Muxía Cultural

Muxía Cultural Espallando a cultura de Muxía. Un proxecto do Concello de Muxía e Horta Creativa. Unéste?

Aprender xogando🤗🌸🎲Que ben o pasaron as e os máis peques esta finde co Gran Xogo das Letras Galegas! A través de distint...
20/05/2026

Aprender xogando🤗🌸🎲

Que ben o pasaron as e os máis peques esta finde co Gran Xogo das Letras Galegas! A través de distintos xogos puideron coñecer máis sobre a festa das Letras Galegas (e a importancia de celebrala)☺️

Tamén puideron achegarse un pouquiño máis á nosa homenaxeada deste ano: a xornalista e escritora Begoña Caamaño 🙌🏼 una gran narradora galega que ademais foi unha figura fortemente comprometida en causas sociais, en especial na loita dos dereitos das mulleres, un tema que adquire un grande protagonismo na súa obra📚

A verdade que así é moi divertido aprender😉

LETRAS GALEGAS🌊🌸Unha ollada aos lindos días que pasamos celebrando as Letras Galegas esta fin de semana😇Gozamos da músic...
18/05/2026

LETRAS GALEGAS🌊🌸

Unha ollada aos lindos días que pasamos celebrando as Letras Galegas esta fin de semana😇

Gozamos da música en vivo de .wav e da Coral Virxe da Barca✨

Os máis peques divertíronse e aprenderon moito sobre este día e sobre a autora homenaxeada, Begoña Caamaño, co Gran Xogo das Letras Galegas🎲🥳

E rendémoslle unha boa homenaxe ao escritor muxián Gonzalo López Abente, que tamén foi recoñecido nesta data no 1971🙏🏼💐

Aínda recordamos tamén a emotiva homenaxe que o pobo de Muxía lle rendeu ao gran Pazos de Merexo a semana pasada, cando comezamos a celebración das Letras Galegas☺️

Agardamos que o pasásedes tan ben coma nós! 🤗

🙌🏼VIVA PAZOS DE MEREXO🙌🏼Algúns momentos da emotiva homenaxe que vivimos o sábado. Unha homenaxe fermosa entre familiares...
11/05/2026

🙌🏼VIVA PAZOS DE MEREXO🙌🏼

Algúns momentos da emotiva homenaxe que vivimos o sábado. Unha homenaxe fermosa entre familiares, veciños e amigos💙

Grazas por formar parte deste pequeno acto para lembrar ao gran músico e gran persoa que foi Pazos de Merexo💐

Nesta tarde tan especial contamos tamén coa música de Acordeireta, para enxalzar a súa figura e o instrumento ao que lle adicou a súa vida🪗

Viva Muxía, viva Merexo, viva Pazos de Merexo!🌿🌊

✨MUXÍA E AS LETRAS✨En Muxía comezamos a celebrar o Día das Letras Galegas esta semana!🌿🥰 Programación!👇🏻✨Sábado 9/05✨ Ho...
06/05/2026

✨MUXÍA E AS LETRAS✨

En Muxía comezamos a celebrar o Día das Letras Galegas esta semana!🌿🥰 Programación!👇🏻

✨Sábado 9/05✨ Homenaxe a PAZOS DE MEREXO e concerto ACORDEIRETA 〰️ 19.00 horas no Cabo da Vila.

✨Venres 15/05✨ Concerto da CORAL VIRXE DA BARCA 〰️ 20.00 horas no Salón do Voluntariado.

✨Sábado 16/05✨ O GRAN XOGO DAS LETRAS GALEGAS 〰️ 12.00 horas no Cabo da Vila (A partir de 6 anos, inscricións na Bilbioteca).

Concerto de ABRIL presentando o seu álbum ‘Medrar’ 〰️ 20.00 horas no Cabo da Vila.

✨Domingo 17✨ Homenaxe e ofrenda floral a GONZALO LÓPEZ ABENTE 〰️ 12.00 horas no seu monumento (A Cruz).

En caso de choiva 🌧️👉🏼 as actividades do Cabo da Vila faranse no Salón do Voluntariado, e o Gran Xogo das Letras Galegas na Sala Gervasio Sar 😉

Esperámosvos! 🙌🏼😇

04/05/2026

🏖️💙 O verán en Muxía vén cargado de deporte e diversión!

O Concello de Muxía presenta a súa programación deportiva para o Verán 2026 con importantes novidades 👇

✅ Ampliamos o curso de natación en augas abertas: pasa de 1 a 2 meses
✅ Duplicamos as prazas en:
👉 Deportes de aventura en Manzaneda (de 25 a 50)
👉 Saída ao Galipark (de 20 a 40)

🎯 O obxectivo é claro: que ningún neno ou nena quede fóra e que todos poidan desfrutar dunha oferta deportiva completa.

Ademais, contamos con moitas máis actividades:
🌊 Surf en Nemiña
🏃 Carreira pedestre
🏕️ Campus multideportivo e medioambiental
💦 Saída ao Aquapark de Cerceda
e moito máis!

📌 Consulta toda a información no cartel e lembra que as prazas son limitadas!

🌿LETRAS GALEGAS🌿Xa está aquí a programación de Muxía polo Día das Letras Galegas, con máis dunha semana de actividades! ...
01/05/2026

🌿LETRAS GALEGAS🌿

Xa está aquí a programación de Muxía polo Día das Letras Galegas, con máis dunha semana de actividades! 😇

💫O Día das Letras é unha das datas máis sinaladas no calendario e este ano recoñecerá o labor da xornalista e escritora Begoña Caamaño ✍🏼 quen deixou unha forte pegada na literatura galega. Ademais foi unha figura fortemente comprometida en causas sociais, en especial na loita dos dereitos das mulleres, un tema que adquire un grande protagonismo na súa obra📚

🌿En Muxía a programación dará o comezo o 9 de maio cunha homenaxe ao acordeonista Pazos de Merexo no centenario do seu nacemento, e o concerto de Acordeireta 🪗 Será unha tarde moi bonita! 👉🏼 A partir das 19:00 horas na praza Cabo da Vila.

🌿 O 15 de maio disfrutaremos doutra cita musical moi especial: o concerto da Coral Virxe da Barca 🎶 👉🏼Ás 20:00 horas no Salón do Voluntariado.

🌿O 16 de maio chega o Gran Xogo das Letras Galegas! 🎲 Un divertido xogo por equipos no que as participantes coñecerán algo máis sobre orixe e o significado do Día das Letras Galegas, así como interesantes datos e curiosidades sobre os autores e autoras homenaxeados! 😇 👉🏼 Será ás 12:00 horas na praza Cabo da Vila e podedes inscribirvos e inscribir aos máis peques na Bibilioteca!

Esa noite disfrutaremos do concerto de Abril 😊 👉🏼 Ás 20:00 horas na praza Cabo da Vila presentarán o seu álbum ‘Medrar’, que acaba de ver a luz esta primavera!🌸

🌿O 17 de maio faremos unha homenaxe e ofrenda ao poeta muxián Gonzalo López Abente, a quen lle foi adicado o Día das Letras Galegas no ano 1971 ✨👉🏼 Será ás 12:00 horas no monumento que lle recorda.

Esperamos que o tempo aconpañe (🙏🏼🌞) pero en caso de choiva 🌧️👉🏼 as actividades do Cabo da Vila faranse no Salón do Voluntariado, e o Gran Xogo das Letras Galegas na Sala Gervasio Sar 😉

Que ben celebrar as nosas letras!🤗

17/04/2026

🍢✨ MAÑÁ EMPEZA O TAPEA MUXÍA! ✨🍢

Unha das citas máis saborosas deste ano! 😍
Este 17 e 18 de abril, ven g***r do mellor tapeo polos locais de Muxía.

👉 Prezo do pincho: 1,50€
👉 Participa collendo a túa ficha en calquera dos locais
👉 Sela en todos e entra no sorteo de:
🎁 Unha cesta de produtos gourmet +
🍻 1 consumición GRATIS ao mes en cada bar participante durante 1 ano

🕒 HORARIOS:
📅 Venres 17: de 19:00 a 21:00 (coa charanga O Rumbo)
📅 Sábado 18: de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 (con Xaramiños do Corpiño)

🍽️ Locais participantes:
Bar O Porto · Rte A Furna · Rte Pedra de Abalar · Bar Miramar · Bar Antoxiños · Bar Ven de Tapeo · Camping Lagomar · Bar Caramba

Non faltes! Boa comida, bo ambiente e moita festa agárdanche en Muxía 😄🎉

Vaia Festa do Congro tan bonita que vivimos esta fin de semana! O tempo acompañou nunha xornada que seguro lembraremos d...
06/04/2026

Vaia Festa do Congro tan bonita que vivimos esta fin de semana! O tempo acompañou nunha xornada que seguro lembraremos durante moito tempo! 🌞

👉🏼Grazas a todas as persoas que viñestes a disfrutar do día connosco, a todas as persoas que fixeron posible a festa co seu traballo dentro e fóra da cociña, e aos grupos que nos acompañaron e animaron durante todo o día: Xaramiños do Corpiño, charangas Europa e Sorcha, Leite con Jalletas e Choriso Criollo💫

E estade atentxs porque isto non fixo máis que empezar! 🤗

Chega o Congro!🌊🌊🌊Esta fin de semana celebramos a Festa do Congro en Muxía! E a previsión que temos é: sol☀️ tapas🤤 e mú...
01/04/2026

Chega o Congro!🌊🌊🌊

Esta fin de semana celebramos a Festa do Congro en Muxía! E a previsión que temos é: sol☀️ tapas🤤 e música🎶

🙌🏼Vémonos o venres na degustación ás 13.00 horas no porto! E despois espéranos unha tarde de festa en toda a vila!

🥳🥳🥳

Que ganas deses días de verán e de sol… non si?? 😬☀️🌊⛴️👉🏼Na Festa do Carmen do pasado verán botamos unha tarde moi diver...
20/02/2026

Que ganas deses días de verán e de sol… non si?? 😬☀️🌊

⛴️👉🏼Na Festa do Carmen do pasado verán botamos unha tarde moi divertida co Xogo da Cucaña. Un xogo tradicional das zonas mariñeiras de Galicia para os máis atrevidos🤭

🙌🏼Colócase un pau ben amarrado ao peirao cunha bandeira no extremo oposto que hai que lograr coller antes de caer a auga. Pero ah… o pau está cheo de graxa! 😅 Polo que non é tan doado manter o equilibrio sen esvarar!

Coñeciades este xogo? Xogastes algunha vez ou coñecedes a alguén que o fixera? 😇

Canta música vivimos en 2025! 🥁E cantas ganas de toda a que está por vir neste 2026! 🤩Moitas grazas por acompañarnos! 😊 ...
06/02/2026

Canta música vivimos en 2025! 🥁

E cantas ganas de toda a que está por vir neste 2026! 🤩

Moitas grazas por acompañarnos! 😊

Dirección

Mugia

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Muxía Cultural publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría