Casa do maior Arco da Vella

Casa do  maior Arco da Vella 🌈Proxecto financiado por a consellería de Política Social - XUNTA DE GALICIA

🍀CONCELLO DE LOBIOS

🏘️💚
18/08/2026

🏘️💚

👏🏽☀️🥳
06/08/2026

👏🏽☀️🥳

🎉🍲 𝐃𝐚𝐬 𝐜𝐢𝐭𝐚𝐬 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐬𝐚𝐛𝐨𝐫𝐨𝐬𝐚𝐬 𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐨 𝐯𝐞𝐫𝐚́𝐧: 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐨𝐬 𝐂𝐚𝐥𝐥𝐨𝐬 𝐋𝐢𝐦𝐢𝐚𝐨𝐬 𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐫𝐞𝐭𝐚𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐋𝐨𝐛𝐢𝐨𝐬! 🍲🎉

Lobios prepárase para celebrar a XXVII Festa dos Callos Limiaos e a XVII Carretada de Lobios 🚜

📅 𝟮𝟯 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼
Un día para g***r da nosa gastronomía, tradición e ambiente festivo💛

🥘 Degustación dos famosos callos limiaos
🎶 Música, animación e actividades para todas as idades
🚜 A esperada Carretada, unha das nosas tradicións máis queridas
🔗Bases en https://drive.google.com/file/d/1vYcvzSt80ucEuzo68l-W1V49qD2uA5_h/view?usp=drive_link

👨‍👩‍👧‍👦 Un plan perfecto para compartir en familia ou con amizades, poñendo en valor o mellor da nosa terra

📍 Non faltes a esta festa chea de sabor, cultura e diversión!

🥳☀️
17/07/2026

🥳☀️

🎉𝐎 𝐯𝐞𝐫𝐚́𝐧 𝐞𝐧 𝐋𝐨𝐛𝐢𝐨𝐬 𝐯𝐞́𝐧 𝐫𝐞𝐩𝐥𝐞𝐭𝐢𝐧̃𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐭𝐨𝐝𝐨𝐬 𝐨𝐬 𝐠𝐮𝐬𝐭𝐨𝐬 𝐞 𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬🎉

Xa temos preparada a programación de verán de Lobios pensada para desfrutar en familia, compartir cos amigos e encher as rúas de vida durante os meses de xullo e agosto.

🎭 Espectáculos de circo e maxia
🎬 Cine ao aire libre
🎶 Música e animación
⚽ Campus e torneos deportivos
🏊 Pool Party nas piscinas municipais
👧 Actividades de conciliación para a cativada
🎊 As nosas Festas de Verán
🍲e por suposto, as tradicionais e senlleiras FESTA DOS CALLOS LIMIAOS e DA CARRETADA
▪️▪️▪️

Actividades e eventos de lecer, cultura, deporte e diversión que converten Lobios nun lugar para vivir o verán ao máximo.

📅 Consulta a programación no cartel e segue as publicacións nas nosas redes sociais para non perderte nadiña!! 😊

💙 Agardámoste en Lobios para compartir un verán cheo de momentos inesquecibles.

💪🏻🥰💚
25/06/2026

💪🏻🥰💚

🥰🤩
28/05/2026

🥰🤩

🧩𝑬𝑫𝑼𝑻𝑹𝑶𝑼𝑳𝑨, 𝒏𝒂 𝑩𝒊𝒃𝒍𝒊𝒐𝒕𝒆𝒄𝒂 𝒅𝒐 𝑪𝑬𝑰𝑷 𝑷𝒍𝒖𝒓𝒊𝒍𝒊𝒏𝒈𝒖̈𝒆 𝒅𝒐 𝑿𝒖𝒓𝒆́𝒔

A Biblioteca do CEIP do Xurés quere convidarte a coñecer a súa participación no proxecto Edutroula.

Edutroula: É unha actividade organizada polo Seminario Intercentro “Innovación é Cooperación na escola rural” tivo como finalidade recoller cantigas e xogos populares na Baixa Limia e visibilizar e recoller o patrimonio inmaterial coa participación das familias e da comunidade social.
Contaron coa participación das Cantareiras de Grou e a Casa do maior Arco da Vella, a participación deste Concello de Lobios e co Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo e de todas as familias do centro, materializando as aportacións da comunidade no festexo do día das familias no noso Colexio o CEIP Plurilingüe do Xurés. 🤩

🔗Máis info e galería de imaxes no seu blogue https://biblioxures.blogspot.com/

13/05/2026

ℹ 𝐒𝐔𝐁𝐕𝐄𝐍𝐂𝐈𝐎́𝐍𝐒 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎𝐁𝐑𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐑𝐄𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀 𝐃𝐄 𝐕𝐈𝐕𝐄𝐍𝐃𝐀𝐒 𝐄 𝐀𝐃𝐐𝐔𝐈𝐒𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐄 𝐄𝐐𝐔𝐈𝐏𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 𝐓𝐄́𝐂𝐍𝐈𝐂𝐎 𝐃𝐈𝐑𝐈𝐗𝐈𝐃𝐎 𝐀 𝐏𝐄𝐑𝐒𝐎𝐀𝐒 𝐌𝐀𝐈𝐎𝐑𝐄𝐒 𝐃𝐄 𝟔𝟓 𝐀𝐍𝐎𝐒
A Deputación de Ourense promove esta convocatoria cuxo obxectivo é proporcionar axudas a persoas maiores de 65 anos que necesiten adaptar ou reformar o seu fogar, para facelo máis accesible e que lles proporcione a posibilidade permanecer na súa casa de forma autónoma o maior tempo posible, así como a adquisición de medidas técnicas como apoio.

🔗Bases e máis información enhttps://www.depourense.gal/sites/default/files/2026-05/bases.pdf

🍀 A VOLTA FEMININA 26 – ETAPA 2 LOBIOS / SAN CIBRAO DAS VIÑAS 🚴‍♀️🚴‍♀️Onte vivimos unha experiencia única e excepcional....
05/05/2026

🍀 A VOLTA FEMININA 26 – ETAPA 2 LOBIOS / SAN CIBRAO DAS VIÑAS 🚴‍♀️🚴‍♀️

Onte vivimos unha experiencia única e excepcional. O concello de Lobios converteuse no escenario de saída da segunda etapa da Volta Feminina 26, e tivemos a sorte de poder gozala de preto.☺️

Moitísimas grazas por facelo posible!💙


💙🍀
29/04/2026

💙🍀

🚲🚴🏽‍♀️🚵🏽‍♀️
28/04/2026

🚲🚴🏽‍♀️🚵🏽‍♀️

🚴‍♀️💚 La Vuelta Femenina by Carrefour.es en Lobios!

Lobios será punto de saída da etapa 2 da proba ciclista La Vuelta Femenina 2026, unha xornada de 109 km marcada por un perfil ondulado, sen grandes portos pero cun constante sube e baixa que promete emoción ata o final.

Dende o noso concello, no corazón do Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés, acollemos ciclismo de élite nun escenario único onde deporte e natureza van da man.

📅 4 de maio de 2026
📍 Saída: Lobios → Meta: San Cibrao das Viñas
🔗Máis información en https://www.lavueltafemenina.es/es/etapa-2

🚴Animamos a veciñanza e visitantes a saír á rúa, apoiar ás corredoras e vivir unha xornada especial para Lobios.

Dirección

Rúa PIAS
Lobios
32870

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Casa do maior Arco da Vella publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría