Llamar Cómo llegar Contactar con la empresa

BBTTA GRUPO DE APOIO Á LACTACIÓN MATERNA

BBTTA é un grupo de apoio á Lactación Materna fundado en Narón (Xuño de 2005) coa intención de proporcionar información e apoio a aquelas nais que queiran aleitar ós seus fillos. Axudamos a resolver calquera dúbida ou problema, ademais de fomentar a Lactación Materna e informar da súa importancia e beneficios na alimentación dos nosos fillos.

Hoxe, 15 de outubro, lembramos as criaturas que morreron durante a xestación, no parto ou pouco despois de nacer. E abra...
15/10/2026

Hoxe, 15 de outubro, lembramos as criaturas que morreron durante a xestación, no parto ou pouco despois de nacer.

E abrazamos ás súas familias, que merecen poder nomealas, recordalas e vivir o seu dó sen silencios nin xuízos.

A perda tamén pode vir acompañada dunha realidade da que pouco se fala: a lactación cando a criatura xa non está. Leite que pode doer, que pode necesitar despedida, ou que algunhas nais deciden compartir con outras criaturas a través da doazón.

Porque tamén hai lactación no dó, e pprque cada nai merece información, respecto e liberdade para decidir.

Hoxe honramos todas esas criaturas. E abrazamos a quen as leva para sempre na súa historia.

Que ningunha familia teña que vivir a súa perda en soidade.

No Día Mundial da Saúde Mental queremos poñer en valor a importancia da atención á saúde mental perinatal e o papel esen...
10/10/2026

No Día Mundial da Saúde Mental queremos poñer en valor a importancia da atención á saúde mental perinatal e o papel esencial que desempeñan os Grupos de Apoio á Lactación Materna (GALM) na detección, acompañamento e sostén emocional das mulleres.

Desde BBTTA levamos máis de 20 anos acompañando nais. A nosa experiencia diaria cada vez está máis avalada pola ciencia, polo que cada vez amosan máis estudos: os GALM somos un importante factor de protección para a saúde mental perinatal.

O apoio especializado das asesoras, a escoita activa e o sostén emocional da rede de apoio, teñen un impacto positivo e significativo no benestar psicolóxico das mulleres durante o período do posparto.

A saúde mental non é un aspecto illado, é o reflexo do contexto bio-psico-social da diada. Polo tanto, tamén depende da rede de apoio que a acompañan. A lactación non é só alimentación: tamén é vínculo, experiencia compartida e parte do benestar emocional. Cada vivencia é única, e acompañar significa escoitar sen xulgar e respectar as necesidades e decisións de cada muller.

Motivos polos que desde BBTTA seguiremos comprometidas coa creación de espazos seguros e de redes de apoio que favorezan unha lactación e unha maternidade acompañadas e sostidas.

Porque coidar das díadas tamén é coidar da súa saúde mental.

Obradoiro Hipopresivos no posparto📅 Mércores 14 de outubro🕔 17:00–19:00 h📍 Centro Comunitario Manuela Pérez SequeirosE d...
08/10/2026

Obradoiro Hipopresivos no posparto

📅 Mércores 14 de outubro
🕔 17:00–19:00 h
📍 Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

E despois do parto… por onde comezamos?

Volver ao movemento despois de ter unha criatura non sempre é sinxelo

O corpo pasou por unha transformación intensa
As rutinas cambiaron
E, moitas veces, o tempo para unha mesma desapareceu

E aparecen preguntas:

¿Por onde comezo?
¿Como podo fortalecerme?
¿Como volver moverme sen esixirme máis do que necesito?

O 14 de outubro queremos abrir un espazo para explorar algunhas destas preguntas desde a práctica e o acompañamento.

OBRADOIRO DE HIPOPRESIVOS NO POSPARTO
coa nosa querida María Aires ❤️

María é experta en Hipopresivos, Pilates e chan pelviano, e conta con anos de experiencia acompañando procesos de movemento e exercicio.

Pero este encontro non vai de poñernos en forma.

Vai de autocoidado.

De reservar dúas horas para nós.
De volver prestar atención a un corpo que tantas veces queda no último lugar.

De mirarnos, de admirarnos, por que non...
De aprender ferramentas que nos permitan coñecelo, fortalecelo e coidalo.

Porque coidarnos non debería ser outra tarefa na lista.

Tamén pode ser un momento para nós. 

🎟️ Inscricións abertas no correo [email protected]

Se estás no posparto e levas tempo pensando en volver moverte, fortalecerte ou simplemente dedicarte un pouco de tempo, este encontro pode ser para ti.

👉 Escríbenos para reservar a túa praza.

Porque ademais de coidar, soster e acompañar, tamén necesitamos coidarnos.

💜 O poder de moitas alimenta 💜

Está finde fixo un ano do XX Congreso FEDALMA, en A CoruñaHoxe queremos volver alí para lembrar o que vivimos e para lem...
05/10/2026

Está finde fixo un ano do XX Congreso FEDALMA, en A Coruña

Hoxe queremos volver alí para lembrar o que vivimos e para lembrar por que son tan necesarios estes encontros. Porque nun congreso pasan moitas cousas:
Apréndese
Contrástanse mirada
Faise evidente o que aínda non estamos vendo
Coñécense experiencias diferentes
Xorden preguntas incómodas
Reafirmanse conviccións
E, ás veces, cambia a maneira de mirar unha realidade

Para BBTTA tamén foi unha oportunidade para compartir, en datos, os beneficios de participar no GALM. E tivemos unha recoñecemento moi especial: recibimo o premio ao mellor póster na modalidade dos GALM

Un recoñecemento que sentimos como colectivo. Porque detrás do traballo presentado hai moitas horas de formación, de asesoría, escoita, acompañamento, dúbidas, compromiso e, sobre todo, moitas mulleres tecedendo rede e sosténdose

Pero no Congreso tamén atopamos o que non aparece nos programas:
Encontros e os reencontros
Conversas nos descansos
Preguntas despois das ponencias
Pósteres e comunicacións
Asociacións poñendo en común o que viven cada día
E esa sensación tan difícil de explicar de formar parte de algo que é máis grande ca cada unha de nós

Por iso agradecemos a Alma Lactancia e a FEDALMA asociaciones Lactancia, porque organizar un encontro así é construír comunidade. E grazas a todas as persoas que fixestes posible aquel encontro

E nós quedámonos coa idea de que aos congresos non só se vai aprender. Son espazos para parar, analizar onde estamos, poñer o foco no que importa, facernos preguntas e pensar cara a onde queremos ir

Para compartir o que sabemos, e para descubrir o que non sabemos. Para mirar o camiño percorrido e preguntarnos que podemos facer diferente a partir de agora que implique un salto de calidade

Porque o coñecemento compartido só cobra sentido cando nos axuda a transformar a realidade

E porque para avanzar, ás veces, tamén necesitamos parar xuntas a mirar o camiño

Un ano despois, seguimos levando gardadiño na nosa pel moito do que alí aconteceu

Onte escoitamos este anuncio compartido por Alba Padró Arocas e quedamos impactadas...RENOVA O TEU CORPO TRAS A MATERNID...
02/10/2026

Onte escoitamos este anuncio compartido por Alba Padró Arocas e quedamos impactadas...

RENOVA O TEU CORPO TRAS A MATERNIDADE!!!!! 🤯🤯🤯

Poi si, despois do embarazo, do parto e da lactación o corpo cambia:
cambia o abdome
cambian os peitos
cambian os músculos
cambia a pel
cambian as sensacións
E ás veces cambia tamén a relación que temos con ese corpo

Pero... de verdade o que necesita o noso corpo despois da maternidade é ser renovado? Ou necesita ser escoitado, coñecido, coidado e habitado de novo?

Non queremos dicirlles ás mulleres que non poidan desexar cambiar o seu corpo. Cada unha debe poder decidir sobre el con liberdade.

Pero si queremos preguntarnos que acontece cando a primeira mensaxe que recibe unha nai sobre o seu corpo durante ou despois estás etapas é que hai que arranxalo.

Porque o corpo que acaba de xestar, parir, alimentar, soster, coidar ... unha criatura non é un corpo estragado. É un corpo que atravesou unha transformación.

E tal vez necesite tempo, descanso, movemento, coñecemento, fisioterapia, acompañamento... E tamén, simplemente, volver sentirse seu.

Por iso o noso próximo obradoiro fálanos de hipopresivos no posparto.
Non coa idea de recuperar o corpo de antes. Nin para conseguir unha ventre plano. Alonxámonos moito de cumprir cunha nova lista de deberes maternos...

Propuxémolo para coñecer o corpo que temos hoxe:
para escoitalo
para fortalecelo
para coidalo
para permitirnos habitalo independientemente das presións do sistema

*Hipopresivos no posparto*
Coa nosa querida María Aires ❤️
📅 Mércores 14 de outubro
🕔 17:00–19:00 h
📍 Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

🎟️ Inscricións abertas. No noso correo [email protected]

Porque ademais de coidar, soster e acompañar...
tamén necesitamos un espazo para volver habitar o noso propio corpo. 

Por certo esa xente saberá que o cerebro cambia tamén de xeito profundo? 🤔🤔🤔🤭🤭🤭

💜 O poder de moitas alimenta 💜

BBTTA PRESENTA AS SÚAS ACHEGAS AO PROXECTO DE REAL DECRETO SOBRE PREPARADOS PARA LACTANTESEsta norma fala de algo que no...
28/09/2026

BBTTA PRESENTA AS SÚAS ACHEGAS AO PROXECTO DE REAL DECRETO SOBRE PREPARADOS PARA LACTANTES

Esta norma fala de algo que nos toca moi de preto: como se informa, como se promocionan os produtos para a alimentación infantil e como se protexe ás familias fronte ás presións comerciais

Por iso participamos presentando achegas ao Ministerio de Sanidade no trámite de audiencia e información pública

Se queres saber que pedimos mira o nosotros carrusel, ou as nosas historias

Porque protexer a lactación non é culpabilizar a quen utiliza fórmula. É garantir que as decisións das familias poidan tomarse con información obxectiva, apoio axeitado e sen presións comerciais

As nosas achegas xa están presentadas. E se ti tamén queres participar neste trámite, aínda estás a tempo: o prazo remata hoxe, 29 de setembro

📄 Se queres consultar o documento completo de BBTTA para presentar as túas propias achegas, escríbenos por DM e compartímoscho

COMO PRESENTALAS

💻 Se tes sinatura electrónica:
Entra no trámite de audiencia (enlace nas nosas historias) e completa os datos solicitados
Achega o documento coas túas achegas e, cando che pidan o expediente, indica: DG/073/26

📧 Se non tes sinatura electrónica:
Podes envialas a: [email protected]
No asunto é obrigatorio indicar: DG/73/26 APORTACIONES + NOME DA ENTIDADE OU PERSOA

O Ministerio indica que só se terán en conta as achegas identificadas e recibidas dentro do prazo

Por unha protección real da lactación
Por información independente
Por familias libres de presións comerciais

💜Porque o poder de moitas alimenta💜

📣 ACTUALIZAMOS O CALENDARIO DE ACTIVIDADES 📣 Temos un par de cambios na programación dos próximos meses e queriamos cont...
25/09/2026

📣 ACTUALIZAMOS O CALENDARIO DE ACTIVIDADES 📣

Temos un par de cambios na programación dos próximos meses e queriamos contárvolos para que teñades as novas datas ben gardadas 🗓️

A actividade que tiñamos prevista para o 7 de novembro queda adiada por motivos moito máis que importantes da persoa que ía impartila

Dámoslle as grazas pola súa dispoñibilidade e esperamos poder recuperar esta actividade máis adiante

OBRADOIRO DE HIPOPRESIVOS

Este obradoiro mantense, pero cambia de data:
❌ 28 de outubro
✅ 14 de outubro

Así que… gardade a nova data!

📅 Mércores 28/10
Obradoiro de Hipopresivos no posparto, coa nosa querida María Aires ❤️
📌 No Manuela Pérez Sequeiros
🕒 17:00 - 19:00
Porque ademais de coidar, soster e acompañar, tamén necesitamos un espazo para volver habitar o noso propio corpo e coidarnos

En breve abrimos inscriccións

O resto das actividades do cuadrimestre mantéñense segundo o calendario previsto

📅 Mércores 18/11
Conferencia Nutrindo o vínculo. Preparándonos para a lactación, da nosa querida alianacorral ❤️
🕒 17:00 - 19:00
Creada especialmente para vós, onde informarvos e compartir sobre un dos momentos máis fermosos e significativos da maternidade: a lactación

📅 Mércores 16/12
Conferencia/Obradoiro de Alimentación durante o primeiro ano, con Eva González IBCLC e María
🕒 17:15 - 19:15
Para achegarnos á alimentación complementaria desde unha mirada non só teórica senón que tamén coa tan necesaria práctica

NOTA IMPORTANTE
Os mércores que temos obradoiros ou conferencias, a reunión de apoio á lactación mantense igualmente: a actividade especial non substitúe o noso encontro habitual

Así que, se necesitas un espazo para preguntar, compartir, escoitar ou simplemente estar con outras nais e familias, a porta de BBTTA segue aberta
📅 Os mércores
🕔 A partir das 17:00
📍 Sala 5 · Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiro

Tomade boa nota
Agardámosvos cos brazos abertos!
Xuntas facemos a diferenza

E lembrade que iremos anunciando cada actividade con toda a información e abrindo as inscricións con antelación

Grazas por acompañarnos tamén nestes pequenos cambios de ruta

Os mércores temos un encontro moi especial para nais, embarazadas e as familias que queren apoiar a lactación. Un espazo...
23/09/2026

Os mércores temos un encontro moi especial para nais, embarazadas e as familias que queren apoiar a lactación. Un espazo seguro para compartir experiencias, resolver dúbidas e sentir que non estás soa neste camiño.

A lactación non é só alimento: é vínculo, emoción e tamén comunidade. Participar nas nosas reunións é entrar nunha tribo, onde cada conversa, cada sorriso e cada historia compartida contribúe á túa confianza e benestar.

Aquí atoparás:

* Respostas prácticas ás túas dúbidas sobre lactación.

* Experiencias reais de outras nais que viven situacións semellantes.

* Apoio emocional que fortalece o teu día a día.

Non subestimes o poder de sentirse acompañada: compartir momentos, medos e ledicias coas demais mulleres mellora a calidade de vida e fai que a lactación e a maternidade se vivan con máis seguridade.

Únete á nosa rede, comparte, infórmate e síntete apoiada. A túa presenza é importante, e xuntas facemos máis forte a comunidade.

Quizais aquí atopes a resposta que buscabas.
Quizais atopes, ademais, algo mellor: outras mulleres coas que compartir a pregunta.

📅 Hoxe, mércores 22/09
🕔 17:00–19:00
📍 Sala 5 · Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

Vén. Conta con nós!!!

O sábado tivemos, unha vez máis, a inmensa fortuna de compartir un anaquiño de tempo con Alba Padró ArocasE dicimos fort...
21/09/2026

O sábado tivemos, unha vez máis, a inmensa fortuna de compartir un anaquiño de tempo con Alba Padró Arocas

E dicimos fortuna porque hai persoas das que aprendemos polo que saben, e hai outras das que aprendemos tamén pola forma en que miran

E falamos precisamente desa mirada

Por iso apareceu Jane Goodall

Porque algo que admiramos profundamente en Alba: é esa capacidade para observar os matices, escoitar o que se di... e o que queda sen dicir, facerse preguntas, detectar o que non encaixa e seguir mirando ata comprender!

E comprobámolo: falamos de destete. De información, ferramentas, posibilidades. De todo o que necesitamos saber para poder tomar decisións

Pero tamén falamos de algo que vai máis alá da información. De poder vivir o destete sen imposicións, sen respostas únicas, sen sentir que existe unha única maneira correcta. De mirar o propio proceso, recoñecer o que necesitamos e atopar o noso propio camiño

Alba, grazas por compartir con tanta xenerosidade todo o que sabes. Grazas por poñer palabras onde ás veces só hai dúbidas, por abrir posibilidades onde parece que só hai un camiño e por ofrecernos ferramentas que nos permiten decidir con máis información e confianza

Pero grazas tamén por ensinarnos unha maneira de mirar

E por lembrarnos que acompañar non é simplemente ter respostas. É saber mirar á muller que temos diante e estar dispostas a descubrir con ela o que aínda non sabemos

Despois de máis de vinte anos mirando, aprendendo, investigando, acompañando e compartindo, segues tendo curiosidade infinita: algo que admiramos profundamente de ti

O sábado falabamos de Wounda, aquela chimpancé que, ao ser liberada, volveu cara a Jane Goodall e a abrazou. Despois de tantos anos mirando, foi ela quen lle devolveu a mirada a Goodall

Hoxe somos nós quenes dicimos: Grazas por mirar ás mulleres, ás criaturas, ás lactacións concretas, ás historias que hai detrás de cada unha

E grazas por deixarnos mirar contigo

Querémoste, admirámoste e sentímonos moi afortunadas de seguir aprendendo ao teu lado.

💜 Grazas, Alba, por seguir mirando. Por seguir preguntando. E por seguir abrindo camiños para tantas mulleres 💜

Cando presentamos a algunhas das persoas que admiramos, intentamos buscar unha forma diferente de contalasUn CV dinos mo...
16/09/2026

Cando presentamos a algunhas das persoas que admiramos, intentamos buscar unha forma diferente de contalas

Un CV dinos moito: que estudou ou invetigou, onde traballou, que escribiu e construíu…

Pero hai cousas que non conta:
Como fai sentir
Como mira
Como acompaña
Que deixa nas persoas que se cruzan con ela

Porque hai persoas que deixan información. Outras aprendizaxes. E algunhas, poucas, fanche mirar o mundo, a lactación e a ti mesma con outros ollos

Alba Padró Arocas é desas persoas

Por iso, recorremos á literatura, ao cine… ou a mulleres relevantes que nos axudan a poñer palabras a esa parte que non aparece en ningún título

E con Alba levamos varias
🎬 Amélie: Comparten a capacidade de facer a vida un pouquiño máis amable. Atopan pequenas fendas polas que entrar e transformar; esa maneira tan xenerosa de facer o ben case sen facer ruído

✈️ Amelia Earhart: Pioneiras que non só abriron camiños e avanzaron, senón que conseguiron que moitas outras puidesen facelo detrás

🌿 Mulleres que pensaron e escribiron sobre o que forma parte da maneira de acompañar de Alba: a autoridade das mulleres sobre os seus corpos, os coidados, as relacións de poder, a experiencia feminina e a importancia de crear redes onde antes había soidade

Este sábado amosaremos unha parte dela a través de alguén moi, moi especial

Pero antes de contar máis
Se tivésedes que presentala a través dunha personaxe, unha muller… A quen escolleriades?
E, sobre todo: Que parte dela estaríades contando?

Temos curiosidade por saber que imaxe de Alba aparece cando a mirades, algunha desas que tanto queremos e admiramos ❤️?

Todo isto porque dentro de moi pouco volvemos atoparnos con ela para falar dun tema que merece ser mirado con tempo, sen présas e sen respostas prefabricadas: o destete

Proceso que pode estar cheo de preguntas, contradicións, emocións e decisións que son profundamente persoais

📅 Sábado 19 de Setembro de 2026
🎤 Conferencia "Destete, o final dunha etapa"
⏰ 11:00 - 13:00
📍 Vía Zoom

💭 Pero antes de vernos ☝️ Subide ás stories e contádenos. E despois… Alba contaranos todo o que hai detrás dun destete

Dirección

Local Social Da Gándara, Cuatro Caminos S/n
Narón
15570

Horario de apertura

17:00 - 19:00

Teléfono

680113845

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BBTTA publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a BBTTA:

Atajos

Compartir