22/06/2026
🔥 Prendemos o facho do XXVI Mercado Medieval de Alfoz do Castrodouro.
🏰 Queda tan só un mes para que xentes chegadas de todos os recunchos do mundo se xunten nun entorno incomparable como o da Torre Fortaleza do Mariscal Pedro Pardo de Cela.
🗓️ Anota a data! A noite do venres 17 e o sábado 18 de xullo.
⚔️ Ademais, se tes interese en acudir co teu posto, non deixes de contactar co Concello de Alfoz (Lugo) no teléfono 982558001.
Como cada ano, ti es quen protagoniza esta historia.