Proxecto Inesquecibles

Proxecto Inesquecibles E se puidésemos gardar para sempre as lembranzas e memorias dos nosos maiores? |

No ano 2021, o cacereño Alberto gines fixo historia acadando a primeira medalla de ouro en escalada na historia dos Xogo...
26/12/2024

No ano 2021, o cacereño Alberto gines fixo historia acadando a primeira medalla de ouro en escalada na historia dos Xogos Olímpicos.

Ginés é agora un referente para moitas nenas e nenos que buscan abrir o seu propio camiño nunha disciplina que, ata non hai moito tempo, era máis minoritaria.

Para os que a viviron case desde os seus inicios, o galego José López Crecente é case que unha lenda. Aos seus 79 anos, segue a facer paredes ao aire libre, tamén en rocódromos da Coruña como o Hangar 4.

A historia de José remite á dos pioneiros que, décadas atrás, en moitos puntos de España, deixaron a súa semente para que a escalada sexa, a día de hoxe, un deporte admirado e visible.

El é o protagonista do 1x03 do . Xa podes ver o capítulo completo na nosa canle oficial de YouTube: https://youtu.be/Te3MDf6JHms

-------

En el año 2021, el cacereño Alberto gines hizo historia logrando la primera medalla de oro en escalada en la historia de los Juegos Olímpicos.

Ginés es ahora un referente para muchas niñas y niños que buscan abrir su propio camino en una disciplina que, hasta no hace mucho, era más minoritaria.

Para los que la vivieron desde los inicios, el gallego José López Crecente es casi que una leyenda. A sus 79 años, sigue a subir paredes al aire libre, también en rocódromos de A Coruña como el Hangar4.

La historia de José remite a la de los pioneros que, décadas atrás, en muchos puntos de España, dejaron su semilla para que la escalada sea, a día de hoy, un deporte admirado y visible.

Él es el protagonista del 1x03 del . Ya puedes ver el capítulo completo en nuestro canal oficial de YouTube: https://youtu.be/Te3MDf6JHms

No ano 2021, o cacereño Alberto Ginés fixo historia acadando a primeira medalla de ouro en escalada na historia dos Xogos Olímpicos.Ginés é agora un referent...

Do Karakórum, en Pakistán, aos altos de Nepal, pasando polo Pirineo e paredes próximas como as de Bregua e o Monte Xalo....
27/11/2024

Do Karakórum, en Pakistán, aos altos de Nepal, pasando polo Pirineo e paredes próximas como as de Bregua e o Monte Xalo.

A historia de José López Crecente, de 79 anos, é a dunha persoa que leva máis de medio século ligado á montaña e á escalada.

E, á vez, é a historia dun referente no que se miran as novas xeracións que acuden, por exemplo, ao Hangar4, polo seu tesón e espírito solidario.

El será o protagonista do episodio 1x03 do . Proximamente, na nosa canle de YouTube.

---------

Del Karakórum, en Pakistán, a los altos de Nepal, pasando por el Pirineo y paredes próximas como las de Bregua y el Monte Xalo.

La historia de José López Crecente, de 79 anos, es la de una persona que lleva más de medio siglo ligado a la montaña y la escalada.

Y, a la vez, es la historia de un referente en el que se miran las nuevas generaciones que acuden, por ejemplo, al Hangar4, por su tesón y espíritu solidario.

Él será el protagonista del episodio 1x03 del . Próximamente, en nuestro canal de YouTube:

Aos seus 79 anos, o galego José López Crecente é un referente da escalada e tamén unha enciclopedia aberta sobre a montaña.Con máis de medio século de percor...

Sobre as lembranzas que transmiten os obxectos físicos escribiu hoxe Pablo Ordaz en El País.Moi recomendable a lectura d...
06/11/2024

Sobre as lembranzas que transmiten os obxectos físicos escribiu hoxe Pablo Ordaz en El País.

Moi recomendable a lectura da súa reportaxe sobre o terreo en Valencia, coas perdas dos afectados pola DANA.

La inundación no solo se ha llevado por delante vidas y viviendas enteras, sino también los recuerdos de varias generaciones

Falar de Fina Pombo é facelo da memoria do barrio coruñés de Monte Alto.Da rúa Ángel Rebollo, das leiras que había preto...
01/11/2024

Falar de Fina Pombo é facelo da memoria do barrio coruñés de Monte Alto.

Da rúa Ángel Rebollo, das leiras que había preto da Torre de Hércules, no que agora é o Paseo Marítimo. E tamén da forte identidade do barrio, que, pola cercanía da súa xente, para moitas e moitos coruñeses é case que unha vila dentro da cidade.

Fina lembra isto, e moito máis no segundo episodio do , xa dispoñible na nosa canle oficial de YouTube.

Subscríbete!

Fina Pombo (A Coruña, 1950) naciu en Monte Alto, pasou a súa nenez en Monte Alto e segue a vivir, a día de hoxe, en Monte Alto.Ela é, por moitos motivos, his...

Fina Pombo, veciña de Monte Alto, lembra con agarimo o día que se reencontrou nun colexio do barrio con Nadia Calviño, q...
28/10/2024

Fina Pombo, veciña de Monte Alto, lembra con agarimo o día que se reencontrou nun colexio do barrio con Nadia Calviño, que pasou parte da nenez en Ángel Rebollo, onde vivían os seus avós.

Este xoves 31, Fina protagoniza o 1x02 do .

Fina Pombo, veciña de Monte Alto (A Coruña), é historia viva do barrio. Naciu en Monte Alto, criouse en Monte Alto e vive, a día de hoxe, en Monte Alto.Por i...

Fina Pombo (A Coruña, 1950) naciu en Monte Alto, pasou a súa nenez en Monte Alto e segue a vivir, a día de hoxe, en Mont...
23/10/2024

Fina Pombo (A Coruña, 1950) naciu en Monte Alto, pasou a súa nenez en Monte Alto e segue a vivir, a día de hoxe, en Monte Alto.

Ela é, por moitos motivos, historia viva do barrio. Pola súa cabeza viaxan dun lado a outro lembranzas do Matadoiro e da contorna da Torre, cando o paseo marítimo aínda non era paseo, senón un conxunto de leiras nas que pastaban as vacas.

Os seus pais, labregos urbáns, traballaron precisamente naqueles terreos, a só uns pasos dun faro que servía de guía aos mariñeiros e tamén botaba luz sobre as poucas vivendas que había nas proximidades. “Eu durmía na habitación que estaba na parte de diante da casa. Pola noite, tiña que pechar as contras das fiestras, porque os destellos da Torre de Hércules espertábanme”, conta.

A historia de Fina, que de pequena repartía leite por casas do barrio, é a dunha muller que, dende ben nova, sentiu paixón polo coñecemento. Por ir un paso máis alá e alonxarse dos estereotipos da época, que moi a miúdo reducían o seu papel ás tarefas do fogar.

Alá polos anos da ditadura, estando no Servizo Social, unha compañeira de 23 anos comentoulle que ía comezar o Bacharelato. Fina tiña apenas 16. “E ela díxome: ‘Se che apetece, por que non vas estudar?’. E empecei a cavilar, cheguei a casa e díxenllo aos meus pais. Lembro que o meu pai díxome que ‘curso por curso’. Eu botei dous cursos en un e, en tres anos, rematei”.

Non foi o final, senón o punto de partida. Anos despois, fixo as carreiras de Enfermaría e Medicina, e xubilouse sendo oftalmóloga do CHUAC.

Fina será a protagonista do capítulo 1x02 do . O vindeiro venres 31 de outubro, o episodio completo na nosa canle de YouTube.

-------------

Fina Pombo (A Coruña, 1950) nació en Monte Alto, pasó su infancia en Monte Alto y sigue viviendo, a día de hoy, en Monte Alto.

Ella es, por muchos motivos, historia viva del barrio. Por su cabeza viajan de un lado a otro recuerdos del Matadero y el entorno de la Torre, cuando el paseo marítimo aún no era paseo, sino un conjunto de fincas donde pastaban las vacas.

Sus padres, labradores, trabajaron precisamente en aquellos terrenos, a sólo unos pasos de un faro que servía de guía a los marineros y también arrojaba luz sobre las pocas viveindas que había en las cercanías. “Yo dormía en la habitación que estaba en la parte delantera de la casa. Por la noche tenía que cerrar las contras de las ventanas. Si no, los destellos de la Torre de Hércules me despertaban”, cuenta.

La historia de Fina, que de pequeña repartía leche por casas del barrio, es la de una mujer que, desde muy joven, sintió pasión por el conocimiento. Por ir un paso más allá y alejarse de los estereotipos de la época, que muy a menudo reducían su papel a las tareas del hogar.

Allá por los años de la dictadura, estando en el Servicio Social, una compañera de 23 años le comentó que iba a comenzar el Bachillerato. Fina tenía apenas 16. “Y ella me dijo: ‘Si te apetece, ¿por qué no vas a estudiar?’. Empecé a pensar, llegué a casa y se lo dije a mis padres. Recuerdo que mi padre me dijo que ‘curso por curso’. Hice dos cursos en uno y, en tres años, terminé”.

No fue el final, sino el punto de partida. Años después, hizo las carreras de Enfermería y Medicina, y se jubiló siendo oftalmóloga del CHUAC.

Fina será la protagonista del capítulo 1x02 del . El próximo viernes 31 de octubre, el episodio completo en nuestro canal oficial de YouTube.

A relación entre Luis Amado Nodar (Pontedeume, 1955) e as estrelas ten algo do Principiño de Antoine de Saint-Exupéry.Cr...
14/10/2024

A relación entre Luis Amado Nodar (Pontedeume, 1955) e as estrelas ten algo do Principiño de Antoine de Saint-Exupéry.

Criouse na parroquia de Nogueirosa, ollando ao ceo: “Chamábame a atención e preguntábame todo o que se preguntaría un neno”. Esta fin de semana, en Piornedo, aquel rapaz voltou por un momento á súa nenez coa busca do C/2023 A3, o cometa máis brillante en cen anos.

A astronomía sempre tivo un espazo na vida de Luis. Estudou Náutica na Coruña e navegou durante anos en buques petroleiros, surcando as augas do Pacífico, tamén as do Atlántico e o Índico, cruzando o cabo de Boa Esperanza, en Sudáfrica, rumbo ao Golfo Pérsico. E cada día, o sextante marcaba as coordenadas nos crepúsculos matinais e vespertinos. “Agora os barcos levan tecnoloxía GPS e sistemas por satélite. Antes, o sextante era o Plan A. O único plan”, lembra.

Luis, aficionado á astrofotografía, cumprirá 70 anos o vindeiro mes de abril. Unha das súas netas, que ten seis, curioseaba este sábado desde as fiestras do Hotel Piornedo mentres o seu avó, desde fóra, oteaba ao lonxe as zonas de posible paso do cometa. A noite rematou no xardín cos once integrantes da familia, avós, fillos e netos, baixo o firmamento dos Ancares, pasándose os prismáticos nunha noite tan limpa, tan alonxada da contaminación lumínica, que o cometa podía divisarse a simple vista.

A astrofotografía, unha disciplina moi esixente no referente á dedicación e tamén no técnico, non está exenta de avances. Xa hai softwares que permiten automatizar as coordenadas para situar o obxectivo alí onde está a imaxe desexada. Luis destaca estas melloras e, á vez, conserva o romanticismo da persoa que valora estar no lugar e o instante: “Gústame ficar ao pé do equipo, pasando a noite aí mentres escoito os seus sonidos. O ceo alimentou vocacións científicas entre moita xente, e iso é evocador”.

----------

La relación entre Luis Amado Nodar (Pontedeume, 1955) y las estrellas tiene algo del Principito de Antoine de Saint-Exupéry.

Se crio en la parroquia de Nogueirosa, mirando al cielo: “Me llamaba la atención y me preguntaba todo lo que se preguntaría un niño”. El pasado fin de semana, en Piornedo, aquel chaval volvió por un momento a su infancia con la búsqueda del C/2023 A3, el cometa más brillante en cien años.

La astronomía siempre tuvo un espacio en la vida de Luis. Estudió Náutica en A Coruña y navegó durante años en buques petroleros, surcando las aguas del Pacífico, también las del Atlántico y el Índico, cruzando el cabo de Buena Esperanza, en Sudáfrica, rumbo al Golfo Pérsico. Y cada día, el sextante marcaba las coordenadas en los crepúsculos matinales y vespertinos. “Ahora los barcos llevan tecnología GPS y sistemas por satélite. Antes, el sextante era el Plan A. El único plan”, recuerda.

Luis, aficionado a la astrofotografía, cumplirá 70 años el próximo mes de abril. Una de sus nietas, que tiene seis, curioseaba este sábado desde las ventanas del Hotel Piornedo mientras su abuelo, desde fuera, oteaba a lo lejos las zonas de posible paso del cometa. La noche terminó en el jardín con los once integrantes de la familia, abuelos, hijos y nietos, bajo el firmamento de los Ancares, pasándose entre sí los prismáticos en una noche tan limpia, tan alejada de la contaminación lumínica, que el cometa podía divisarse a simple vista.

La astrofotografía, una disciplina muy exigente en lo referente a la dedicación y también en lo técnico, no está exenta de avances. Ya hay softwares que permiten automatizar las coordenadas para situar el objetivo allí donde está la imagen deseada. Luis destaca estas mejoras y, a la vez, conserva el romanticismo de la persona que valora estar en el lugar y el instante: “Me gusta quedarme al pie del equipo, pasando la noche ahí mientras escucho sus sonidos. El cielo alimentó vocaciones científicas entre mucha gente, y eso es evocador”.

Hoxe, coincidindo co  , o primeiro episodio do   chega ás páxinas do Dxt Campeón.Grazas á xornalista Lucía Davila por fa...
21/09/2024

Hoxe, coincidindo co , o primeiro episodio do chega ás páxinas do Dxt Campeón.

Grazas á xornalista Lucía Davila por facerse eco da iniciativa.

El legado de los abuelos del capitán del Deportivo inaugura un proyecto dedicado a nuestros mayores ...

Das rúas de Monelos ao estadio de Riazor, nesa viaxe de Lucas Pérez para chegar a ser futbolista profesional e vestir a ...
20/09/2024

Das rúas de Monelos ao estadio de Riazor, nesa viaxe de Lucas Pérez para chegar a ser futbolista profesional e vestir a camiseta do equipo da súa cidade, hai dúas persoas clave: Manuela e Manuel.

Hoxe, Lucas abre o seu álbum de memorias para poñer en valor aos seus avós, as figuras que vertebraron a súa identidade e os seus valores.

O 1x01 do , xa dispoñible na nosa cable oficial de YouTube.

Lucas Pérez, coruñés e capitán do , viviu a súa infancia e parte da adolescencia no fogar do seus avós, Manuela e Manuel.Neste primeiro episodio ...

20/09/2024

É hoxe.

Este venres, 20 de setembro, Lucas Pérez abre o coas lembranzas dos seus avós, Manuela e Manuel.

Ás 20.30 horas, o episodio completo na nosa canle oficial de YouTube: https://i.gal/sjclG

Como e por que nace o  ?As respostas, hoxe en Riazor.org, a gran comunidade do deportivismo, da man de Victor Losada Lea...
18/09/2024

Como e por que nace o ?

As respostas, hoxe en Riazor.org, a gran comunidade do deportivismo, da man de Victor Losada Leal.

Grazas polo apoio.

"A los niños y niñas, por favor, pelead por vuestros sueños pero no os olvidéis de vuestros abuelos y abuelas. Es la mejor herencia que tenéis". Estas fueron

As orixes do   chegan hoxe a La Opinion A Coruña - laopinioncoruna.es baixo a perspectiva da xornalista Ana Carro, á que...
18/09/2024

As orixes do chegan hoxe a La Opinion A Coruña - laopinioncoruna.es baixo a perspectiva da xornalista Ana Carro, á que agracedemos moito a súa interese na iniciativa.

A ligazón á reportaxe completa, aquí.

El periodista Pablo Varela desarrolla un proyecto para guardar los recuerdos de las personas mayores | En el primer capítulo, que se publica este viernes, Lucas Pérez habla de sus abuelos

Dirección

Piornedo
Lugo
27667

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Proxecto Inesquecibles publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría