Escola municipal de música de Moraña

Escola municipal de música de Moraña Páxina oficial da escola municipal de música de Moraña

🏖️🎶 CONCERTO DE FIN DE CURSO DA ESMU MUNICIPAL DE MORAÑA 🎶🏖️Chega o momento de pechar un curso cheo de música, aprendiza...
16/06/2026

🏖️🎶 CONCERTO DE FIN DE CURSO DA ESMU MUNICIPAL DE MORAÑA 🎶🏖️
Chega o momento de pechar un curso cheo de música, aprendizaxe e experiencias compartidas.
Convidámosvos a acompañarnos no noso Concerto de Fin de Curso, no que participarán as diferentes agrupacións da escola.
📅 Venres, 19 de xuño
🕢 21:00 h
📍 Patio traseiro da Casa da Cultura ADR Castelao
Será unha magnífica ocasión para desfrutar do traballo realizado polos nosos estudantes ao longo de todo o curso.
🎟️ Entrada libre ata completar aforo.
Agardámosvos! 💙🎵

🎉 NORABOA DARÍO! 🎉Hoxe queremos compartir unha gran noticia. O noso estudante de trompa, Darío, superou con éxito as pro...
14/06/2026

🎉 NORABOA DARÍO! 🎉

Hoxe queremos compartir unha gran noticia. O noso estudante de trompa, Darío, superou con éxito as probas de acceso ao conservatorio e obtivo praza.

Este logro é o resultado do seu esforzo, da súa constancia e da súa paixón pola música ao longo destes anos.

👏 Estamos moi orgullosos de ti e desexámosche moitos éxitos nesta nova etapa que agora comeza.

Parabéns Darío! 🎶💙

🎶📢 Xa están publicadas as prazas vacantes para o curso 2026-2027Se che gusta a música e queres aprender a tocar un instr...
01/06/2026

🎶📢 Xa están publicadas as prazas vacantes para o curso 2026-2027

Se che gusta a música e queres aprender a tocar un instrumento ou iniciarte no mundo musical, esta é a túa oportunidade.

🗓️ O prazo de matrícula abrirase o vindeiro 8 de xuño no Rexistro Municipal do Concello de Moraña.

⚠️ As prazas asignaranse de acordo coas Bases de Acceso da escola e coa orde de entrada das solicitudes no rexistro municipal.

Consulta na imaxe as especialidades e prazas dispoñibles.

🎵 Agardámoste para seguir facendo música xuntos!

🎶✨ SEMANA DE PORTAS ABERTAS NA ESMU MORAÑA ✨🎶📅 Do 1 ao 5 de xuñoQueres probar un instrumento? 🎷🥁🎹Gústache cantar, tocar ...
25/05/2026

🎶✨ SEMANA DE PORTAS ABERTAS NA ESMU MORAÑA ✨🎶

📅 Do 1 ao 5 de xuño

Queres probar un instrumento? 🎷🥁🎹
Gústache cantar, tocar en grupo ou descubrir a música desde dentro? 🎤🎸
Esta é a túa oportunidade!

Durante toda a semana abriremos as portas da Escola Municipal de Música de Moraña para que nenos, mozos e adultos poidades:
✨ Probar instrumentos
✨ Coñecer ao profesorado
✨ Participar nas nosas agrupacións
✨ Descubrir o ambiente da escola

🎵 Clarinete
🎵 Piano
🎵 Violín
🎵 Saxofón
🎵 Trompeta
🎵 Guitarra
🎵 Percusión
🎵 Zanfona
🎵 Música e movemento
🎵 Combo moderno, folk, Street Band, Batucada… e moito máis!

📍 Escola Municipal de Música de Moraña
Rúa N-3, 13 — 36660 Moraña

📞 Reserva e información:
636 068 829
📧 [email protected]

🎶 Actividade gratuíta e aberta a todas as idades!

🎶✨ A vindeira semana celebramos na ESMU Municipal de Moraña a nosa Semana de Audicións!Do 25 ao 29 de maio, o alumnado d...
22/05/2026

🎶✨ A vindeira semana celebramos na ESMU Municipal de Moraña a nosa Semana de Audicións!

Do 25 ao 29 de maio, o alumnado das distintas especialidades amosará todo o traballo realizado ao longo do curso nunha serie de concertos abertos ao público 🎼👏

📍 Casa da Cultura ADR Castelao
🕡 Entrada libre ata completar aforo

📅 Programación:

🔹 Luns 25 – 18:30 h
Zanfona e Clarinete

🔹 Martes 26 – 18:30 h
Percusión

🔹 Mércores 27 – 19:00 h
Frauta traveseira, Trompeta, Trompa e Piano

🔹 Venres 29 – 19:00 h
Guitarra, Violín, Violonchelo, Saxofón, Trombón e Bombardino

Animámosvos a achegarvos para apoiar ao noso alumnado e desfrutar da música en directo 🎵💙

🌸 FESTIVAL DE PRIMAVERA DA ESMU MUNICIPAL DE MORAÑA 🌸A música da ESMU Municipal de Moraña volve ao escenario para celebr...
17/03/2026

🌸 FESTIVAL DE PRIMAVERA DA ESMU MUNICIPAL DE MORAÑA 🌸

A música da ESMU Municipal de Moraña volve ao escenario para celebrar a chegada da primavera! 🎶

📅 Venres, 27 de marzo
🕗 21:00 h
📍 Auditorio Multiusos

As diferentes agrupacións da escola compartirán co público o traballo que estiveron preparando ao longo do curso nun concerto cheo de música e ilusión.

Animámosvos a vir coas vosas familias e amigos para desfrutar dunha fermosa tarde de música.

🌼 Entrada libre ata completar aforo

🎺🎶🌸

🎺✨ Así vivimos o concerto de clausura do curso de trompeta e trompa celebrado na Multiusos de Moraña o pasado sábado, or...
03/03/2026

🎺✨ Así vivimos o concerto de clausura do curso de trompeta e trompa celebrado na Multiusos de Moraña o pasado sábado, organizado pola Banda de Música Nova Lira de Moraña e a ESMU Municipal de Moraña.

Foi unha xornada intensa de aprendizaxe, técnica, convivencia e moita música compartida. Traballamos quecemento, sonoridade, articulación, estudo eficiente e repertorio, rematando cun concerto final que puxo o broche perfecto ao día.

Grazas ao profesorado polo seu compromiso e profesionalidade, e a todas as persoas participantes pola súa actitude, interese e ganas de mellorar.

Seguimos facendo medrar a música en Moraña 🎺📯

🎺✨ CONCERTO FINAL – CURSO DE TROMPA E TROMPETA ✨🎺Mañá sábado ás 20:00 h celebrarase no Auditorio do Multiusos de Moraña ...
27/02/2026

🎺✨ CONCERTO FINAL – CURSO DE TROMPA E TROMPETA ✨🎺

Mañá sábado ás 20:00 h celebrarase no Auditorio do Multiusos de Moraña o concerto de clausura do Curso de Trompa e Trompeta.

Unha cita especial para desfrutar do talento dos participantes e do traballo realizado ao longo da xornada formativa, guiados por profesionais de primeiro nivel.

🎟️ Entrada gratuíta ata completar aforo.

Agardámosvos para pechar este curso coa mellor música en directo! 🎶

🎶🏕 CAMPAMENTO MUSICAL – ESMU de Moraña 🏕🎶Este verán, música, aventura e diversión únense nunha experiencia inesquecible ...
10/02/2026

🎶🏕 CAMPAMENTO MUSICAL – ESMU de Moraña 🏕🎶

Este verán, música, aventura e diversión únense nunha experiencia inesquecible para nenas e nenos a partir de 7 anos.

📅 27, 28 e 29 de xuño de 2026
🎵 Concerto final: 29 de xuño ás 18:00 h
📍 Lugar: Camping Os Fieitás (O Grove)

🎼 Actividades musicais, convivencia, xogos e actividades ao aire libre nun entorno seguro e natural.

💶 Prezo: desde 130 €

📞 Información e inscricións
636 068 829
🌐 www.esmumorana.com

Prazas limitadas. Non quedes sen a túa!


🎶

🎶 EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA 🎶A Escola Municipal de Música de Moraña organiza unha xornada cultural e musical pa...
04/02/2026

🎶 EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA 🎶
A Escola Municipal de Música de Moraña organiza unha xornada cultural e musical para g***r, aprender e convivir.

📅 18 de abril de 2026
🕙 Saída: 10:00 · Chegada: 20:30
📍 Saída e chegada: ESMU Municipal de Moraña

🎼 Actividades incluídas
• Visita guiada ao Museo Centro Gaiás
• Picnic
• Visita guiada ao Auditorio de Galicia
• Concerto da Real Filharmonía de Galicia

💰 Prezo (inclúe transporte e entradas)
• Estudantes ESMU: 5 € (a partir do 20 de febreiro: 7 €)
• Outros participantes: 7 € (a partir do 20 de febreiro: 9 €)

📩 Inscrición na web: esmumorana.com

⚠️ Prazas limitadas
Concello de Moraña

🎶

Dirección

Rúa 3 Nº 13, Santa Lucía
Moraña
36660

Horario de Apertura

Lunes 16:00 - 21:00
Martes 16:00 - 21:00
Miércoles 16:00 - 21:00
Jueves 16:00 - 21:00
Viernes 16:00 - 21:00
Sábado 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escola municipal de música de Moraña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Escola municipal de música de Moraña:

Compartir