Mondoñedo Medieval

Mondoñedo Medieval Fiesta Histórica de Mondoñedo.

02/08/2023
10/06/2022
14/08/2021

Las incursiones vikingas eran algo habitual en la vida de los anglosajones del siglo IX, pero hubo algo terroríficamente distinto cuando apareció un ejército vikingo buscando venganza.

14/08/2021
14/08/2021
14/08/2021

No habrá degustaciones gastronómicas pero sí se instalarán un total de 26 puestos de venta

13/08/2021

👉 XXIX MERCADO MEDIEVAL MONDOÑEDO. Programa de actividades.

➡️ SÁBADO, 14 DE AGOSTO
- 11.45 HORAS: PREGÓN DENDE O BALCÓN DA ANTIGA CASA CONSISTORIAL
- 12.00 HORAS: ROTEIRO POLAS PORTAS DA MURALLA
- 17.30 HORAS: OUTORGAMENTO TÍTULOS CABALEIROS E TAMBORES
- 20.30 HORAS: ESPECTÁCULO "O GRAN DRAGÓN". PRAZA DA CATEDRAL. AFORO LIMITADO. Reserva previa na Oficina turismo.
- 22.30 HORAS: ACTUACIÓN GRUPO XUVENTUDE. Praza da Fonte Vella.

➡️ DOMINGO, 15 DE AGOSTO
- 13.30 HORAS: VODA MEDIEVAL
- 17.30 HORAS: OUTORGAMENTO TÍTULOS CABALEIROS
- 18.30 HORAS: ROTEIRO POLAS PORTAS DA MURALLA
- 20.30 HORAS: ESPECTÁCULO "O VERÁN MIUDO". PRAZA DA CATEDRAL . AFORO LIMITADO. Reserva previa na oficina de turismo.

IMPORTANTE: Uso de mascarilla e evitar concentración de xente nas rúas!

➡️Organiza: Concello de Mondoñedo e Asociación Cultural O Pasatempo Mondoñedo
➡️Patrocina: Xunta de Galicia, Xacobeo 21- 22 , Agadic e Gadis.

09/08/2021
17/07/2021

MERCADO MEDIEVAL DE MONDOÑEDO 👇 14-15 de agosto de 2021

- O Concello de Mondoñedo modifica por este ano algúns aspectos da normativa que regula o Mercado Medieval para adaptala ás actuais circunstancias sanitarias.

- O alcalde, Manuel Otero, presentará na próxima sesión plenaria da corporación municipal os cambios previstos, co fin de cumprir totalmente as medidas sanitarias de prevención fronte aos contaxios da covid-19

- A Praza da Catedral, ambientada para a ocasión, será escenario das actuacións, e a do Seminario estará dedicada á venda de produtos ecolóxicos e artesáns

- O goberno municipal baralla unha terceira ubicación para os postos, que estaría nun lateral da Rúa da Fonte.

- A adxudicación farase por orde de entrada, dando preferencia á territorialidade, é dicir, municipio, provincia e comunidade autónoma; nesta orde

- Os pagos polos postos faranse a través da conta de recadación do Concello, sen fianza, cunha declaración xurada e con base na ordenanza fiscal número 13.

👉 A montaxe dos postos efectuarase o venres, día 13, dende as 15.00 horas ás 19.00 horas.

- O programa está adaptado as actuais condicións sanitarias e foi consensuado coa asociación Pasatempo e coa oposición municipal, neste último caso na reunión celebrada pola xunta de voceiros a pasada semana.

👉 O programa será presentado nun acto convocado ao efecto e cada evento contará co seu correspondente análise de prevención

- Actuarán numerosos grupos de música, animación e circo de rúa.

ℹ️ MAIS INFORMACIÓN:

Mondoñedo, 10 de xullo de 2021.-

O alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, presentará no próximo pleno da corporación municipal unha proposta de cambios na organización da próxima edición da Feira Medieval, a celebrar en agosto, co fin de adaptala as esixencias do actual momento na crise sanitaria provocada pola covid-19. Unha destas medidas é programar o seu desenvolvemento en dous (ao sumo, tres) espazos e con menor número de actuacións con respecto a edicións anteriores. O programa está adaptado as actuais condicións sanitarias e foi consensuado coa asociación Pasatempo e coa oposición municipal, neste último caso na reunión celebrada pola xunta de voceiros a pasada semana. Na organización da Feira respectaranse escrupulosamente as medidas sanitarias preventivas fronte aos contaxios por covid-19. O programa será presentado nun acto convocado ao efecto e cada evento contará co seu correspondente análise de prevención.

Segundo a citada proposta, a Praza da Catedral, debidamente ambientada para a ocasión, será o escenario das actuacións. A Praza do Seminario estará dedicada á venda de produtos ecolóxicos e artesáns. O goberno municipal baralla unha terceira ubicación para os postos, que estarían nun lateral da Rúa da Fonte; esta cuestión está supeditada o ditame do Plan de Continxencia Externo, elaborado pola empresa de prevencións de riscos do Concello.

En relación coa Praza do Seminario, este ano suprimiranse algunhas disposicións da normativa pola que se rexe o mercado medieval. As disposicións que cambiarán son as que se indican seguidamente.

A adxudicación farase por orde de entrada, dando preferencia á territorialidade, é dicir, municipio, provincia e comunidade autónoma; nesta orde. O pago efectuarase a través da conta de recadación do Concello, sen fianza, cunha declaración xurada e con base na ordenanza fiscal número 13.

Todas as demais disposición recollidas nas normas serán de obrigado cumprimento.

A montaxe dos postos efectuarase o venres, día 13, dende as 15.00 horas ás 19.00 horas.

Segundo a programación prevista tanto o sábado (14 de agosto) como o domingo (15) haberá ao longo de todo o día numerosas actuacións de rúa. Participarán os seguintes grupos de animación e música de rúa: Camiñantes Brancos, Os Diaños, As Árbores, Himnodium, o Gran Dragón, Odaiko y Á Brasa. Tamén haberá circo de rúa con Circadas, Dosequilibrados, Perruseta e Ojaldrino.

Dirección

Mondoñedo
27740MONDOÑEDO

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mondoñedo Medieval publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir