02/09/2026
✨ Multitudinaria inauguración de «500 Mulleres na Arte» en Lugo
A Sala de Exposicións da Deputación acolleu unha multitudinaria inauguración de «500 Mulleres na Arte», o proxecto da artista e investigadora Co**ha Mayordomo que chega a Lugo no marco do 20º aniversario da Rede Museística Provincial.
💜 Unha proposta que recupera e visibiliza a memoria de creadoras, teóricas e mecenas que forman parte da historia da arte e que, en moitos casos, foron esquecidas polos canons tradicionais.
Entre as protagonistas do proxecto atópanse 33 autoras galegas, 9 delas naturais da provincia de Lugo.
A exposición continuará o seu percorrido polos catro museos da Rede ata finais de outubro, convidándonos a descubrir, recoñecer e reivindicar o papel das mulleres na historia da arte.
👏 Grazas a todas as persoas que nos acompañastes nesta inauguración tan especial!