26/08/2026
🎨 Volvemos en setembro!
Abrimos matrícula para o novo curso de Clases de Arte en Nigraponte, para nenas, nenos, mozas, mozos e persoas adultas. De 5 a 99 anos! ✏️🖌️
Debuxo, pintura, modelado en barro, debuxo dixital, manualidades, cómic… un espazo para aprender, experimentar e crear ao teu ritmo.
✨ Se non tes claro se é para ti, ven probar! Podes coñecer o espazo, ver como traballamos e descubrir o que máis che apetece facer.
Non fai falta ter experiencia, só ganas de crear e pasalo ben.
📅 Comezamos en setembro
📍 Nigraponte Espazo Cultural · Lalín
📲 Máis información e inscricións: 633 326 988 / 626 815 691