Asociación Ser

Asociación Ser Casa Quindós é un proxecto da Asociación Ser, unha entidade sen ánimo de lucro de carácter cultural e ambientalista dos Ancares lucenses.

Comezamos setembro lembrando algo fermoso que pasou este verán nos Ancares 🌿Durante dúas semanas, un grupo de mozas e mo...
02/09/2026

Comezamos setembro lembrando algo fermoso que pasou este verán nos Ancares 🌿

Durante dúas semanas, un grupo de mozas e mozos chegaron ás nosas montañas para participar no Campo de Voluntariado, compartir o día a día do territorio e achegarse ás persoas, aos oficios e aos saberes que o manteñen vivo.

⛏️ Coidado da contorna ao redor do Castro do Teso da Ermida.
🪵 Aprendizaxe de carpintería e outros oficios tradicionais.
🥾 Roteiros e camiñadas polos Ancares.
🍯 Achegamento á apicultura, gastronomía e produtos locais.
🏡 Visitas a casas, aldeas e proxectos que están a construír futuro desde o territorio.

Foron días de traballo e aprendizaxe, pero tamén de convivencia, conversas e encontros que agardamos que deixasen pegada en todas as persoas que participaron.

Grazas a Avada por facer posible esta experiencia, a todas as persoas participantes por chegar con tanta curiosidade e ganas de compartir, e a toda a xente dos Ancares que abriu as súas portas e fixo posible cada unha das actividades.

Un deses recordos do verán que paga a pena gardar 💚

O venres 10 de xullo volvemos co Cineclube da Montaña, un espazo para mirar o territorio dende as imaxes e abrir convers...
26/06/2026

O venres 10 de xullo volvemos co Cineclube da Montaña, un espazo para mirar o territorio dende as imaxes e abrir conversa en comunidade.

Nesta ocasión proxectaremos O Son da Serra. Cando O Courel derramou bágoas de cinsa, un documental que volve sobre os incendios que asolaron a Serra do Courel en xullo de 2022 e que nos interpela tamén dende os Ancares: compartimos territorio, bosques, riscos e preocupacións.

Despois da proxección abriremos un coloquio para conversar xuntos sobre o que aconteceu, sobre como protexer o noso monte e sobre que aprendizaxes nos deixaron as experiencias pasadas.

📍 Conxunto Etnográfico das Pallozas de San Román
📅 Venres 10 de xullo
🕢 19:30 h
🎟️ Entrada libre e gratuíta ata completar aforo

Obradoiro de Astronomía🔭🌠Este vindeiro venres, o astrónomo Antón Bouzas pasará polos Ancares para axudarnos a contemplar...
10/06/2026

Obradoiro de Astronomía🔭🌠

Este vindeiro venres, o astrónomo Antón Bouzas pasará polos Ancares para axudarnos a contemplar e comprender o ceo nocturno.

A actividade consistirá nunha observación guiada do firmamento, na que descubriremos estrelas, constelacións e algúns dos segredos que agocha a noite.

🌦️ Actividade suxeita ás condicións meteorolóxicas

🌳 Inauguramos o Cabano do RebolínCo inxenio do artista Rubén Prieto, construímos nun castaño centenario a casa da árbore...
08/05/2026

🌳 Inauguramos o Cabano do Rebolín

Co inxenio do artista Rubén Prieto, construímos nun castaño centenario a casa da árbore de Vilela: un espazo aberto ao diálogo entre a natureza e o cultural, o social e o artístico.

A construción realizouse con materiais reciclados. As xanelas foron recollidas de casas restauradas da contorna, como a Casa Quindós, dando unha nova vida á memoria do lugar.

Este proxecto naceu e medrou a través do Filandón Familiar, espazo de xuntanza das familias ancaresas concebido como unha construción compartida, feita coas mans, coa conversa e coa comunidade.

Financiado pola .

Benvidas ao Cabano do Rebolín. 🍃

,

🌱 O pasado 21 de marzo tivemos en Vilela un obradoiro de cestería viva con . No marco das actividades medioambientais da...
20/04/2026

🌱 O pasado 21 de marzo tivemos en Vilela un obradoiro de cestería viva con .

No marco das actividades medioambientais da Reserva da Biosfera dos Ancares lucenses, o obradoiro consistiu en facer dúas sebes feitas de salgueiro e restos de poda.

Estas estruturas adoitaban a facerse nos valados. Son parte da tradición campesiña, de especial relevancia cultural e etnográfica. Ademáis de ser un elemento vivo da paixase e da biodiversidade.

Obradoiro de cociña na Casa Quindós✨Pechamos o ano da Asociación Ser co obradoiro de cociña impartido por  Foi toda unha...
22/12/2025

Obradoiro de cociña na Casa Quindós✨

Pechamos o ano da Asociación Ser co obradoiro de cociña impartido por

Foi toda unha ledicia compartir este espazo, aprender xuntas e despedir o ano entre sabores e boa compañía. 💛🍽️

Obradoiro gastronómico na Casa Quindós🍯A cociñeira Blanca del Noval, formada no Basque Culinary Center, ven a compartir ...
11/12/2025

Obradoiro gastronómico na Casa Quindós🍯

A cociñeira Blanca del Noval, formada no Basque Culinary Center, ven a compartir o seu coñecemento sobre a cociña sostible. A súa visión dunha cociña de aproveitamento destaca a fermentación como método de conservación das plantas silvestres e como vía para revalorizar os produtos da terra.

✨Se queres aprender técnicas e descubrir novos sabores con mirada sostible…non o perdas!

📍 Casa Quindós, Vilela
🗓️ 19 e 20 de decembro

Inscripcións en [email protected] ou no 982 227 813

Sábado 22, Obradoiro de fermentación en Vilela🧑🏽‍🍳Na Casa Quindós exploraremos algo tan tradicional e innovador como é a...
12/11/2025

Sábado 22, Obradoiro de fermentación en Vilela🧑🏽‍🍳

Na Casa Quindós exploraremos algo tan tradicional e innovador como é a fermentación. As novas tendencias na cociña vanse mesturar coa tradición, utilizando como nexo de unión as materias primas que se atopan en Ancares🏔️

Precísase inscripción!

Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo

🌿 O sábado participamos no Mocidade nas|das Aldeas, organizado por SacraExperience, onde pasamos un momento marabilloso ...
28/10/2025

🌿 O sábado participamos no Mocidade nas|das Aldeas, organizado por SacraExperience, onde pasamos un momento marabilloso e coñecimos un montón de persoas fermosas coas que compartimos experiencias e reflexións sobre o feito de vivir e habitar o rural. ✨

Moitas grazas a todas as persoas que fixestes posible esta organización. É unha pasada poder compartir en lugares tan máxicos como o Pazo de Tor e Pincelo. 🌾

Tecendo futuro no rural🌾O martes recibimos con moita alegría a visita do Eixo Atlántico, no marco do proxecto europeo ED...
06/10/2025

Tecendo futuro no rural🌾

O martes recibimos con moita alegría a visita do Eixo Atlántico, no marco do proxecto europeo EDIN, que nos permitiu compartir e coñecer boas prácticas fronte aos retos do rural.

Dende a Asociación Ser celebramos que iniciativas coma esta sexan recoñecidas a nivel europeo como exemplos de innovación territorial, porque inspiran, conectan e fortalecen as redes de cooperación interasociativa por un rural vivo e conectado.

Dirección

Vilela/Son
Navia De Suarna
27653

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Ser publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Asociación Ser:

Compartir

Categoría