04/08/2026
🎬 O pasado mes de xuño puidemos compartir os traballos nacidos no noso Laboratorio de Cinema Rural: catro curtametraxes que dan voz á nosa paisaxe, as nosas xentes e o noso territorio.
♥️ Que emocionante foi atoparnos, compartir os intensos momentos de cinema rebelde e apaixonado, falar dos procesos creativos, as temáticas tratadas e as anecdotas das rodaxes.
🌱 E que gratificante ver medrar esta semente, ver a boa acollida, a ilusión dxs novxs cineastas ao ver as súas curtas e as emocións xeradas pola experiencia comunitaria de ver cinema xuntas!!
✨ Siiii, queremos máis! Queremos seguir facendo pelis, abrindo as portas ao talento do rural e compartindo a maxia do cinema coas nosas veciñas e veciños.
🙏🏽 Grazas a todxs xs colaboradorxs, patrocinadorxs e administracións que nos apoiaeon, grazas aos concellos do Saviñao, Pantón, Taboada e Samos, grazas ao espazo O Couso e a todxs xs pedazo de profesionais que forman parte desta aventura. Sen vós non sería posible!!
📅 Agardamos voltar cunha nova edición en primaveira do 2027. Estade atentxs!!
ATA PRONTO!! ✨ 🎥 ♥️ 🌱