14/06/2026
O noso sentido!
Gallaecorum nace coma un proxecto de devolver á vida a sociedade e acontecementos do Reino de Galicia arredor dos séculos X-XI d.C. a través da recreación histórica é experimentación arqueolóxica.
Escollemos este punto da nosa historia dado a que atopamos unha serie de eventos olvidados de gran interese e que dan moito xeito á imaxe histórica da sociedade de Galicia. Unha sociedade organizada e soportada pola labor de todos os membros ca compoñen, e que tivo que afrontar grandes desafíos que iremos tratando pouco a pouco, coma as incursións vikingas no territorio, os enfrontamentos entre as grandes figuras do reino ou as extremas aceifas que levaron a cabo os cordobeses contra Galicia e León.
Tamén veremos como era a vida das persoas da época nos seus diversos contextos e trataremos de indagar na mentalidade e filosofía de vida que se tivo no momento, todo isto tratando sempre de facelo cunha base histórica correcta na medida do posible.
Un paso de cada vez confrontaremos os mitos do medievo, e veremos como estaba lonxe de ser simplemente un mundo de escuridade e ignorancia.