Aldeas de Nadal Lalín

Aldeas de Nadal Lalín ✨ A Fábrica dos Soños das Familias Galegas ✨
Inauguramos o 5 de decembro🎄

07/06/2026
05/06/2026
02/06/2026

🎄 🏘️ 𝐋𝐚𝐥í𝐧 𝐩𝐫𝐨𝐦𝐨𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚 𝐚𝐬 𝐀𝐥𝐝𝐞𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐍𝐚𝐝𝐚𝐥 𝐧𝐚 48ª 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐒𝐞𝐦𝐚𝐧𝐚 𝐕𝐞𝐫𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚

O Concello de Lalín está presente, desde o xoves 4 e ata o vindeiro domingo 7 de xuño, na 48ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a través dun stand das Aldeas de Nadal Lalínl, no que se poderá obter información sobre este proxecto referente lalinense que vén de obter o primeiro premio ao mellor proxecto municipal no marco da primeira edición dos premios de Turismo Rías Baixas.


19/02/2026

ℹ️ 🪆 Recollida de bonecas do Escaparate Máxico

Infórmase a todas as persoas que cederon as súas bonecas para a exposición "As bonecas da túa vida" nesta última edición de Aldeas de Nadal Lalín, que desde hoxe xa poden pasar a recollelas.

Puntos de recollida 👉 no mesmo lugar onde fosen depositadas, na recepción do Concello ou na tenda de Karen Vestidos.

A organización quere reiterar o máis sincero agradecemento polas cesións que conseguiron facer deste escaparate un dos puntos máis visitados e aclamados do Nadal e incluso en semanas posteriores. Así mesmo, agradecer aos propietarios do local a súa xenerosa colaboración para facer posible esta mostra.

16/01/2026

🎄 🌍 As Aldeas de Nadal Lalín e o Nadal en Deza-Tabeirós, por medio do programa europeo "Together we create Christmas spirit", serán o único destino turístico galego que se presente no stand do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en Fitur.

A presentación, a través do GDR Terras de Pontevedra Norte, será no stand do MAPA en Fitur, o mércores 21 ás 16:30h, e deste xeito, o proxecto Aldeas de Nadal terá o seu eco dentro dos eventos que acolla no seu stand este ministerio do Goberno do Estado.

Ademais as Aldeas de Nadal presentaranse o xoves 22, a partir das 13:15 h no stand de Galicia, tamén en Fitur, como un dos destinos turísticos importantes da nosa comunidade autónoma.

15/01/2026

✅ O alcalde José Crespo, acompañado da tenente alcalde Paz Pérez e da concelleira Karen Fernández recibiu onte ás empresas patrocinadoras das Aldeas de Nadal: Grupo Aurela SL, Megodeza SLU, Tecglass SL, Hermanos Toimil García SL, Disanfa SL, Autocares Meijide e Distribuciones Padín, para agradecerlle a súa implicación neste proxecto referente do Nadal en Lalín e Galicia, que atraeu a milleiros de visitantes durante os días 5 de decembro e 6 de xaneiro.

Quixo compartir con eles o positivo balance desta última edición das Aldeas de Nadal Lalín, que se trasladou ao tecido económico local, sobre todo comercio e hostalería.

O alcalde tamén agradeceu a todas as persoas e entidades que colaboraron no proxecto, entre eles os que cederon de modo altruísta os seus locais para a instalacións dos escaparates máxicos e ou do mercadiño:
-Carmen Terrón para o escaparate de miniaturas
-José Luis Sa****um para o escaparate do Bosque Nevado
-Begoña Guerra para o escaparate dos Cabezudos de Laxeiro
-Familia Brandido para o escaparate de "As bonecas da túa infancia"
-Bea Ferreiro pola cesión dun local para gardar material do mercadiño de Nadal

✨ Grazas a todas as familias, negocios e persoas que fixeron posible este Nadal inesquecible en Lalín.
11/01/2026

✨ Grazas a todas as familias, negocios e persoas que fixeron posible este Nadal inesquecible en Lalín.

🎄 As Aldeas de Nadal Lalín pechan unha edición 2025-26 exitosa, con alto retorno económico e de visitantes.

O balance non podería ser mellor: 📈 + 30% de familias, visitantes chegados de toda Galicia e tamén de fóra, e un ambiente que encheu Lalín de vida durante semanas.

▪️ Algúns datos que marcan a diferenza:

🅿️ O Parking Europa tivo que colgar o cartel de completo durante 15 días da celebración das Aldeas.

🚂 O tren das Aldeas realizou máis de 8.000 viaxes nos 20 días de funcionamento, únicamente en horario de tarde.

🛍️ Comercio e hostalería rexitraron incrementos de vendas entre o 20 e o 30% máis, segundo os propios profesionais.

🗺️ Os tours paralelos chegaron a reunir ata 60 familias nun só turno.

A concelleira responsable, Karen Fernández Lamela, destaca a satisfacción polo éxito dun proxecto vivo, sostible e con identidade propia, anunciando ademais algunha novidade na próxima edición, como a dunha nova Aldea para seguir medrando e atraendo visitantes.

✨ Grazas a todas as familias, negocios e persoas que fixeron posible este Nadal inesquecible en Lalín.

Dirección

Lalín

Horario de Apertura

Lunes 11:00 - 21:00
Martes 11:00 - 21:00
Miércoles 11:00 - 21:00
Jueves 11:00 - 21:00
Viernes 11:00 - 21:00
Sábado 11:00 - 21:00
Domingo 11:00 - 21:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Aldeas de Nadal Lalín publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir