29/06/2026
Tal día coma hoxe de 1947 casaban na igrexa de San Pedro de Muras Antía Cal e Antón Beiras. Comezaba unha convivencia moi frutífera que só había durar 21 anos e que foi bruscamente interrompida polo pasamento de Antón. Asentaron a súa relación sobre a complicidade e o amor que se tiñan.
Naquel día recibiron agasallos coma este que hoxe se pode ver na exposición do Legado Activo Beiras Cal nas Aguias de Muras. Un agasallo que nos fala da emigración murense á illa de Cuba. Estamos até as 20h. Vinde!!