalear e facer posible o cinema baixo as estrelas 😍

Grazas a todas!! 💛

📷 Paula Cermeño

✨ Concello de Nigrán ✨ Cine ICAA ✨ Deputación Pontevedra ✨ ✨

Así foi a primeira xornada de Festival Cinema a Pedal: bicicletas, xogos, ecomercado e, sobre todo, moito cinema baixo a...
08/08/2026

Así foi a primeira xornada de Festival Cinema a Pedal: bicicletas, xogos, ecomercado e, sobre todo, moito cinema baixo as estrelas 📽️✨🚲

Todo isto, na contorna privilexiada do Esteiro da Foz, Nigrán.

Hoxe, segunda (e última) xornada de cinema a pedais ao aire libre. Agardámosvos!!

✨ Concello de Nigrán ✨ Cine ICAA ✨ Deputación Pontevedra ✨ ✨

Esta noite despedimos Cinema a Pedal ao aire libre con "Estrany riu" (Río estraño) 📽️✨🚲🕥 O filme dará comezo arredor das...
08/08/2026

Esta noite despedimos Cinema a Pedal ao aire libre con "Estrany riu" (Río estraño) 📽️✨🚲

🕥 O filme dará comezo arredor das 22:15 h, logo da presentación e proxección da curta "Beauty".

Dirixida por Jaume Claret Muxart, "Estrany riu" lévanos a unha viaxe en bicicleta polo Danubio xunto a Dídac, un rapaz de 16 anos que pasa o verán coa súa familia.

✨ Unha película delicada, misteriosa e profundamente emocional, que fala da adolescencia, dos cambios que chegan sen aviso e deses momentos que permanecen connosco moito despois de rematar a viaxe.

🎞️ "Estrany riu" será a última proxección destes dous días de Cinema a Pedal ao aire libre, poñendo o broche final a unha fin de semana de pedaladas e cinema baixo as estrelas no Esteiro da Foz 🚴‍♀️🌙

📍 Esteiro da Foz · Nigrán
🎟️ Entrada libre ata completar capacidade

✨ Concello De Nigrán ✨ Cine ICAA ✨ Deputación Pontevedra ✨ ✨



Tráiler de 'Estrany riu', película de Jaume Claret Muxart, protagon...

Agardamos que tiverades un estupendo Día do Traballo ✊🏻En  tamén queremos poñer en valor o traballo que hai detrás de ca...
01/05/2026

Agardamos que tiverades un estupendo Día do Traballo ✊🏻

En tamén queremos poñer en valor o traballo que hai detrás de cada película, e por iso ofrecemos 3.500 € en premios 🎬

Entramos no último mes de convocatoria 🚲

📅 Peche: 31 de maio

🎬 Estamos a recibir películas marabillosas de moitas partes do mundo… pero aínda faltan voces.

Se tes unha película na que a bicicleta ten un papel relevante, este é o teu momento.

📩 Bases, seccións e inscricións na web 👉🏻 cinemaapedal.gal

✨ ✨ ✨

ES / EN en comentarios.

Dirección

Esteiro Da Foz (P. º Torrente Ballester, 56)
Nigrán
36370

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cinema a Pedal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría