Asociación Cultural As Caldupeiras

Asociación Cultural As Caldupeiras Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Asociación Cultural As Caldupeiras, Centro cultural, Narón.

¿Coñeces a palabra "enxebre"?🧐1. Que é característico e propio dun país ou dunha rexión, sen estar falseado, deformado o...
20/02/2024

¿Coñeces a palabra "enxebre"?🧐

1. Que é característico e propio dun país ou dunha rexión, sen estar falseado, deformado ou mesturado con nada alleo.🙌

2. Algo puro, auténtico ou tradicional. Especialmente relacionado co ámbito rural.🌿

✨Non hai cousa máis enxebre que a palabra enxebre✨

😜¿Estás de acordo?

📖Nos anos 60, no lugar de Vilasuso (parroquia do Val, Narón) a poboación quixo recuperar unha tradición do entroido, as ...
13/02/2024

📖Nos anos 60, no lugar de Vilasuso (parroquia do Val, Narón) a poboación quixo recuperar unha tradición do entroido, as comparsas🎉, pero, tres anos despois quedaron esquecidas por diferentes motivos.😢

Saían o martes de entroido e percorrían todas as casas do lugar🏠, cantando e bailando ao son da gaita e do clarinete ou do acordeón, dependendo do ano. Os veciños e veciñas dábanlles diferentes agasallos🎁 có que ao final do día facían unha festa nalgunha das casas.🍷🎊

🧍‍♀️As mulleres levaban traxes compostos por unha saia de volantes de papel de cores, chaqueta de veludo negro con aderezos prateados e unha flor de papel na parte esquerda do peito. A maiores, levaban colares de perlas e diademas ou sombreiros feitos de flores. 🌹

🧍‍♂️Os homes, moito máis uniformados, levaban traxes de estilo militar aderezado con fitas de bandeiras, cores e guirnaldas, imitando os galóns militares. 👨‍✈️Na cabeza, levaban gorras militares con moitísimas flores de papel.🌺

Contan os veciños que os seus pais percorrían detrás deles o lugar vestidos con túnicas, tapados ata os pés e con máscaras. 😔Destes traxes non atopamos, por agora😉, ningunha imaxe.

👉🏼Coñecías o "Entroido do Val"?

"A regueifa é de trigoé de trigo barutadoque o barutou a noviacoas cañizas do carro"🎶Muiñeira de Urilde🎶                ...
06/02/2024

"A regueifa é de trigo
é de trigo barutado
que o barutou a novia
coas cañizas do carro"

🎶Muiñeira de Urilde🎶

✨O apalpador✨Este mítico xigante baixa das montañas🏔 a noite do 24 de decembro e apalpa as barrigas dos nenos e nenas👼 p...
15/12/2023

✨O apalpador✨

Este mítico xigante baixa das montañas🏔 a noite do 24 de decembro e apalpa as barrigas dos nenos e nenas👼 para ver se neste ano non pasaron fame😫.

🌠Vixía os soños dos máis pequenos e déixalles unha presa de castañas como agasallo🎁.

Visitoute algunha vez o apalpador?🥰

¿Sabes o que significa "estróupele"?🤔1. Diversión popular na que se canta, baila e brinca🎉. Sempre con moito barullo.📣2....
01/12/2023

¿Sabes o que significa "estróupele"?🤔

1. Diversión popular na que se canta, baila e brinca🎉. Sempre con moito barullo.📣
2. Ruido que se fai ao bailar a muiñeira.✨

¿Coñeces máis palabras únicas?😍
Leémoste nos comentarios👇

"Bailar ben e sacar puntobailadores do turreirobailar ben e sacar puntomirar para o compañeiro"🎶Muiñeira de traspielas🎶 ...
25/11/2023

"Bailar ben e sacar punto
bailadores do turreiro
bailar ben e sacar punto
mirar para o compañeiro"

🎶Muiñeira de traspielas🎶

Un pouco de historia nunca ven mal😜📍Ao lado da ponte de Porto do Cabo hai un antigo hospital de romeiros.Ata hai 50 anos...
17/11/2023

Un pouco de historia nunca ven mal😜

📍Ao lado da ponte de Porto do Cabo hai un antigo hospital de romeiros.

Ata hai 50 anos✨, alí fóra, as caldupeiras preparaban caldo🍲 e llo servían ós romeiros en cuncas a cambio dun patacón🤝.

😏Qué che pareceu? Sabialo?

10/11/2023

COMEZAMOS‼️

✨Benvido á Asociación Cultural As Caldupeiras✨

E ti, estás preparad@?🔥

Dirección

Narón

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Cultural As Caldupeiras publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Asociación Cultural As Caldupeiras:

Compartir

Categoría