11/08/2026
💙 **Grazas, Backun, por formar parte do Galicia Clarinet Fest!**
Queremos agradecer especialmente a **Backun** por ser un dos nosos principais patrocinadores e por confiar no Galicia Clarinet Fest. Pero, sobre todo, queremos dar as grazas a **Morrie Backun e Joel Jaffe**, por acompañarnos durante practicamente toda a semana e por facer da súa presenza no festival algo tan especial.
Foron moitas as persoas que se achegaron ao seu stand para probar os clarinetes Backun, coñecer diferentes modelos e, sobre todo, recibir o asesoramento e os consellos de auténticos referentes da marca. Xunto a eles, contamos tamén coa presenza de **Juan Pardo**, responsable da marca Backun en España, que estivo durante toda a semana acompañando, asesorando e atendendo aos músicos que se achegaron ao stand.
A exposición foi posible grazas á colaboración de **Opera Prima** xunto con Backun, polo que queremos agradecerlles enormemente o seu traballo e implicación para facer realidade esta experiencia.
E, por suposto, grazas a todos os **artistas da marca Backun** que estiveron con nós durante toda a semana como profesores. Foi un auténtico pracer e un enorme privilexio poder compartir con eles música, coñecementos e experiencias.
Como colofón, poder contar cunha **charla do propio Morrie Backun** foi un auténtico luxo e unha experiencia que gardaremos con especial cariño. 🎶
Grazas, Backun, Morrie, Joel, Juan e a todos os artistas da marca por formar parte desta edición e por seguir apostando polo clarinete, pola música e polo Galicia Clarinet Fest. 💙
O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.
Concertos do Xacobeo Xunta de Galicia Galicia Calidade, Xacobeo 27
Nordesía Producións