Jazz de Ría

Cómo llegar Página web

Jazz de Ría Festival de Jazz na Costa Ártabra
10ª edición en agosto de 2026

⛪✨ O fascinante relato que nos acompañou nesta edición inspirou tamén a Quico Cadaval para ceivar o seu mellor improviso...
16/09/2026

⛪✨ O fascinante relato que nos acompañou nesta edición inspirou tamén a Quico Cadaval para ceivar o seu mellor improviso jazzístico e conectar a vida de Miles Davis coa memoria do Mosteiro de San Martiño de Xuvia. Puro .
Antes, o guía Benjamín Hermida abriunos as portas á historia do Mosteiro, ás lendas, á arquitectura e á simboloxía. Unha mañá no Couto ( ) coñecendo e vivindo o noso patrimonio.

🌿 Grazas á Vicaría Xeral da Diócese de Mondoñedo-Ferrol, ao Párroco de San Martiño de Xuvia e a Benjamín Hermida por todas as facilidades para organizar a visita.
🌿 A actuación de Quico Cadaval formou parte do programa Cultura no Camiño da Axencia Galega das Industrias Culturais.

⚓ Padroado de Cultura Concello de Narón, Concello de Narón
🤝 Xunta de Galicia
💡Luneda Producións
📷 Rocío Cibes

🪗 De Tucumán a Neda, Manu Sija trouxo ao Jazz de Ría un deses concertos difíciles de encadrar nun único lugar. Entre a i...
09/09/2026

🪗 De Tucumán a Neda, Manu Sija trouxo ao Jazz de Ría un deses concertos difíciles de encadrar nun único lugar. Entre a improvisación, o folclore arxentino e a electrónica, este virtuoso multiinstrumentista foi construíndo paisaxes sonoras en tempo real cunha enorme liberdade creativa.

🎻✨ Violín, guitarra, bandoneón, baixo e live looping en constante transformación, un directo aberto e cheo de matices que nos confirma por que é unha das voces máis singulares do contemporáneo en Sudamérica.

⚓ Concello de Neda
🤝 Turismo da Deputación da Coruña
💡 Luneda Producións
📷 Rocío Cibes

🎷 O saxofonista Yosvany Terry trouxo ao Parque do Río Freixeiro o mellor da tradición afrocubana e do   estadounidense, ...
07/09/2026

🎷 O saxofonista Yosvany Terry trouxo ao Parque do Río Freixeiro o mellor da tradición afrocubana e do estadounidense, acompañado por Miguel "Wiwi" García no piano, Paco Charlín no contrabaixo e Rodrigo Ballesteros na batería.
Grazas aos amigos do Festival de Jazz de Moaña por facer posible este concerto 🤍

⚓ Padroado de Cultura Concello de Narón, Concello de Narón
🤝 Turismo da Deputación da Coruña
💡 Luneda Producións
📷 Rocío Cibes

🌊☀️ Como cada ano, o roteiro 'Balcóns ao Atlántico' levounos a descubrir as espectaculares paisaxes de  . A medio camiño...
03/09/2026

🌊☀️ Como cada ano, o roteiro 'Balcóns ao Atlántico' levounos a descubrir as espectaculares paisaxes de . A medio camiño entre as praias de Pantín e do Baleo e coas vistas únicas do Castro do Rodo como escenario, atopamos a intervención de Marina Vigo, Luís Bolón e Sandra Pérez cunha proposta centrada no repertorio recollido por Alan Lomax, do que son grandes coñecedoras. A través da experimentación e a exploración sonora dos instrumentos populares, achegáronse a este arquivo fundamental da nosa memoria musical, no que se atopa o toque de chifro de José María Rodríguez que inspirou a Miles Davis.

⚓ Concello de Valdoviño, Xeoparque Cabo Ortegal
🤝 Turismo da Deputación da Coruña
💡 Luneda Producións
📷 Rocío Cibes

🥂 Durante o Jazz de Ría, os artistas puideron desfrutar nos camerinos do viño  , unha referencia singular e personalísim...
31/08/2026

🥂 Durante o Jazz de Ría, os artistas puideron desfrutar nos camerinos do viño , unha referencia singular e personalísima cortesía da Adega Entreosrios, unha adega da Pobra do Caramiñal integrada na IXP Barbanza e Iria.
O seu xeito de traballar está moi vencellado á terra e ás variedades autóctonas, ás pequenas producións e á paisaxe da ría, dando lugar a viños que falan do lugar do que veñen. Foi un pracer compartilos con quen pasou polos escenarios do festival 🥂 Grazas Entre os Ríos por acompañarnos nesta edición e por coidar así tamén dos momentos que suceden detrás do escenario.

🤝 VIDE, VIDE!

🎺 Algúns dos mellores músicos galegos de   xuntáronse no Pazo da Cultura de Narón para recrear o concerto que Miles Davi...
29/08/2026

🎺 Algúns dos mellores músicos galegos de xuntáronse no Pazo da Cultura de Narón para recrear o concerto que Miles Davis ofreceu co seu quinteto no Olympia de París. Nós non vivimos aquel día de 1960, pero si sabemos que o Ensemble 100xMiles ten xa un lugar especial na memoria do Jazz de Ría.

⚓ Padroado de Cultura Concello de Narón, Concello de Narón
🤝 Turismo da Deputación da Coruña
💡 Luneda Producións
📷 Rocío Cibes

🫧🦀🪼🪸 As   que deseñou para nós Agustina Shuan son taaan bonitas e preguntades tanto, que xa se poden mercar online 🥳 Pod...
28/08/2026

🫧🦀🪼🪸 As que deseñou para nós Agustina Shuan son taaan bonitas e preguntades tanto, que xa se poden mercar online 🥳 Podedes atopalas en navedelata.gal (link nas stories). Apurade que quedan moi pouquiñas!

🥁🥁🥁 Albert Cirera & Tres Tambors presentaron   no Parque do Río Freixeiro grazas á nosa alianza con AIE Sociedad de Arti...
27/08/2026

🥁🥁🥁 Albert Cirera & Tres Tambors presentaron no Parque do Río Freixeiro grazas á nosa alianza con AIE Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes e o seu programa AIEnRuta-Jazz.

O saxofonista catalán Albert Cirera, xunto a Roger Mas no piano, Marko Lohikari no contrabaixo e .domenechmiras na batería, forman un dos proxectos máis sólidos e singulares do contemporáneo actual. Vimos a estrea deste novo traballo na pasada edición do Mercat de Música Viva de Vic e soubemos que non podían faltar no Jazz de Ría ⛵

⚓ Padroado de Cultura Concello de Narón, Concello de Narón
🤝 AIE Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes, Turismo da Deputación da Coruña
💡 Luneda Producións
📷 Rocío Cibes

🎧✨ FARAMONTAOS 11/52 é unha pequena acción sonora que estivo presente en todos os espazos do festival. Escaneando dous c...
24/08/2026

🎧✨ FARAMONTAOS 11/52 é unha pequena acción sonora que estivo presente en todos os espazos do festival. Escaneando dous códigos QR o público puido escoitar a gravación da Alborada de Vigo, o toque de chifro de José María Rodríguez recollido por Alan Lomax en 1952 en Faramontaos, Nogueira de Ramuín (Ourense), e The Pan Piper, de Miles Davis, incluído no seu álbum Sketches of Spain (Columbia Records, 1960).

Unha inmersión no relato que nos acompañou nesta edición do festival, a escoita dunha mesma melodía interpretada en contextos xeográficos, culturais e musicais moi diferentes ✨🎧

💡 Luneda Producións
⚓ Padroado de Cultura Concello de Narón, Concello de Narón, Concello de Cedeira, Concello de Neda, Concello de Valdoviño
📷 Rocío Cibes

🌳🍃 A cantante palestina-irlandesa Sara Dowling Al Husseini 🇵🇸 e o trío do estadounidense Michael Kanan, con Guillem Arne...
23/08/2026

🌳🍃 A cantante palestina-irlandesa Sara Dowling Al Husseini 🇵🇸 e o trío do estadounidense Michael Kanan, con Guillem Arnedo na batería e Dario Di Lecce no contrabaixo, uníronse nesta xira para revisitar o repertorio clásico do desde unha lectura compartida e cómplice, cunha interpretación coidada, directa e chea de sensibilidade. O mellor jazz no Parque do Río Freixeiro 🍃🌳

⚓ Padroado de Cultura Concello de Narón, Concello de Narón
🤝 Turismo da Deputación da Coruña
💡 Luneda Producións
📷 Rocío Cibes

Dirección

Narón

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Jazz de Ría publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría