Sala Rebullón

Sala Rebullón Sala perfectamente acondicionada para artes escénicas, audiovisuais...
Aforo para 300 persoas. Acústica impresionante. Amplo estacionamento. Coñécenos!
(2)

📢 NOVA TEMPADA DA SALA REBULLÓN 26/27 💥Hoxe presentamos a programación dun novo comezo de tempada, despois dun verán che...
02/09/2026

📢 NOVA TEMPADA DA SALA REBULLÓN 26/27 💥

Hoxe presentamos a programación dun novo comezo de tempada, despois dun verán cheo de solpores, eclipses e moitísima música en directo 💛

Xa sabedes que nos gusta comezar pouquiño a pouco para desfrutar dos últimos coletazos do verán, 😎 pero arrincamos este mes co mellor power metal e con moito teatro 🌱.

Estade moi atentas, porque temos por diante un final de ano 2026 moi potente e un 2027 con moitas sorpresas 😏

Compartide e avisade a todas as vosas amizades, que aínda queda moita xente por descubrirnos 😳

Entradas dispoñibles na nosa bio e na cantina do CSCD As Pedriñas 🎟️

📢 INDUCTION NA SALA REBULLÓN! INDUCTION é unha das formacións máis destacadas do power metal que emerxe en Europa. A ban...
02/09/2026

📢 INDUCTION NA SALA REBULLÓN!

INDUCTION é unha das formacións máis destacadas do power metal que emerxe en Europa. A banda atópase nun momento especialmente relevante da súa traxectoria, con novo disco, unha xira por media Europa e só tres paradas en España da man de ITP Promotions : Madrid, Valladolid e este venres 4, na Sala Rebullón, ás 20:30 horas. 💥

A banda destaca polo seu metal melódico, potente e épico, aberto tamén a influencias progresivas. Desta forma, os alemáns conquistaron rapidamente a público e crítica, labraron a pulso unha importante base de fans e unha traxectoria ascendente que culmina con “Love Kills!”, o seu novo álbum, co que dá continuidade á proxección internacional iniciada con “Born from Fire”. 🔥

O grupo alemán Induction actuará xunto a Elëven e UNCHOSEN ONES, conformando unha noite de venres imperdible para o público seguidor do mellor metal emerxente 😎

🎟️ Venres 4 de setembro ás 20h. Entrada anticipada 18€, billeteira 23€ 🎟️

GRANDE AMORE en Mos📍 Sala Rebullón
📅 Sábado 10 de outubro 2026
🕥 22:30 h
🎟 Anticipada: 15€ | Billeteira: 18€🎫 Entradas: ...
02/09/2026

GRANDE AMORE en Mos
📍 Sala Rebullón
📅 Sábado 10 de outubro 2026
🕥 22:30 h
🎟 Anticipada: 15€ | Billeteira: 18€
🎫 Entradas: https://woutick.com/es/entradas/grande-amore-en-sala-rebullon-mos 

Grande Amore é unha das propostas máis singulares e intensas da música galega actual. O proxecto de Nuno, Clara e María mestura rock, punk, electrónica e distorsión cunha actitude escénica absolutamente persoal, levando ao directo un son físico, ruidoso e sen concesións. Recoñecidos co Premio Martín Códax 2022 e co Premio MIN ao Mellor Álbum en Galego 2024. O seu terceiro disco, III, publicado en 2025, é o traballo máis salvaxe e acelerado da súa traxectoria, onde guitarras, sintetizadores, bases electrónicas e baterías se achegan ao rock máis extremo e ao metal industrial.

 Grande Amore Sala Rebullón Ernie Records Axencia Galega das Industrias Culturais

Hoxe hai festa no Pazo!! Tremendo cartelazo que se curraron as nosas veciñas de O Son do Pazo
29/08/2026

Hoxe hai festa no Pazo!!
Tremendo cartelazo que se curraron as nosas veciñas de O Son do Pazo

📢 SOLPORES DA REBULLÓN 🌅Os Solpores da Rebullón achéganse á súa fin *cun novo horario* e, como parte da traca final, che...
19/08/2026

📢 SOLPORES DA REBULLÓN 🌅

Os Solpores da Rebullón achéganse á súa fin *cun novo horario* e, como parte da traca final, chega un dos proxectos galegos máis versátiles e de maior crecemento: *Exeria*, o equilibrio perfecto entre o decibelio e a metáfora, entre o rock de raíz e a exploración sonora. 💥✨

Músicos experimentados formaron EXERIA no 2021 para dar renda solta ás súas composicións sen etiquetas. E a banda consolidouse rápidamente grazas a unha xira de máis de vinte concertos e ao éxito de traballos como o seu EP “Sobre a independencia" (2024). 🌱

