19/08/2021
🎯💧🎭⛰🌳🚴♂️DESENRÉDATE!: PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE AVENTURA E NO ESCAPE ROOM
📌Continúa aberto prazo para solicitar os bonos para as actividades de Promoción do Ocio Saudable do Programa Desenrédate! que pretende reconectarnos co real, e limitar o uso excesivo que fai a mocidade das novas tecnoloxías.
📌As actividades son gratuítas para as persoas empadroadas en Lalín. Os bonos son limitados e poderanse solicitar desde a páxina web do Concello.
📌Entre estas diversas actividades, ofértase un escape room no exterior, que dará comezo o vindeiro 30 de xullo, chamado “O Segredo de Lalín”. Este é un xogo de escape en grupos de 4 persoas que ofrece unha viaxe por toda a vila co obxectivo de descubrir o segredo que se agocha protexido polas nosas figuras ilustres. Unha secuencia de probas de enxeño onde a comunicación é fundamental. Está deseñado para que poidan participar tanto grupos de amigos como familias.
📌Haberá tamén xornadas con actividades de aventura, tamén gratuítas, previa solicitude dos correspondentes bonos: tirolina, rápel nivel iniciación/avanzado, tiro con arco e caiac. A primeira actividade consistirá nunha tirolina para tódalas idades o próximo sábado 31 de xullo no entorno da praia fluvial de Vilatuxe, o Pozo do Boi, de 16.30 a 19.30 h.
📌ENLACES SOLICITUDES BONOS ACTIVIDADES
A solicitude dos bonos para acceder ás actividades farase a través dos seguintes enlaces (existe un número limitado de bonos para cada actividade e farase por orde de solicitude):
1. SCAPE ROOM - O SEGREDO DE LALÍN: https://forms.gle/Bf7hdjRjtMWXuND5A
2. TIROLINA: https://forms.gle/VGp12gs4YvbotmDP9
3. RÁPEL INICIACIÓN: https://forms.gle/AT3ot3wCBY6tCr8Y8
4. RÁPEL NIVEL MEDIO: https://forms.gle/799uXvCMf2x1RE1Q6
5. TIRO CON ARCO: https://forms.gle/HYbqwtt5q11LsunA7
6. CAIAC: https://forms.gle/zrTVRRZ4WsUcgCkW7