C.s. Fuscalho

Cómo llegar Contactar con la empresa

C.s. Fuscalho Consultas a [email protected]

🤝 SOLIDARIEDADE ANTIRRACISTA CON CEUTA 🤝TEKNOWÄRROS darase cita no CS Fuscalho o próximo 10 de outubro neste evento soli...
21/09/2026

🤝 SOLIDARIEDADE ANTIRRACISTA CON CEUTA 🤝

TEKNOWÄRROS darase cita no CS Fuscalho o próximo 10 de outubro neste evento solidario coas persoas en tránsito na cidade de Ceuta.

🕰️ 19.30 Palestra informativa sobre a situación actual en Ceuta a cargo de compañeirxs que se mobilizaron ate alí

🕰 22.00 Concertos e pinchadas

🌖 𝕮𝖚𝖑𝖙𝖔 𝕮𝖆𝖗𝖓𝖊 é unha peza na que dialogan a poesía de Branca Trigo, os visuais en 3D de Octavia Russo e as paisaxes sonoras de Cult of Auspex.

🌗 Teknowärros live set: ambos membris do colectivo. david hardcore mais electrónica a base de beat box e loopstation e ⒶNTÓN TAVACO💃 teknopunk, xúntanse en dupla traendo un live potente, dinámico e con moita tralla.

🌘 Virxou é música electrónica instrumental feita con sintetizadores analóxicos: sen ordenador no escenario, só hardware. Con influencias que van dende os 90 ata a actualidade, bebendo de estilos como o synth punk, breakbeat, drum and bass ou techno.

🌑 está a introducirse no mundo do dj, basando as súas sesións no hardgroove, un subxénero bailongo e movedizo.

🌒 EVIYAH a que te pon a dar zapatilla.

🌓 Crudo & kieto adícanse a poñer música dcore, e pertencen a celtacore que é unha promotora de festas de hardcore. Can De Vincios

Teremos material solidario á venda durante toda a xornada. Se non podes vir pero queres aportar, contáctanos! 💌

Ante o fascismo e o racismo, a nosa solidariedade!!

🏴**SKRAMZ GOES CRUST · VOL. I** 🏴⚡ Pequeno festival para amantes do **punk ecléctico**.📍 **CS Fuscalho · A Guarda**🕓 **D...
30/08/2026

🏴**SKRAMZ GOES CRUST · VOL. I** 🏴

⚡ Pequeno festival para amantes do **punk ecléctico**.

📍 **CS Fuscalho · A Guarda**
🕓 **De 16h a 22h (pontual!)**
🎟️ **Bilhete só em porta, a partir de 5€**

🚫 **Nom se tolerará nengumha atitude de m***a.**

🏴 **Isto é um Centro Social antifascista, nom umha sala comercial.**

lagrimascrust Tenue mangualde MASTIN

⛓️‍💥 **LÁGRIMAS | LOS ÁNGELES (EUA)**
Crust melódico, na onda de bandas como **Ekkaia**.
Primeira tour europeia⚡ **Único concerto na Galiza.**

⛓️‍💥 **TENUE | A GUARDA (GZ)**
Hiking metal punks forever. ⛰️⚔️

⛓️‍💥 **MANGUALDE | PORTO (PT)**
Post-hardcore de amplo espectro.

⛓️‍💥 **HERR CONTAINER | O MORRAÇO (GZ)**
Hardcore crust final boss.

⛓️‍💥 **MASTÍN | VIGO (GZ)**
Crust melódico big cadelos.

⛓️‍💥 **ÁRBORES | PONTEVEDRA (GZ)**
Screamo para twinks enfadados.

🔥 **SEIS BANDAS · SEIS HORAS DE RUIDO** 🔥

Vem cedo.🤝

🏴🤝🇵🇸

🎭 TEATRO DE TÍTERES DE CACHIPORRA NO CENTRO SOCIAL 🎭🪁 Cristobita é o heroe popular que percorreu os retablos de monicreq...
07/08/2026

🎭 TEATRO DE TÍTERES DE CACHIPORRA NO CENTRO SOCIAL 🎭

🪁 Cristobita é o heroe popular que percorreu os retablos de monicreques andaluces facendo resoar a súa cachiporra sobre a cachola de quen intentase subírselle ás costas. Desde o Colectivo Lobishome quixemos reinventar a personaxe, trasladándoa ao contexto actual de guerra global e nacionalismo.

🎏 O Colectivo Lobishome xorde como proxecto persoal de Raúl García, codirector e fundador da Compañía de Títeres desde Abajo. En febreiro de 2025, Altea Piñeiro, violonchelista e clown, pasa a formar parte do colectivo, incorporando a música en directo ao repertorio da compañía.

📆 VENRES 14 DE AGOSTO
🕰 20:30
📍CS FUSCALHO - A Guarda

🦇✨ BUENOS VAMPIROS ✨🧛 Nadxs em 2018 na cidade costeira de Mar del Plata, Buenos Vampiros colhem a essência do post-punk ...
05/08/2026

🦇✨ BUENOS VAMPIROS ✨🧛

Nadxs em 2018 na cidade costeira de Mar del Plata, Buenos Vampiros colhem a essência do post-punk gótico e do dream pop para criar umha atmosfera única. Com guitarras densas, ritmos acelerados e vozes que transitam pola ansiedade e a vulnerabilidade, a banda converteu-se numha das propostas mais potentes do novo rock argentino. Da man de discos como Paranormal, Destruya! e o seu mais recente trabalho Entre Sombras —que conta com a colaboraçom da icónica Ana Curra (Parálisis Permanente)—, fôrom quem de cruzar fronteiras até a Europa e partilhar palco com lendas como Iggy Pop.Tristeza bailable, guitarras afiadas e letras cruas sem filtros. Atreve-te a entrar no seu universo sombrio. 🖤

🦇✨BOOGIES (A Guarda)
Cun som enérgico que bebe diretamente do punk, do rock’n’roll mais cru e do surf rock, este trio oferece um direto demolidor e carregado de ironia, cantado sempre na nossa língua.

🦇✨FINAL INFINITO (Galiza sur)
Proposta musical qu recusa os moldes tradicionais e funde a velocidade do pop-punk, a densidade escura do post-punk e a crueza contundente do hardcore melódico.

🗡️SEXTA 25 DE SETEMBRO ÀS 22 HORAS
🗡️NO CS FUSCALHO (A GUARDA).

BILHETES SÓ EM PORTA.
PREÇOS DE SEMPRE.

*FESTAS DO MONTE 2026!!* 🤟⛰️🎊Como cada ano por estas datas, o *CS Fuscalho* súmase a celebración das Festas da Vila con ...
23/07/2026

*FESTAS DO MONTE 2026!!* 🤟⛰️🎊
Como cada ano por estas datas, o *CS Fuscalho* súmase a celebración das Festas da Vila con un concerto na *3ªFeira 4 de Agosto ás 22h*
Desta vez contaremos con

*INNOPPIAH!* é un músico de Pontevedra que faise todo dende 2008: composicións, grabacións, difusión e asalto ao palco.🫯💥
Un acto individual, persoal e 100% DIY ! ! !
(https://innoppiah.com)

*PutoCojoLoco* e unha banda de Pop da Vila, despois de facer burpees e non darse levantado no primeiro intento volven o fusca con temas novos e vellos para ver ser enganan a algún incauto e se aprende a suas letras.🩼👹🩼
Putocojoloco1.bandcamp.com

*Avenida Aeroporto* : Somos un duo de irmáns con influencias dende o punk e o noise, ata a bossa nova e o indie do este asiatico AVENIDA AEROPORTO ✈️🛣️🛫

*Objeto Cortopunzante* : Punk zapatilla mi padre es julio iglesias 🔪✂️

*Final Infinito* : Pop para Punx ou Punk para Pops, dende Oia! 🔚🌀 https://finalinfinito.bandcamp.com/album/demo

Vémonos lá, vivam as Festas do Monte🌋❗

DOMINGO 2 DE AGOSTO A PARTIR DAS 20:00 hConcertos ao solpor en Centro Social Fuscalho, un preludio ás Festas do Monte.Ad...
16/07/2026

DOMINGO 2 DE AGOSTO A PARTIR DAS 20:00 h
Concertos ao solpor en Centro Social Fuscalho, un preludio ás Festas do Monte.

Adrián de Alfonso é un músico intérprete que forxa un diálogo entre lugares, presenzas e a transmisión colectiva de FM que estes permiten. Sen escenario, sen micrófonos: só a súa voz desnuda e uns poucos sons MIDI esqueléticos, amplificados (a través de múltiples transmisores de FM) polo público, ao que se lle entregan receptores de FM portátiles (tamén poden traer os seus propios) e se lle convida a moverse polo espazo para que se convertan na principal fonte de son da actuación e participen activamente na conformación da música.
https://www.adriandealfonso.com/

Severine Beata é musicóloga, compositora e multiinstrumentista especializada en son experimental, estruturas cíclicas e material melódico con raíz popular. Nos seus concertos amosa a súa particular música electrónica en directo empregando sintetizadores: ambient aventureiro, IDM de inspiración folk, motetes medievais e ciencia ficción con paxaros.

https://severinebeata.bandcamp.com/

Malu é unha artista sonora e dj que actuará como selectora musical antes, despois e entre os concertos. Como residente en Radio Relativa co seu programa “Don de lenguas”, as súas sesións exploran a escoita colectiva, o corpo e a nosa relación co espazo.

https://radiorelativa.eu/resident/don-de-lenguas

❗️Retomamos esta atividade pendente desde o ano passado!🗣 Tes algum problema ou dúvida co aluguer? Queres conhecer o Sin...
19/05/2026

❗️Retomamos esta atividade pendente desde o ano passado!

🗣 Tes algum problema ou dúvida co aluguer? Queres conhecer o Sindicato de Inquilinas Vigo-Tui-BM?
Vemo-nos a vindeira quarta-feira 28 de maio às 20h no CS Fuscalho 🏡

📣 FAISE SABER!‼️ O mércores 27 de maio temos unha cita no centro social!🧨  veñen presentar o seu novo disco BALA URS (xa...
10/05/2026

📣 FAISE SABER!

‼️ O mércores 27 de maio temos unha cita no centro social!

🧨 veñen presentar o seu novo disco BALA URS (xa dispoñible en plataformas). Death pop dende a Brianza (o mal chamado norte de Italia), música furiosa para xente cabreada 😈

🧨 representando a escea local. Despois de xirar como bailaríns nos últimos concertos de Rosalía e facerlle os arreglos do último disco de Alejandro Sanz, esta banda Ghuardesa con integrantes dos Charranes, Frakaso Skolar, Asegún e Shoganai, non queren gritar máis e musiquean poesías 🐦‍🔥

É un mércores pero comezamos cedo, así que non hai excusas! Acude, baila e pasa a palabra! 🚀🚀🚀

📍 CS FUSCALHO
📆 27 MAIO 20:00

🌞 A quinta 14 de maio acolheremos no espaço a projeçom de Calorcito Vital, umha curta-metragem escrita e dirigida por Ja...
02/05/2026

🌞 A quinta 14 de maio acolheremos no espaço a projeçom de Calorcito Vital, umha curta-metragem escrita e dirigida por Javi Sánchez-Blanco. O diretor estará presente para o posterior colóquio desta fábula simbólica decrescentista.

❄️ “Durante umha implacável tormenta de neve, três mulheres refugiam-se numha velha cabana. Umha delas tem um plano para melhorar a sua situaçom, mas o que começa como um alívio temporal convertera-se numha perigosa obsessom”.

📌 14 maio · 20:00 hras

Dende o Comité Galego de  , organizamos unha CHARLA INFORMATIVA sobre a Regularización Extraordinaria en A Guarda. Esta ...
19/04/2026

Dende o Comité Galego de , organizamos unha CHARLA INFORMATIVA sobre a Regularización Extraordinaria en A Guarda. Esta sesión está dirixida a achegar información sobre requerimientos, documentación esixible e tramitación da solicitude a persoas migrantes que poidan ser beneficiadas por esta medida na contorna do Baixo Miño.

O faladoiro estará asistido por unha avogada especializada en estraxeiría e protección internacional, polo que é unha boa oportunidade para resolver dúbidas.

Dirección

Punta Xenete
La Guardia
36780

Horario de apertura

Lunes 18:30 - 21:30
Martes 18:30 - 21:30
Miércoles 18:30 - 21:30
Jueves 18:30 - 21:30
Viernes 19:00 - 22:00
Sábado 19:00 - 23:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando C.s. Fuscalho publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a C.s. Fuscalho:

Atajos

Compartir

Categoría