No 2026, Exeria lanza “Todo é imposible”, elevando a súa aposta sonora cunha mestura de rock e hip-hop e cun padriño de excepción: Nick Brine, produtor que traballou con bandas como Oasis, Stereophonics, Brusce Springsteen e Coldplay, entre outras.🎶

A súa traxectoria está trufada de éxitos. Gañadores do concurso Trece Roeis Fest, segundo premio no III SalvaxeSons (The Wild Fest), finalistas no Rock in rian e Ondas Indies, e escollidos pola artista Sés –no programa EnFoco 25 da Fundacion SGAE– para colaborar con eles nun dos seus concertos.😍

⚠️ *Recordade que ao igual que o solpor se adianta, nós adiantamos o horario ás 20:30h.*

Non volo perdades! 💛

🎟️ Entrada: billeteira inversa 🎟️
🕣 *Hora: 20:30h*

📢 SOLPORES DA REBULLÓN 🌅⚠️ CANCELADO POLAS CONDICIÓNS CLIMÁTICAS ⚠️Rematan os Solpores da Rebullón deste verán e, logo d...
13/08/2026

📢 SOLPORES DA REBULLÓN 🌅

⚠️ CANCELADO POLAS CONDICIÓNS CLIMÁTICAS ⚠️

Rematan os Solpores da Rebullón deste verán e, logo dunha ducia de artistas, a responsabilidade de poñer o fin de festa recae nuns amigos da casa: DoRoxo Presbiçian 😎

DoRoxo Presbiçian naceu en Mos no 2021 e a súa enerxía lembra ao grunge dos noventa e á contundencia do rock urbano, cunha carga emocional que atravesa cada tema. 🤘🏽

Nas súas letras, DoRoxo Presbiçian aborda temas como a crítica social, a frustración contemporánea e a necesidade de autenticidade nun mundo saturado de ruído e aparencias. Sen medo a soar diferente, sobre o escenario son un verdadeiro ciclón grazas a unha música profundamente elaborada. 🎶

Co lanzamento do seu EP “bla bla bla”, DoRoxo Presbiçian dá un paso máis na súa evolución artística e confírmase como unha das voces emerxentes máis potentes do rock galego contemporáneo. 💥

⚠️Recordade que ao igual que o solpor adiántase, nós adiantamos o horario ás 20:30h

🎟️Entrada: billeteira inversa 🎟️
🕣Hora: 20:30h

📢 SOLPORES DA REBULLÓN 🌅Os Solpores da Rebullón achéganse á súa fin cun novo horario e, como parte da traca final, chega...
13/08/2026

📢 SOLPORES DA REBULLÓN 🌅

Os Solpores da Rebullón achéganse á súa fin cun novo horario e, como parte da traca final, chega un dos proxectos galegos máis versátiles e de maior crecemento: Exeria, o equilibrio perfecto entre o decibelio e a metáfora, entre o rock de raíz e a exploración sonora. 💥✨

Músicos experimentados formaron EXERIA no 2021 para dar renda solta ás súas composicións sen etiquetas. E a banda consolidouse rápidamente grazas a unha xira de máis de vinte concertos e ao éxito de traballos como o seu EP “Sobre a independencia" (2024). 🌱

No 2026, Exeria lanza “Todo é imposible”, elevando a súa aposta sonora cunha mestura de rock e hip-hop e cun padriño de excepción: Nick Brine, produtor que traballou con bandas como Oasis, Stereophonics, Brusce Springsteen e Coldplay, entre outras.🎶

A súa traxectoria está trufada de éxitos. Gañadores do concurso Trece Roeis Fest, segundo premio no III SalvaxeSons (The Wild Fest), finalistas no Rock in rian e Ondas Indies, e escollidos pola artista Sés –no programa EnFoco 25 da Fundacion SGAE– para colaborar con eles nun dos seus concertos.😍

⚠️ Recordade que ao igual que o solpor se adianta, nós adiantamos o horario ás 20:30h.

