CIMIX Narón

CIMIX Narón Centro de interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (Narón).

Explora a Real Fábrica de Fariñas máis importante do século XVIII, unha viaxe ao pasado industrial de Narón. Coñece a historia do emprendedor francés Jean Lestache, figura clave no desenvolvemento industrial da comarca no boiante Ferrol da Ilustración. Adéntrate nun espazo único no que aprenderás o funcionamento deste fascinante complexo industrial, impulsado pola avanzada enxeñaría hidráulica da época.

🎨☕️ Que mellor plan para unha mañá de setembro que vir debuxar, relaxarse e desfrutar dun bo almorzo no peirao do Muíño?...
24/08/2026

🎨☕️ Que mellor plan para unha mañá de setembro que vir debuxar, relaxarse e desfrutar dun bo almorzo no peirao do Muíño? ⛵️⚓️

Os días 5 e 6 de setembro repetimos “Pinceladas e Sabores”. Non necesitades ser artista, só ter ganas de pasar unha mañá diferente! ✨

Reservade xa a vosa praza!: cimixnaron.gal 👩‍🎨🥐

🌙 Así estamos vivindo as Noites no Muíño!Xa pasamos o ecuador do mes e estas noites están deixándonos momentos moi espec...
21/08/2026

🌙 Así estamos vivindo as Noites no Muíño!

Xa pasamos o ecuador do mes e estas noites están deixándonos momentos moi especiais✨

O Muíño, a historia, a luz, o son da auga e, sobre todo, todas as persoas que vos achegastes a descubrilo dunha maneira diferente💙

E aínda quedan noites por vivir!🕯️

📅 Se aínda non participaches, consulta as próximas datas e reserva a túa praza en cimixnaron.gal.

Quedan moi poucas! 🌙

08/08/2026

🌾 Un muíño para unha comarca en transformación

A chegada de milleiros de persoas trouxo novas necesidades e, entre elas, unha fundamental: garantir o abastecemento de fariña para unha poboación en crecemento.

💧 Á beira do río Xuvia comezou así a tomar forma unha das grandes instalacións industriais da comarca: a Real Fábrica de Fariñas de Lestache.

🌙 NOVAS DATAS PARA VIVIR A NOITE NO MUÍÑO! ✨As prazas para os sábados de agosto están a voar, así que… abrimos novas dat...
29/07/2026

🌙 NOVAS DATAS PARA VIVIR A NOITE NO MUÍÑO! ✨

As prazas para os sábados de agosto están a voar, así que… abrimos novas datas! 🙌

Se aínda non reservaches a túa praza para descubrir o Muíño de Xuvia cando cae a noite, agora tes unha nova oportunidade de viaxar no tempo e coñecer este espazo dun xeito diferente.

👉 Reserva a túa praza en cimixnaron.gal

Non queremos que vos perdades esta experiencia! 🌙

21/07/2026

🌙✨ Cando cae a noite, o Muíño cobra vida…

Este agosto, Noite no Muíño está de volta. 💙

🎟️⚠️Prazas limitadas! Reserva a túa en cimixnaron.gal

Vémonos baixo as estrelas? 🌌

🌙✨ Descubre o Muíño baixo as estrelas!Este agosto convidámosvos a redescubrir o Muíño de Xuvia nunha visita guiada noctu...
18/07/2026

🌙✨ Descubre o Muíño baixo as estrelas!

Este agosto convidámosvos a redescubrir o Muíño de Xuvia nunha visita guiada nocturna, percorrendo as múltiples salas do complexo industrial mentres a tranquilidade da noite, o son da auga e a iluminación crean unha atmosfera única 🌌

📅 Todos os sábados de agosto
🕘 23:00 h
⚠️ Prazas limitadas!! Reserva previa a través da nosa páxina web: cimixnaron.gal 🌐

ℹ️ Se unha das sesións non acada o número mínimo de participantes, contactarase coas persoas inscritas para ofrecerlles outra das datas dispoñibles ✉️ 📞

Agardámosvos para compartir unha noite inesquecible no CIMIX🌙💙

🌿💆 Hai lugares que invitan a facer unha pausa…No antigo peirao agora podes atopar un pequeno espazo pensado para sentar,...
16/07/2026

🌿💆 Hai lugares que invitan a facer unha pausa…

No antigo peirao agora podes atopar un pequeno espazo pensado para sentar, descansar e contemplar a paisaxe. 👀

A ría, o murmurio da auga, a fauna e unha das mellores vistas do Muíño de Xuvia convérteno nun recuncho perfecto para desfrutar sen présa. 💆‍♀️

💙 Pechade os ollos un intre… escoitades a natureza? 🐦🍃

📍 Sabías que no CIMIX podes conseguir a túa Cedencial do Peregrino? Se percorres esta ruta histórica, fai unha parada na...
05/07/2026

📍 Sabías que no CIMIX podes conseguir a túa Cedencial do Peregrino?

Se percorres esta ruta histórica, fai unha parada na Ponte de Xuvia e achégate ao muíño ⚙️🌾

Aquí poderás:
🥾 Recoller a túa credencial oficial.
🔖 Cuñala co selo do CIMIX.
🌊 Descubrir un dos lugares con máis historia da ría de Ferrol!

Un pequeno descanso no camiño para coñecer o noso patrimonio e deixar que a historia forme parte da túa viaxe✨

🦦 Agardámoste!

Tres meses, tres experiencias únicas!☀️🎨 Xullo | Pinceladas e SaboresUn almorzo especial e unha sesión de pintura libre ...
03/07/2026

Tres meses, tres experiencias únicas!☀️

🎨 Xullo | Pinceladas e Sabores
Un almorzo especial e unha sesión de pintura libre no peirao para deixar voar a creatividade nunha contorna única.

🌙 Agosto | Noite no Muíño
Descubre o Muíño de Xuvia como nunca antes nunha visita nocturna chea de encanto.

🧩 Setembro | Viaxe á Ilustración
Converte a túa visita nunha aventura resolvendo pistas e enigmas polo muíño e a súa contorna.

E durante todo o verán tamén poderás g***r de visitas guiadas, obradoiros, escape room e do percorrido audioguiado María Conta!

☀️ Consulta a programación completa e reserva a túa praza en cimixnaron.gal 🔗

Agardámoste! 💙

Coñece a historia do emprendedor francés Jean Lestache, figura clave no desenvolvemento industrial da comarca no boiante Ferrol da Ilustración. Adéntrate nun espazo único no que aprenderás o funcionamento deste fascinante complexo industrial, impulsado pola avanzada enxeñaría hidráulica da ...

21/05/2026

Día Europeo da Rede Natura 2000 💚🌿

O entorno natural do río Xuvia, no que se enmarca o CIMIX, forma parte desta gran rede europea de espazos protexidos creada para conservar a biodiversidade e os ecosistemas máis valiosos do continente📍🌳

A paisaxe que rodea o muíño non só forma parte da nosa historia industrial e cultural, senón tamén dun espazo natural de enorme riqueza ambiental. As augas do Xuvia, a súa ribeira e a fauna e flora que habitan neste entorno forman parte dun patrimonio vivo que debemos coñecer, valorar e coidar 🦦🦆

Un entorno único visto desde o muíño, no que natureza e historia levan séculos convivindo 🌱⚙️

Dirección

Aldea San Roque, 8
Narón
15770

Horario de Apertura

Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Sábado 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Domingo 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CIMIX Narón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a CIMIX Narón:

Atajos

Compartir

Categoría