17/08/2026
‼ Nestas últimas semanas o Pavillón Municipal de Chantada está experimentando distintas reparacións: arranxos das planchas na cúpula central, cambio das portas de vestiarios e baños e do mobiliario destes últimos... e tamén estes graffitis da entrada do pavillón e do interior debaixo da pantalla do marcador.
🖌 Estes fermosos graffitis foron realizados por Trece trazos e poderanse ver totalmente rematados este martes, 18 de agosto, no partido do "I Torneo Terras do Asma" entre o Illes Balears Palma Futsal e o Timnas Futsal Indonesia. Outro motivo máis para vir desfrutar deste encontro de fútbol sala organizado pola S.D. Chantada co que colabora o Concello de Chantada.
🏗 As obras no Pavillón Municipal van continuar proximamente co cambio do parqué danado e melloras na fachada.
-