A Banda do Verán

A Banda do Verán A Banda do verán 🔊é
un proxecto musical infantil e galego con
música 🎧🎤teatro🎭 danza Un universo moi rockeiro cheo de cancións, moi dinámico e orixinal.

🌟GRAN CALIDADE MUSICAL E ORIXINALIDADE
💥PARTICIPACIÓN ACTIVA DE NENAS E NENOS - MOITO BAILE E MOVEMENTO!
⚡ESPECTÁCULOS EN GALEGO

🌞Estamos no verán!!! (Ten libro-cd editado por Galaxia)
Quen non pensou algunha vez de peque na idea de montar unha banda de música? No inicio do verán, xusto despois de soar o derradeiro timbre da escola... comeza esa aventura! Estilos musicais variados 🤙 🎶 como o fun

k, o rock, o reggae ou a bossa nova atópanse neste espectáculo refrescante que fará espertar a imaxinación. Unha experiencia chea de música, historias e moita danza que mergulla aos rapaces e rapazas nunha divertida festa. Un motivador soño de estío que animará a participar e sentir a música cos oídos renovados.


🦴A casa do terror (Ten libro-cd editado por Galaxia)
Neste espectáculo viviremos situacións terroríficas e igualmente divertidas con personaxes peculiares como as pulgas sombis, o lobo lover, o monstro da lavadora... e moitos máis. Ligado a estética e imaxinarios da Bola de Cristal, a Familia Adams, Scooby-Doo... 👀 a temática do terror é aboradada dun xeito divertido. Unha enerxía irresistible tanto para míudos como maiores.

😀A banda do verán está conformada por artistas profesionais que destacan pola súa ampla experiencia escénica e didáctica na música, na danza e no teatro:

Xoán Curiel (guitarra eléctrica, ukelele e voz)
Jara Ortiz (Voz)
Sofía Espiñeira (Danza)
Carlos Freire (Batería)
Antón "Torroncho" Fernández (Baixo eléctrico)
Alex Salgueiro (Teclados)

Dirección

Malpica De Bergantiños

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Banda do Verán publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a A Banda do Verán:

Atajos

Compartir