Non volo perdades! 💛

🎟️ Entrada: billeteira inversa 🎟️
🕣 Hora: 20:30h

📢 SOLPORES DA REBULLÓN 🌅O “eclipse total” do mércores non altera os concertos estivais dos xoves. 😎Os Solpores da Rebull...
06/08/2026

📢 SOLPORES DA REBULLÓN 🌅

O “eclipse total” do mércores non altera os concertos estivais dos xoves. 😎

Os Solpores da Rebullón programan para este xoves, á CHOPCHOP, banda británica de art rock liderada polo ex-Quinindiola Xelís de Toro () coñecida por uns directos cheos de enerxía e por un son ecléctico que bebe do post‑punk e da No Wave neoyorkina, con referencias a grupos como Talking Heads e The Fall de Mark Smith. 💥😍

O seu estilo altamente orixinal chamou a atención de voces destacadas da BBC, da radio arte londinense resonancefm e permitulle actuar en festivais británicos como Supernormal, Acid Horse ou Origin. Na súa primeira visita a Galicia, no 2025, incluíron por vez primeira un tema en galego no seu repertorio, recuperando “Un home animal” de Os Quinindiolas, que acabou converténdose nun éxito que hoxe seguen interpretar en Inglaterra nunha versión bilingüe galego‑inglés.🩵

Este verán, regresan a Galicia coa súa combinación de trompeta, electrónica e teclados (Alistair Strachan), baixo (Ed Haydn), batería (Ed Briggs) e a voz de Xelís de Toro. 🎶✨

Non o perdades! 💛
🎟️Entrada: billeteira inversa 🎟️
🕘Hora: 21h

📢 ECLIPSE TOTAL! A do eclipse non é unha semana calquera e a Comunidade de Montes de Tameiga non ía deixar pasar a oport...
06/08/2026

📢 ECLIPSE TOTAL!

A do eclipse non é unha semana calquera e a Comunidade de Montes de Tameiga non ía deixar pasar a oportunidade de programar un espectáculo musical acorde ao espectáculo astronómico que nos agarda o mércores 12. 🌙😍

Música en directo para poñer banda sonora ao eclipse. E por se fose pouco, teremos: 🌊 xornada de piscina nocturna! 🌊

Esa é, en esencia, a proposta de Tameiga para seguir o espectáculo. E así, o CSCD As Pedriñas convértese nunha das mellores opcións da área de Vigo para presenciar o eclipse, tanto pola súa localización privilexiada como polos concertos que acompañarán o fenómeno. 🌱

PHANTOMATIC DJ (Cristian Penelas) & Abel Trigó presentan unha innovadora proposta musical que fusiona a electrónica máis elegante coa forza da voz e a guitarra en directo. Inspirado nos orixes creativos de Estados Unidos, onde os DJs se aliaban cos vocalistas de soul, este dúo ofrece un espectáculo baseado na mestura e na improvisación. Unha viaxe sonora única, dinámica, deseñada para facer g***r e bailar ao público.🎶🎶

DJ Roberto Tempo (Roberto Tempo) é un veterano detrás dos pratos con máis de tres décadas de traxectoria, sempre conectado ás últimas tendencias e especialista en sesións 100% en vinilo que viaxan do jazz, neo soul e o disco ao afro, house, funk, electrónica ou o son brasileiro.✨

Anahí () é viguesa de pura esencia, cunha conexión coa música electrónica que naceu moi nova e que a levou a explorar desde o minimal, house, funky e disco ata o deep house, electro e acid house.😎

Non vos perdades unha oportunidade única de desfrutar deste fenómeno en comunidade! 💛

📢 SOLPORES DA REBULLÓN 🌅A fusión da nosa música de raíz de tradición oral co jazz contemporáneo europeo –ou o que é o me...
31/07/2026

📢 SOLPORES DA REBULLÓN 🌅

A fusión da nosa música de raíz de tradición oral co jazz contemporáneo europeo –ou o que é o mesmo, Leni Pérez & SeKadra– chega ao escenario ao aire libre dos Solpores da Rebullón. 😍

Leni Pérez & Sekadra é un proxecto de música tradicional galega cunha roupaxe moderna que permite tanto as influenzas do jazz contemporáneo europeo como doutras culturas. A banda explora esta mestura na voz e pandeireta de Leni Pérez xunto co dúo de jazz SeKadra, formado polo baterista Paulo Silva e aos teclados. 🎸🥁

Logo de actuar hai unhas semanas no Festival de Ortigueira, a formación presentará nos Solpores da Rebullón o seu primeiro traballo, “Xa non ten ferriñas”, un disco editado este mesmo ano e concibido como unha ponte entre os sons de raíz e as linguaxes musicais contemporáneas, cunha sonoridade aberta e delicada, auténtica e fresca. ✨

Non o perdades! 💛

🎟️ Entrada: billeteira inversa 🎟️
🕘Hora: 21h

Dirección

Avenida Do Rebullón 23
Mos
36416

Horario de Apertura

Lunes 16:30 - 20:00
Martes 09:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Miércoles 09:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Jueves 09:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Viernes 09:30 - 14:00
16:30 - 20:00

Teléfono

+34616523807

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sala Rebullón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Sala Rebullón:

Atajos

Compartir